Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 23 de outubro de 1998 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da Orde do 30 de marzo de 1998 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para o sector artesanal galego.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 30 de marzo de 1998 pola que se regula a concesión de axudas para o sector artesanal galego (Diario Oficial de Galicia nº 70, do 14 do abril).

Na citada norma establécese como requisito indispensable para o libramento da axuda a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do día 31 de outubro de 1998.

Tendo en conta as solicitudes formuladas pola maior parte dos beneficiarios, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio, do 30 de marzo de 1998, ata o día 30 de novembro de 1998.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

8462