Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.761

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de outubro de 1998 que modifica a do 30 de decembro de 1997 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) por medio da que se aclara o seu contido, no que respecta á base II.2.1.a).

No Diario Oficial de Galicia nº 12, do 20 de xaneiro de 1998, publicouse a Orde do 30 de decembro de 1997 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Co obxecto de conseguir unha maior claridade no contido da base II.2.1.a) das que rexen a citada convocatoria, esta consellería en uso das competencias que lle atribúe o artigo 13.2.8 da Lei 4/1998, do 26 de maio da función pública de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Modifica-lo contido da base II.2.1.a) das que rexen o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocada pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 12, do 20 de xaneiro de 1998), co fin de aclaralo do seguinte xeito:

Primeiro.-O segundo parágrafo da primeira proba, pasa a te-la seguinte redacción:

Para a práctica da proba, os opositores deberán presentarse provistos da máquina de escribir correspondente.

Segundo.-O texto íntegro correspondente á segunda proba do primeiro exercicio para a te-la seguinte redacción:

SEgunda proba: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 50 preguntas tipo test que serán as resultantes do sorteo entre tres cuestionarios diferentes con respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ó contido do programa. O tempo máximo será dunha hora de duración.

Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixidas para acada-la puntuación mínima. Para isto terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e a nota final será o resultado da suma das puntuacións obtidas en ámbalas dúas probas, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 9 puntos.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9770