Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.759

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1998 pola que se convocan unhas xornadas sobre a Lei de caza de Galicia.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1998 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre a Lei de caza de Galicia, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Proporcionar un coñecemento máis completo sobre os aspectos máis sobresalientes da nova normativa galega en materia de caza (Lei 4/1997, do 25 de xuño), e ó mesmo tempo examina-lo panorama que ofrece a ordenación cinexética desde diferentes vertentes.

2. Contido.

Trataranse, entre outros, estes temas:

-A Lei de caza de Galicia, do 25 de xuño de 1997.

-A potestade sancionadora da Administración e os delictos contra o ambiente.

-A intervención administrativa na Lei de caza.

-O dereito ó aproveitamento cinexético e o dereito de propiedade

-Os gardas de caza: a custodia dos recursos naturais.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública de Lugo, Ronda da Muralla, 70, da citada cidade, os días 17 e 18 de novembro.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o venres, día 13 de novembro de 1998.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando, a partir do día 13 de novembro, por teléfono das 10 ás 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no

desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas, cando a súa inasistencia non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

9875