Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-8-1998, subscrito en representación da parte eco

nómica por Asoemar (Asociación de Empresarios Marmolistas de la provincia de A Coruña) e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 4-8-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de setembro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña

Capítulo I

Sección primeira

Ámbito funcional

Artigo 1º

Este convenio é de aplicación a tódalas empresas dedicadas á actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, tanto mecánica como manual.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de ámbito provincial e afecta os centros de traballo sitos no territorio da provincia da Coruña, aínda cando o domicilio da empresa estea fóra desta.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan afectados polo presente convenio tódolos traballadores, sexa cal for a súa categoría, que durante a súa vixencia presten os seus servicios baixo a dependencia e por conta das empresas afectadas no seu ámbito territorial, sen máis excepción que as que marque a lei.

Sección segunda

Vixencia e duración

Artigo 4º

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1998 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 1999.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

A denuncia para a rescisión ou revisión do presente convenio, deberá realizarse cunha antelación de tres meses ó seu remate ou prórroga en curso. A denuncia efectuarase mediante comunicación escrita á outra parte, así como á autoridade laboral, contándose o prazo desta desde a data de recepción da referida comunicación.

Denunciado o convenio, procurarase que as deliberacións comecen co tempo suficiente como para que non haxa lugar a atrasos e, como moi tarde, dentro do primeiro trimestre do ano que proceda.

Sección terceira

Prelación de normas

Artigo 6º

As normas que contén este convenio regularán con carácter preferente e prioritario as relacións entre traballadores e empresarios afectados por el. No non previsto neste convenio aplicarase o disposto polo Estatuto dos traballadores e demais disposicións oficiais de aplicación.

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor. Non obstante, as condicións superiores pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas á entrada en vigor do presente convenio e que con carácter global excedan del en cómputo anual, serán respectadas.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente. En caso de que a autoridade competente non homologue algún dos pactos, o convenio quedará sen efecto e deberá procederse á reconsideración da súa totalidade.

Sección cuarta

Comisión mixta de interpretación

Artigo 9º

Constitúese unha comisión mixta de interpretación, presidida pola persoa que se designe na primeira reunión que se celebre. Quedará constituída por catro representantes dos traballadores e catro empresarios, os cales serán designados pola central ou centrais sindicais asinantes e pola Asociación de Empresarios Marmolistas de la provincia de A Coruña (Asoemar), de entre os que no seu día negociaron e pactaron este texto.

Para a adopción de acordos será necesaria a conformidade da metade máis un dos compoñentes.

Nomearase secretario un vocal da comisión, e poderán asisti-los asesores da ámbalas representacións, con voz pero sen voto.

Capítulo II

Sección primeira

Condicións económicas. Normas xerais

Artigo 10º

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas de salarios e antigüidade, que se unen como anexo e se regulan nos artigos seguintes.

Artigo 11º.-Pagamento de haberes.

Efectuarase dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ó seu devengo e con dereito por parte do traballador a solicitar anticipos quincenais a conta dos salarios que teña devengados co tope establecido pola lexislación vixente.

Sección segunda

Salario base

Artigo 12º

Entenderase por tal, o que figura para cada categoría e profesión na táboa salarial (anexo I).

Sección terceira

Gratificacións e suplidos

Artigo 13º

Tódolas gratificacións contidas neste convenio aboaranse por día efectivo de traballo.

Igualmente e por faltar ó traballo, sen causa xustificada, ademais do disposto no artigo 37, perderase o dereito á percepción tanto do salario como dos pluses correspondentes ó día da falta.

Artigo 14º.-Gratificación de asistencia.

Aboaráselle a tódolos traballadores na contía sinalada na táboa salarial que figura como anexo I ó presente convenio.

Artigo 15º.-Gratificación de distancia e transporte.

Co fin de simplifica-lo cómputo da distancia do domicilio do traballador e o centro de traballo, aboaránselle a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia entre o domicilio e o centro de traballo, de acordo coas cantidades que figuran na táboa de salarios e que se recollen no anexo I deste convenio.

Artigo 16º.-Gratificación de perigosidade.

O incremento que se levará a cabo por este concepto consistirá no 20% sobre o salario base. Se o traballador realizase os traballos unicamente durante media xornada, a porcentaxe anteriormente citada reducirase á metade.

