Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 14 de outubro de 1998 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da Orde do 4 de maio de 1998 pola que se regula a concesión de axudas para mellora-la eficiencia e a infraestructura enerxética de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 4 de maio de 1998 pola que se regula a concesión de axudas para mellora-la eficiencia e a infraestructura enerxética de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 11 de xuño de 1998).

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axudas a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do 15 de novembro de 1998. Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motiva un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións sub

vencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 4 de maio de 1998 ata o 30 de novembro de 1998.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9747