Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de confeiterías, pastelerías, masas fritas, bolos e xeados artesáns da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo de confeiterías, pastelerías, masas fritas, bolos e xeados artesáns da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-8-1998, e posteriormente rectificado con data 25-9-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Confeiterías, Pastelerías, Masas Fritas, Bolos e Xelados Artesáns, e da parte social pola Unión Xeral de Traballadores o día 21-7-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982,

do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Sesgundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de outubro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo de confeiterías, pastelerías, masas fritas, bolos e xeados artesáns

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre traballadores e empresas dedicadas á confeitería, pastelería, masas fritas, bolos e xelados artesáns, incluído o persoal mercantil con centros de traballo na Coruña e a súa provincia a partir da data de entrada en vigor.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e revisión.

A totalidade das cláusulas, tanto económicas como sociais, pactadas no presente convenio entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1998 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 1999.

As retribucións acordadas e os pactos do presente convenio terán efectos o mesmo día de entrada en vigor, calquera que sexa a data da súa publicación no BOP. Este convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, que se terá que realizar cunha anticipación mínima ó fin do período de vixencia, ou de calquera das súas prórrogas, de dous meses.

Artigo 3º.-Vixilancia.

En cumprimento do disposto no Estatuto dos traballadores, establécese, segundo o seu artigo 85, unha comisión paritaria que estará formada por cinco representante de UGT e cinco representantes das asociacións patronais que interviñeron nas negociacións do presente convenio.

Artigo 4º.-Respecto dos dereitos, compensacións e absorción.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio respecto ás materias obxecto de regulación.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación as melloras establecidas neste convenio nin a facultade de amplialas, as empresas que veñan aboando ó seu persoal salarios superiores ós esixidos regulamentariamente non estarán obrigadas a aplica-las elevacións que se fixen polas presentes estipulacións, salvo en contía necesaria para suplir diferencias.

Artigo 5º.-Asignacións económicas.

Fíxanse como mínimas as retribucións que figuran nas táboas de salarios que se xuntan ; o incremento para o ano 1998 será dun 2,5%, para o ano 1999 do IPC previsto polo Goberno para o ano 1999 máis medio punto. Se o IPC real no 31 de decembro de 1999 excedese do IPC previsto para ese ano, revisaranse os salarios no exceso. Tal revisión non terá efectos retroactivos, servindo unicamente de base para a confección das táboas salariais do ano 2000.

Artigo 6º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de carácter inabsorbible, na contía de 260 pesetas diarias. Este plus, que percibirán tódolos traballadores, aboarase unicamente os días realmente traballados, e aboaranse tamén no mes de vacacións.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense para tódolos traballadores tres pagas extraordinarias: unha en marzo, que corresponde á de beneficios, calculándose a razón do nove por cento do salario base máis antigüidade en cómputo anual; en caso de ser inferior, será o que lle corresponda por 30 días de salario base máis antigüidade. Outra no mes de xullo e a terceira no Nadal. Todas elas se aboarán a razón de 30 días de salario base máis antigüidade. Pagaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 8º.-Xubilación.

Os traballadores que se xubilen e conten cunha antigüidade mínima de 15 anos ó servicio da empresa percibirán desta, como premio de xubilación, dúas mensualidades de salario. Por cada cinco anos máis de antigüidade, a partir dos citados 15, o dito premio incrementarase en 10.000 pesetas máis, sen limitacións.

Artigo 9º.-Falecemento.

No caso de un traballador falecer estando en activo e de levar, como mínimo, cinco anos ó servicio da empresa, esta aboaralle ós seus herdeiros ou á persoa que el directamente designe dúas mensualidades de salario en concepto de socorro por defunción.

Artigo 10º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá, en concepto de complemento persoal de anti

güidade, unha contía fixada por cada 3 anos de servicios prestados á empresa, de acordo coas táboas anexas.

A data inicial do cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa.