As cantidades iguais ou superiores á gratificación fixada neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas, serán respectadas sempre que fosen concedidas polo dito concepto, neste caso non será esixible o aboamento de incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-lo citado aumento aquelas empresas que o teñan incluído, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

Se por calquera causa desaparecesen as condicións motivadoras da percepción do citado plus, este deixará de aboarse, non tendo por tanto carácter consolidable.

En caso de discrepancia entre ámbalas partes sobre se un traballo ten a cualificación ou non de perigoso, aplicarase o que dispoña a autoridade laboral competente, mediante resolución fundada e logo dos informes técnicos oportunos.

A dita resolución poderá ser impugnada polas partes, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 17º.-Incremento salarial.

Para o ano 1998 aplicarase un incremento do 2,5% sobre as táboas de salarios de 1997, con carácter retroactivo do 1 de xaneiro (anexo I).

Para o ano 1999 efectuarase igual incremento que o pactado para o ano anterior, é dicir, o 2,5%. Esta porcentaxe aplicarase sobre as táboas salariais de 1998 que resulten despois de coñecer se funcionou a cláusula de revisión prevista e regulada.

Artigo 18º.-Cláusula de revisión salarial.

Para o primeiro ano de vixencia do convenio, establécese unha cláusula de revisión salarial que funcionará sempre e cando o IPC rexistrado no 31 de decembro de 1998, exceda do 2% e a súa aplicación retrotraerase ata o 1 de xaneiro do mesmo ano.

No caso de procede-la revisión, farase sobre os salarios vixentes no 31 de decembro de 1997 e sumaranse os salarios de 1999.

Para o segundo ano de vixencia a cláusula de revisión salarial funcionará sempre e cando o IPC rexistrado no 31 de decembro de 1999 sexa superior ó 2%.

No caso de procede-la revisión, farase sobre os salarios vixentes no 31 de decembro de 1998 e sumaranse ós salarios do ano 2000.

Artigo 19º.-Haberes extraordinarios.

A tódolos traballadores afectados por este convenio aboaránselles dúas pagas ó ano, nos meses de xullo e decembro (anexo II), ademais da correspondente a beneficios, a cal xa está rateada en doce meses e figura incluída no salario base.

As pagas aboaranse a razón de trinta días de salario base, máis antigüidade, se é o caso.

Destas quedan excluídas as gratificacións a que fan referencia os artigos 14, 15 e 16 deste convenio. Os traballadores percibirán estas proporcionalmente ó tempo traballado.

Sección quinta

Retribucións condicionais

Artigo 20º.-Axudas de custo por desprazamento.

O persoal con dereito a axuda de custo, percibirá polo dito concepto a cantidade de 2.500 ptas. a completa e de 900 ptas. a media axuda de custo, para tódalas categorías profesionais. Non obstante, nos

supostos en que os importes expresados non alcanzasen, aboaráselle ó traballador a diferencia correspondente, logo de xustificar e presenta-la factura ou facturas.

Artigo 21º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que se xubilen, sempre que conten cunha antigüidade mínima de dous anos de servicio na empresa, percibirán desta e por unha soa vez as seguintes bonificacións, en función de que a xubilación se produza ós:

60 anos: 150 días de salario base.

61 anos: 100 días de salario base.

62 anos: 70 días de salario base.

63 anos: 40 días de salario base.

64 anos: 30 días de salario base.

O dereito a percibir este premio está condicionado a que o traballador se xubile entre os sesenta e sesenta e catro anos de idade, perdéndoo os que o fagan posteriormente.

Sección sexta

Vacacións

Artigo 22º

Serán de trinta días naturais para todo o persoal afectado polo presente convenio, percibindo durante elas o salario base e maila antigüidade, se é o caso, e as gratificacións de asistencia e de distancia e transporte correspondente ós días que, de estar traballando, percibise.

O seu desfrute realizarase en dous períodos, quince días no verán, é dicir, nos meses de xuño, xullo e agosto e os quince días restantes noutra época distinta do ano, de conformidade coas necesidades da empresa.

Así mesmo, garánteselle a tódolos traballadores, un desfrute de vinteún días laborables, no conxunto dos dous períodos anteriormente sinalados.

Artigo 23º.-Licencias.

