Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.838

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1998 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica, a Antonia María Pérez Naya.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 26 de novembro de 1997 (BOE do 17 de decembro), para a provisión da praza número 97/054, de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento expresión gráfica arquitectónica, departamento de Representación e Teoría Arquitectónica desta universidade, a favor de Antonia María Perez Naya, e unha vez

acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven resolveu nomear a Antonia María Pérez Naya, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Representación e Teoría Arquitectónica desta universidade.

A Coruña, 14 de outubro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

9369