Establécese unha limitación de 10 trienios para tódolos traballadores.

O incremento das táboas de antigüidade non será inferior ó 80% do incremento porcentual ou equivalente que se estableza como incremento do salario base.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cunha recarga do cento por cento do salario base/hora.

Artigo 12º.-Nocturnidade.

O complemento por traballo nocturno establécese no 40% do salario base.

Artigo 13º.-Servicio militar.

Os traballadores que se encontren prestando o servicio militar, obrigatoria ou voluntariamente, e conten cunha antigüidade na empresa non inferior a dous anos, percibirán as gratificacións de xullo e Nadal íntegras.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán anualmente de 30 días de vacacións.

Artigo 15º.-Descansos.

Serán días de descanso para os traballadores e empresarios, sen perda de retribución por parte do persoal asalariado, o día 27 de abril, festividade de Nosa Señora de Montserrat, patrona da actividade de confeitería e pastelería, e o 25 de decembro, día de Nadal.

O citado descanso refírese tanto ós traballadores encadrados no presente convenio como ós empresarios ós que este se refire.

Se a primeira das ditas festividades coincidese en sábado ou domingo, trasladarase ó luns seguinte.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

As licencias serán retribuídas logo de aviso e xustificación, con dereito a remuneración, polos motivos seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días no caso de parto da esposa, en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao. Se o traballador necesitase desprazarse fóra do domicilio habitual, será de catro días.

c) Un día en caso de enfermidade grave ou falecemento de fillos políticos.

d) Dous días por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) Un día en caso de bautizo, primeira comuñón e vodas de parentes de primeiro grao.

Artigo 17º.-Xornada.

Nos talleres de confeitería e pastelería a xornada de domingo e festivos non se poderá prorrogar máis de 12 horas.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de 1.800 horas anuais.

Considerarase como traballo efectivo o tempo destinado ó bocadillo nas empresas que antes do ano 1983 viñesen concedendo este dereito.

Artigo 19º.-Enfermidades e accidentes.

A empresa aboaralle ó traballador en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral un complemento que, sumado á prestación correspondente da Seguridade Social, alcance o 75% dos seus devengos salariais desde o primeiro día ata o día 20 inclusive de baixa, e a partir do 21, e por un período máximo de seis meses, o dito complemento alcanzará o 100% dos devengos salariais do traballador.

Artigo 20º.-Seguro de vida.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros para a cobertura e os riscos de morte por accidente de traballo durante as 24 horas do día, garantindo o percibo da indemnización de 2.500.000 pesetas en ámbolos supostos. Esta cantidade será extensiva á invalidez total absoluta.

Artigo 21º.-Garantías sindicais.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 22º.-Xubilación voluntaria.

Ós 60 anos, 180.000 pesetas.

Ós 61 anos, 168.000 pesetas.

Ós 62 anos, 156.000 pesetas.

Ós 63 anos, 132.000 pesetas.

Ós 64 anos, 120.000 pesetas.

Esta última idade de 64 anos enténdese sen prexuízo de que se, por disposición legal ou normativa similar, se rebaixase a idade de xubilación ata os ditos anos, quedará sen efecto a prestación concedida de 120.000 pesetas mais subsistirán os demais topes de xubilación tal e como se pactan no presente artigo.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

Ó persoal que polo seu traballo necesite roupa especial, as empresas estarán obrigadas a facilitarlle gratuitamente batas, fundas, panos, etc.; a duración destas pezas será dun ano.

Artigo 24º.-Normas supletorias.

Consideraranse normas supletorias de carácter xeral o Acordo Marco Estatal de Pastelería, Confeitería, Bolería, Xeladería, Repostería e Pratos Combinados, asinado pola Confederación Española

de Empresarios Artesáns de Pastelería e por CC.OO. e UGT, e publicado no Boletín Oficial del Estado do día 11 de marzo de 1996.