As licencias previstas e reguladas no Estatuto dos traballadores compleméntanse e precísanse nos seguintes termos:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais retribuídos.

b) Falecemento: a licencia en caso de falecemento de esposa e fillos así como pais, pais políticos e irmáns, será sempre de 5 días.

c) Parto de esposa: será sempre de 5 días.

d) Enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos: 2 días. (Para que este punto teña plena validez, o traballador deberá presentarlle á empresa o correspondente informe médico no que este deixe constancia da gravidade da enfermidade).

Polo que se refire a outros supostos aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores ou norma complementaria.

As retribucións correspondentes ós días de licencia serán: salario base, antigüidade e plus de asistencia.

Sección sétima

Antigüidade

Artigo 24º

As bonificacións por anos de servicios (antigüidade) están conxeladas e o seu cálculo farase sobre o salario base do convenio do ano 1979.

Os aumentos polo dito concepto serán de dous bienios do cinco por cento e quinquenios do sete por cento, ata un máximo de tres.

A táboa de antigüidade figura como anexo ó presente convenio.

Capítulo III

Artigo 25º.-Xornada de traballo.

Será de 40 horas semanais, de luns a venres. Non obstante, as empresas, de conformidade cos traballadores, poderán altera-la dita xornada semanal e traballa-la mañá do sábado, sempre que non se exceda das anteriormente citadas 40 horas.

Ademais dos días fixados oficialmente, establécese como festiva a tarde do martes de Entroido. Igualmente serán festivos e polo tanto inhábiles durante a vixencia do presente convenio, os días 24 e 31 de decembro para os anos 1998 e 1999.

A xornada laboral, en cómputo anual, queda establecida en 1.806 horas.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensar estas por tempos equivalentes de descanso.

No suposto de que se realizase a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas.

Artigo 27º.-Aviso previo de cesamento.

Cando un traballador desexe cesar no servicio dunha empresa, deberá avisar previamente cunha antelación mínima de oito días a aquela en que se produza a baixa. En caso de incumprimento desta obriga, perderase o dereito a percibi-las partes proporcionais dos emolumentos que lle puideran corresponder pola liquidación.

A notificación do cesamento realizarase mediante escrito duplicado dirixido á empresa e asinado polo traballador. A empresa devolveralle ó traballador un exemplar como xustificante da recepción, facendo consta-la data de presentación. Co fin de dar fácil cumprimento á norma, a empresa facilitaralle ó traballador os medios para este trámite administrativo.

Artigo 28º.-Roupas de traballo.

As empresas subministraranlle a todo o persoal unha peza de roupa de traballo cada seis meses,

consistente nunha praieira, bata, funda ou similar. A súa conservación e limpeza será por conta do traballador, quen deberá mantela en perfecto estado de conservación e uso.

A roupa citada neste artigo poderá leva-lo anagrama da empresa se esta o desexa.

Artigo 29º.-Póliza de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de accidentes para a cobertura e os riscos de falecemento e invalidez permanente absoluta, e invalidez permanente total dos traballadores por accidente de traballo, incluídos os accidentes in itinere, que lles garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa no caso de falecemento producido fortuíta, espontánea e independentemente da vontade do traballador, ou a invalidez indicada, a percepción das indemnizacións seguintes:

a) 3.000.000 de pesetas en caso de falecemento do traballador.

b) 4.500.000 pesetas en caso de invalidez permanente absoluta ou invalidez permanente total, derivada da mesma continxencia.

En ámbolos casos, a referida póliza só abranguerá os procesos indicados a partir da súa vixencia e validez. Para os efectos da cualificación de accidente e o grao de invalidez, será o que no seu día dictamine a autoridade competente.

Estas compensacións son compatibles coas pensións e indemnizacións que poida corresponder percibir ó traballador da Seguridade Social ou Montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, as indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo ó contrato de seguro de accidentes que contén este convenio, considéranse como entregas a conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, compensándoas ata onde alcancen.

As empresas integradas en Asoemar non estarán obrigadas a efectuar ningún desembolso a conta da indemnización que se vai percibir, senón que só estarán obrigadas a comunica-lo accidente do traballador á súa organización empresarial ou á compañía de seguros, do accidente con resultado de morte, invalidez permanente total ou absoluta. A partir deste momento toda a tramitación será por conta dos herdeiros ou do traballador accidentado.

Artigo 30º.-Complemento de hospitalización.

En caso de IT derivada de enfermidade común, accidente ou enfermidade profesional, con hospitalización, a empresa estará obrigada a aboa-lo equivalente ó 20% da base reguladora de tal continxencia, durante un prazo máximo de 2 meses.

A hospitalización por accidente será válida sempre e cando este teña a consideración laboral.

Artigo 31º.-Transporte con vehículo propio.

O transporte que utilizarán os traballadores será, prioritariamente, o propio da empresa.

No suposto de que a empresa e o traballador cheguen a un acordo, este poderá utiliza-lo seu propio vehículo para realizar servicios da empresa, que estará obrigada neste suposto a aboarlle ó seu traballador vinte pesetas por quilómetro percorrido.

Sección oitava

Contratación

Artigo 32º.-Contrato de obra ou servicio determinado.

É o contrato que ten por obxecto a realización de obras ou servicios determinados, con autonomía e substantividade propias dentro da actividade da empresa e a execución do cal, aínda que limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta. Formalizarase por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra ou servicio, con independencia da súa duración, e rematará cando rematen os traballos do oficio e categoría do traballador.

O cesamento do traballador deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra ou servicio.

Ó remate da obra ou servicio, para proceder á extinción, serán necesario un aviso previo de 15 días de antelación, sempre e cando os servicios prestados sexan como mínimo dun mes. Se fose incumprido por parte da empresa, esta ten a obriga de indemnizar polo equivalente ós salarios correspondentes ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre o salario base do convenio aplicable, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento.

2. Non obstante o anteriormente exposto, o traballador contratado poderá presta-los seus servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dentro da provincia, sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la condición e devengando os conceptos que correspondan polo seu desprazamento.

Neste suposto, a empresa deberá comunicarlle por escrito o cesamento ó traballador antes de se cumpri-lo período máximo de tres anos, ó fixado no parágrafo anterior. Cumprido este período, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo do cadro de persoal. En canto ó aviso previo de cesamento, aplicarase o pactado no parágrafo terceiro do punto 1.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra ou servicio por causa imprevisible para o empresario e allea á súa vontade, logo de que a empresa dea conta á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á Comisión Paritaria Provincial, operará o remate de obra ou servicio e polo tanto o cesamento previsto no punto 1. A representación dos traballadores no centro ou, no seu defecto, a Comisión Paritaria Provincial disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contado desde a súa notificación. O empresario contrae a obriga de ofrecer un novo emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen. Esta obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por este remate de obra ou servicio poderá incluírse no regulado no punto 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

4. En tódolos supostos regulados nos puntos anteriores establécese unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculada sobre o salario base aplicable, devengado durante a vixencia do contrato.

Artigo 33º.-Contrato eventual por circunstancias da producción.

Este contrato ten como finalidade atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

De conformidade co regulado polo R.D.L. 1/1995, segundo redacción dada polo R.D. Lei 8/1997, a duración máxima establecida para este tipo de contrato é ampliable dentro dos límites establecidos pola normativa mencionada, mediante negociación colectiva.

O sector de elaboración e instalación de pedra e mármore, obxecto de regulación, resulta fluctuante na súa intensidade productiva en función das circunstancias conxunturais e cíclicas da economía. Esta conclusión conduce, inevitablemente, a que as posibilidades do sector se enmarquen nun amplo concepto de existencias circunstanciais do mercado que impliquen transitorias acumulacións de tarefas ou pedidos. Estas circunstancias resultan ser ciclicamente constantes no tempo e de relativa permanencia temporal dentro dos ciclos cambiantes da economía.

Por todo isto, as partes asinantes acordan adapta-las condicións singulares do sector mentres persistan as circunstancias de emprego e productividade.

Os contratos de duración inferior a seis meses poden prorrogarse cantas veces o acorden as partes. Unha vez transcorrido este período as prórrogas poderán ser efectuadas de tres en tres meses.

O período máximo dentro do cal se poderá realizar será de dezaoito meses, non podendo supera-la dura

ción do contrato as tres cuartas partes do período de referencia, é dicir, que a duración total non poderá exceder dos trece meses e medio.

Ó remate do contrato, a empresa quedará obrigada a satisfacer ó traballador unha indemnización de vinte días de salario base por ano de servicio ou parte proporcional que corresponda.

Artigo 34º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas do sector que contraten traballadores a través das empresas de traballo temporal, farano para a realización de traballos non habituais, excepto cando se trate de incapacidades laborais ou situacións consideradas de carácter extraordinario.