Artigo 25º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio será de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos, e pola seguinte orde de prioridade:

1. Comisión paritaria do convenio.

2. Negociación coa representación legal dos traballadores.

3. Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle-la seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se produciron perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período en que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderanse pactar reduccións sobre as porcentaxes de incremento negociadas ou o a súa total inaplicación polo período que se determine. Neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo isto, sixilo profesional.

Artigo 26º.-Contrato eventual por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

A duración máxima dos contratos eventuais regulados no artigo 15.1º.b) do Estatuto dos traballadores será de 13 meses e medio dentro dun período de 18 meses, contados a partir do momento en que se produzan as ditas causas.

Os contratos eventuais por circunstancias do mercado, celebrados antes da sinatura do presente convenio colectivo, rexeranse ata a súa extinción pola normativa convencional conforme a cal se celebraron, polo que poderán esgota-la duración máxima establecida no anterior convenio colectivo.

Artigo 27º.-Cláusula de adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do

Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Cláusula transitoria.

Conforme o establecido na alínea b) do parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, as dúas partes acordan que se manteña a posibilidade de conversión de tódolos contratos temporais e de duración determinada celebrados ata o 16 de maio do 2001 no contrato para o fomento da contratación indefinida, regulado na citada disposición adicional.

Táboas ano 1998

CategoríasSB mes/díaC. Antigüid.SB anual

-Técnicos (non titulados)
Encargado xeral123.3297.2931.849.935
Xefe fabricación taller131.9227.8021.978.830
Encargado de sección98.2275.8091.473.405

-Administrativos
Xefe de Administrac. de 1ª139.5538.2532.093.295
Xefe de Administrac. de 2ª131.9227.8021.978.830
Oficial de 1ª119.1937.0491.787.895
Oficial de 2ª106.4106.2921.596.150
Auxiliar98.1545.8051.472.310
Aspirante de primeiro ano57.8343.020867.510
Aspirante de segundo ano59.2553.504888.825
Aspirante de terceiro ano76.6034.5311.149.045

-Mercantís
Xefe de vendas134.3637.9472.015.445
Inspector de vendas127.6777.5511.915.155
Promotor de propaganda106.4106.2921.596.150
Vendedor de autovenda102.1576.0411.532.355
Viaxante102.1576.0411.532.355

-Obreiros
a) Persoal de producción
Oficial de 1ª107.4286.3541.611.420
Oficial de 2ª99.2245.8681.488.360
Axudante93.2435.5141.398.645
Forneiro mecanizado99.2245.8681.488.360
Forneiro de pa99.2245.8681.488.360
Aprendiz de 1º ano57.8343.059867.510
Aprendiz de 2º ano59.9993.549899.985

b) Pers. acabado e Empaqu.
Oficial de 1ª107.4286.3541.611.420
Oficial de 2ª99.2245.8681.488.360
Axudante93.2435.5141.398.645
Aprendiz de 1º ano57.8343.059867.510
Aprendiz de 2º ano59.9993.549899.985

c) Pers. de oficios auxiliares
Oficial de 1ª107.4286.3541.611.420
Ofiial de 2ª99.2245.8681.488.360
Peón90.3055.3401.354.575
Persoal de limpeza90.3055.3401.354.575

-Subalternos
Almaceneiro107.4286.3541.611.420
Conserxe96.0725.6811.441.080
Cobrador96.0725.6811.441.080
Basculeiro96.0725.6811.441.080
Garda xuramentado96.0725.6811.441.080
Garda vixilante96.0725.6811.441.080
Ordenanza96.0725.6811.441.080
Porteiro90.3055.3401.354.575

-Comercio
Administrativos
Auxiliar de caixa98.2195.8091.473.285

-Persoal mercantil
Dependenta de 25 anos101.9076.0261.528.605
Dependenta menor de 24 anos98.2195.8091.473.285
Axudante92.2585.4561.383.870
Aprendiz de 16 a 18 anos57.8343.403867.510

9769