Desde a sinatura do oportuno contrato, os ditos traballadores terán os mesmos dereitos retributivos que calquera outro do cadro de persoal, de conformidade co recollido no presente convenio.

Artigo 35º.-Parte de traballo.

As empresas que na actualidade viñan utilizando o parte de traballo, continuarán facéndoo na forma habitual sen obriga de asinar e dentro da xornada laboral.

Naquelas empresas nas que na actualidade non se confeccione o dito parte, poderá ser negociado entre empresarios e traballadores a súa implantación.

Artigo 36º.-Día efectivo de traballo.

Entenderase por tal e para os efectos dos artigos 14º, 15º e 16º deste convenio, cando o traballador preste os seus servicios polo menos durante catro horas.

Será así cando se trate de xornada completa e proporcional cando a xornada sexa a tempo parcial.

Artigo 37º

Non obstante ter sido derrogada a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica, aprobada por orde ministerial do 28 de agosto de 1970 e demais disposicións de modificación ou desenvolvemento que conclúen coa Orde do 29 de novembro de 1973, estarán vixentes, para os efectos do presente convenio, os artigos 154, 155, 156, 157, 158, 159, 160 e 161 da referida ordenanza, sempre e cando o seu contido non se opoña á lexislación vixente.

Igualmente e con obxecto de comprometerse ámbalas partes no obxectivo común de procurar unha diminución dos riscos laborais do traballador, este terá a obriga de face-la recepción, coa súa sinatura, dos medios de protección que lle entregue a empresa. Non cumprir tal requisito pode ser considerado como leve ou, caso de persistir na mesma actitude, a súa consideración será de grave.

Non observa-las ordes ou incumpri-las normas en materia de seguridade e hixiene no traballo, dependendo de se supón un risco grave para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros, así como negarse á utilización dos medios de seguridade facilitados pola empresa, considerarase como grave e,

se o dito motivo fose o causante dun accidente laboral grave, implicarase prexuízos graves para os seus compañeiros ou terceiros ou danos graves á empresa, a súa consideración será de moi grave.

Disposición adicional

Os atrasos que correspondan polos incrementos económicos para 1998, aboaranse no prazo máximo de dous meses, mentres que os de 1999 no dun mes, despois da publicación do convenio ou táboa salarial actualizada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria

Ó remate da vixencia deste convenio, ámbalas representacións comprométense a estudia-la posi

bilidade de adaptación da xornada laboral existente, tendo para iso moi presente a situación do sector no momento de revisa-lo convenio actualmente vixente.

Disposición derradeira

Faise consta-la vontade das partes para presentaren e negociaren os datos relativos a rendementos aplicables no nivel de empresa e pactados no seu seo, de acordo entre representantes ou representantes dos traballadores e o empresario.

Estas táboas de rendementos servirán de base para redactar outra de aplicación a nivel provincial, logo da súa negociación.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra

e mármore da provincia da Coruña, vixente para o período 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1998

Categorías e conceptos

Nivel

Sen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Oficial administrativo de 1ªVI
Salario base105.133,00105.229,00105.324,00105.459,00105.593,00105.726,00
Antigüidade0,001.080,002.160,003.690,005.220,006.720,00
Gratificación de asistencia17.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,00
Gratificación de distancia e transporte18.256,0018.256,0018.256,0018.256,0018.256,0018.256,00
Salario mensual140.731,00141.907,00143.082,00144.747,00146.411,00148.044,00
Grupo cotización Seguridade Social (5)

Oficial administrativo de 2ªVIII
Salario base101.813,00101.907,00101.999,00102.129,00102.257,00102.384,00
Antigüidade0,001.050,002.100,003.570,005.040,006.480,00
Gratificación de asistencia17.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,00
Gratificación de distancia e transporte17.772,0017.772,0017.772,0017.772,0017.772,0017.772,00
Salario mensual136.927,00138.071,00139.213,00140.813,00142.411,00143.978,00
Grupo cotización Seguridade Social (5)

Auxiliar administrativoIX
Salario base96.172,0096.260,0096.350,0096.471,0096.595,0096.717,00
Antigüidade0,00990,002.010,003.390,004.800,006.180,00
Gratificación de asistencia17.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,00
Gratificación de distancia e transporte7.628,007.628,007.628,007.628,007.628,007.628,00
Salario mensual123.142,00122.220,00123.330,00124.831,00126.365,00127.867,00
Grupo cotización Seguridade Social (7)

Encargado xeralIV
Salario base124.543,00124.658,00124.775,00124.937,00125.100,00125.272,00
Antigüidade0,001.320,002.640,004.470,006.330,008.280,00
Gratificación de asistencia17.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,00
Gratificación de distancia e transporte20.925,0020.925,0020.925,0020.925,0020.925,0020.925,00
Salario mensual162.810,00164.245,00165.682,00167.674,00169.697,00171.819,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Delineante de 1ªVI
Salario base109.307,00109.407,00109.508,00109.648,00109.786,00109.925,00
Antigüidade0,001.140,002.280,003.870,005.430,007.020,00
Gratificación de asistencia17.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,00
Gratificación de distancia e transporte19.502,0019.502,0019.502,0019.502,0019.502,0019.502,00
Salario mensual146.151,00147.391,00148.632,00150.362,00152.060,00153.789,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Delineante de 2ªVII
Salario base101.362,00101.456,00101.546,00101.675,00101.802,00101.932,00
Antigüidade0,001.050,002.070,003.540,004.980,006.450,00
Gratificación de asistencia17.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,0017.342,00
Gratificación de distancia e transporte19.267,0019.267,0019.267,0019.267,0019.267,0019.267,00
Salario mensual137.971,00139.115,00140.225,00141.824,00141.824,00144.991,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Xefe de tallerVI
Salario base3.648,003.651,003.655,003.659,003.664,003.668,00
Antigüidade0,0037,0074,00125,00176,00228,00
Salario diario3.648,003.688,003.729,003.784,003.840,003.896,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte868,00868,00868,00868,00868,00868,00
Salario por día traballado5.305,005.345,005.386,005.441,005.497,005.553,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Encargado de obraVI
Salario base3.613,003.616,003.620,003.624,003.630,003.634,00
Antigüidade0,0036,0073,00124,00174,00225,00
Salario diario3.613,003.652,003.693,003.748,003.804,003.859,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte825,00825,00825,00825,00825,00825,00
Salario por día traballado5.227,005.266,005.307,005.362,005.418,005.473,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Categorías e conceptos

Nivel

Sen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

CapatazVII
Salario base3.553,003.557,003.560,003.564,003.568,003.573,00
Antigüidade0,0035,0072,00122,00171,00222,00
Salario diario3.553,003.592,003.632,003.686,003.739,003.795,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte818,00818,00818,00818,00818,00818,00
Salario por día traballado5.160,005.199,005.239,005.293,005.346,005.402,00
Grupo cotización Seguridade Social (8)

ModelistaVII
Salario base3.631,003.634,003.637,003.641,003.646,003.650,00
Antigüidade0,0037,0074,00125,00176,00228,00
Salario diario3.631,003.671,003.711,003.766,003.822,003.878,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte860,00860,00860,00860,00860,00860,00
Salario por día traballado5.280,005.320,005.360,005.415,005.471,005.527,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

AdornistaVII
Salario base3.639,003.642,003.645,003.649,003.655,003.659,00
Antigüidade0,0037,0074,00125,00176,00228,00
Salario diario3.639,003.679,003.719,003.774,003.831,003.887,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte711,00711,00711,00711,00711,00711,00
Salario por día traballado5.139,005.179,005.219,005.274,005.331,005.387,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Oficial 1ª de oficioVIII
Salario base3.528,003.541,003.544,003.549,003.553,003.558,00
Antigüidade0,0035,0071,00121,00170,00220,00
Salario diario3.538,003.576,003.615,003.670,003.723,003.778,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte928,00928,00928,00928,00928,00928,00
Salario por día traballado5.255,005.293,005.332,005.387,005.440,005.495,00
Grupo cotización Seguridade Social (8)

Oficial 2ª de oficioIX
Salario base3.436,003.439,003.442,003.446,003.450,003.455,00
Antigüidade0,0035,0069,00118,00166,00215,00
Salario diario3.436,003.474,003.511,003.564,003.616,003.670,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte686,00686,00686,00686,00686,00686,00
Salario por día traballado4.911,004.949,004.986,005.039,005.091,005.145,00
Grupo cotización Seguridade Social (8)

AxudanteX
Salario base3.365,003.368,003.371,003.375,003.379,003.384,00
Antigüidade0,0034,0068,00116,00163,00211,00
Salario diario3.365,003.402,003.439,003.491,003.542,003.595,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte560,00560,00560,00560,00560,00560,00
Salario por día traballado4.714,004.751,004.788,004.840,004.891,004.944,00
Grupo cotización Seguridade Social (9)

Peón especializadoXI
Salario base3.308,003.311,003.314,003.318,003.321,003.326,00
Antigüidade0,0034,0067,00114,00161,00208,00
Salario diario3.308,003.345,003.381,003.432,003.482,003.534,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte443,00443,00443,00443,00443,00443,00
Salario por día traballado4.540,004.577,004.613,004.664,004.714,004.766,00
Grupo cotización Seguridade Social (9)

Peón ordinarioXII
Salario base3.262,003.265,003.268,003.271,003.275,003.279,00
Antigüidade0,0033,0066,00113,00159,00206,00
Salario diario3.262,003.298,003.334,003.384,003.434,003.485,00
Gratificación de asistencia789,00789,00789,00789,00789,00789,00
Gratificación de distancia e transporte321,00321,00321,00321,00321,00321,00
Salario por día traballado4.372,004.408,004.444,004.494,004.544,004.595,00
Grupo cotización Seguridade Social (10)

Aprendices de 1º e 2º anoXIV
Salario base1.774,00
Antigüidade0,00
Salario diario1.774,00
Gratificación de asistencia789,00
Gratificación de distancia e transporte126,00
Salario por día traballado2.689,00
Grupo cotización Seguridade Social (11)

Nota: a paga de beneficios ratéase en 12 meses, motivo polo cal o seu importe figura incluída no salario base deste anexo I.

A antigüidade das categorías reflectidas na táboa salarial -con salario mensual- está calculada con base nun mes de 30 días, mentres que as gratificacións, en xeral, o están con base en 22 días.

Os conceptos cotizables á Seguridade Social son: salario, antigüidade e plus de asistencia.

ANEXO II

Haberes extraordinarios artigo 19º do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración

e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña, vixente para

o período 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1998

Categorías e conceptos

Nivel

Sen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Oficial administrativo de 1ªVI
Salario base96.761,0096.761,0096.761,0096.761,0096.761,0096.761,00
Antigüidade0,001.080,002.160,003.690,005.220,006.720,00
Importe total paga extra96.761,0097.841,0098.921,00100.451,00101.981,00103.481,00
Grupo cotización Seguridade Social (5)

Oficial administrativo de 2ªVIII
Salario base93.981,0093.981,0093.981,0093.981,0093.981,0093.981,00
Antigüidade0,001.050,002.100,003.570,005.040,006.480,00
Importe total paga extra93.981,0095.031,0096.081,0097.551,0099.021,00100.461,00
Grupo cotización Seguridade Social (5)

Auxiliar administrativoIX
Salario base88.837,0088.837,0088.837,0088.837,0088.837,0088.837,00
Antigüidade0,00990,002.010,003.390,004.800,006.180,00
Importe total paga extra88.837,0089.827,0090.847,0092.227,0093.637,0095.017,00
Grupo cotización Seguridade Social (7)

Encargado xeralIV
Salario base114.962,00114.962,00114.962,00114.962,00114.962,00114.962,00
Antigüidade0,001.320,002.640,004.470,006.330,008.280,00
Importe total paga extra114.962,00116.282,00117.602,00119.432,00121.292,00123.242,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Delineante de 1ªVI
Salario base100.898,00100.898,00100.898,00100.898,00100.898,00100.898,00
Antigüidade0,001.140,002.280,003.870,005.430,007.020,00
Importe total paga extra100.898,00102.038,00103.178,00104.768,00106.328,00107.918,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Delineante de 2ªVII
Salario base93.565,0093.565,0093.565,0093.565,0093.565,0093.565,00
Antigüidade0,001.050,002.070,003.540,004.980,006.450,00
Importe total paga extra93.565,0094.615,0095.635,0097.105,0098.545,00100.015,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Xefe de tallerVI
Salario base101.041,00101.041,00101.041,00101.041,00101.041,00101.941,00
Antigüidade0,001.110,002.220,003.750,005.280,006.840,00
Importe total paga extra101.041,00102.121,00103.261,00104.791,00106.321,00108.781,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Encargado de obraVI
Salario base100.057,00100.057,00100.057,00100.057,00100.057,00100.057,00
Antigüidade0,001.080,002.190,003.720,005.220,006.750,00
Importe total paga extra100.057,00101.137,00102.247,00103.777,00105.277,00106.807,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

CapatazVII
Salario base98.407,0098.407,0098.407,0098.407,0098.407,0098.407,00
Antigüidade0,001.050,002.160,003.660,005.130,006.660,00
Importe total paga extra98.407,0099.457,00100.567,00102.067,00103.537,00105.067,00
Grupo cotización Seguridade Social (8)

ModelistaVII
Salario base100.533,00100.533,00100.533,00100.533,00100.533,00100.533,00
Antigüidade0,001.110,002.220,003.750,005.280,006.840,00
Importe total paga extra100.533,00101.643,00102.753,00104.283,00105.813,00107.373,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

AdornistaVII
Salario base100.755,00100.755,00100.755,00100.755,00100.755,00100.755,00
Antigüidade0,001.110,002.220,003.750,005.280,006.840,00
Importe total paga extra100.755,00101.865,00102.975,00104.505,00106.035,00107.595,00
Grupo cotización Seguridade Social (4)

Oficial 1ª de oficioVIII
Salario base97.994,0097.994,0097.994,0097.994,0097.994,0097.994,00
Antigüidade0,001.050,002.130,003.630,005.100,006.600,00
Importe total paga extra97.994,0099.044,00100.124,00101.624,00103.094,00104.594,00
Grupo cotización Seguridade Social (8)

Oficial 2ª de oficioIX
Salario base95.138,0095.138,0095.138,0095.138,0095.138,0095.138,00
Antigüidade0,001.050,002.070,003.540,004.980,006.450,00
Importe total paga extra95.138,0096.188,0097.208,0098.678,00100.118,00101.588,00
Grupo cotización Seguridade Social (8)

AxudanteX
Salario base93.171,0093.171,0093.171,0093.171,0093.171,0093.171,00
Antigüidade0,001.020,002.040,003.480,004.890,006.330,00
Importe total paga extra93.171,0094.191,0095.211,0096.651,0098.061,0099.501,00
Grupo cotización Seguridade Social (9)

Peón especializadoXI
Salario base91.585,0091.585,0091.585,0091.585,0091.585,0091.585,00
Antigüidade0,001.020,002.010,003.420,004.830,006.240,00
Importe total paga extra91.585,0092.605,0093.595,0095.005,0096.415,0097.825,00
Grupo cotización Seguridade Social (9)

Peón ordinarioXII
Salario base90.315,0090.315,0090.315,0090.315,0090.315,0090.315,00
Antigüidade0,00999,001.980,003.390,004.770,006.180,00
Importe total paga extra90.315,0091.305,0092.295,0093.705,0095.085,0096.495,00
Grupo cotización Seguridade Social (10)

Categorías e conceptos

Nivel

Sen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Aprendices de 1º e 2º anoXIV
Salario base49.124,00
Antigüidade0,00
Importe total paga extra49.124,00
Grupo cotización Seguridade Social (11)

Nota: as pagas extras aboaranse nos meses de xullo e decembro, a razón de 30 días de salario base e antigüidade, de conformidade co disposto nesta táboa salarial e, estas, serán percibidas proporcionalmente ó tempo traballado.

ANEXO III

Táboa salarial anual do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, correspondente a 1998

Oficial administrativo de 1ª1.855.372 ptas.

Oficial administrativo de 2ª1.803.950 ptas.

Auxiliar administrativo1.611.945 ptas.

Encargado xeral2.154.059 ptas.

Delineante de 1ª1.990.589 ptas.

Delineante de 2ª1.814.495 ptas.

Xefe de taller1.925.036 ptas.

Encargado de obra1.899.568 ptas.

Capataz1.872.987 ptas.

Modelista1.915.330 ptas.

Adornista1.881.822 ptas.

Oficial 1ª de oficio1.893.970 ptas.

Oficial 2ª de oficio1.761.785 ptas.

Axudante1.730.693 ptas.

Peón especializado1.678.153 ptas.

Peón ordinario1.628.804 ptas.

Aprendices de 1º e 2º ano962.868 ptas.

Os salarios reflectidos nesta táboa salarial son meramente estimativos, posto que os integran conceptos fixos e outros que o son por día traballado, por este motivo aplicarase, en todo momento, o disposto no anexo I.

A Coruña, agosto de 1998.

9378