Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 15 de outubro de 1998 pola que se modifica a do 31 de xaneiro de 1997 que aproba os prezos privados para a utilización do sistema Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Mediante orde da Consellería de Economía e Facenda do 31 de xaneiro de 1997 (Diario Oficial

de Galicia nº 33, do 18 de febreiro) aprobáronse os prezos privados que vai percibi-lo Igape como contraprestación pola dispoñibilidade e utilización dos servicios telemáticos e de documentación do sistema Igatel.

O imparable crecemento da rede Internet e a interconectividade que proporciona a nivel mundial ocasionou que se configure como unha canle privilexiada e de baixo custo para a promoción dos productos das empresas e mesmo para a realización de transaccións comerciais. A diferencia do que ocorre noutros lugares -Norteamérica principalmente-, en Europa e fundamentalmente en Galicia as empresas estanse incorporando moito máis lentamente a esta nova canle de promoción e comercialización.

Co fin de corrixi-los desequilibrios existentes neste campo con outras rexións, resulta conveniente que o Igape, a través da incorporación de novos servicios dentro do programa Igatel, apoie e incentive a presencia das empresas galegas en Internet.

Os novos servicios incorporados van desde o desenvolvemento dun sitio web ou lugar en Internet para situa-la imaxe da empresa e dos seus productos e servicios, con posibilidade de albergar este no servidor Igatel do Igape, ata a xestión de alta e mantemento de dominios e subdominios na rede referida.

Tal incorporación implica a necesidade de aproba-los prezos privados polos que se rexerá a súa utilización, comportando a súa adición ós prezos aprobados por Orde do 31 de xaneiro de 1997, parte dos que resulta conveniente así mesmo modificar para adaptalos ós custos que na actualidade son soportados para a súa prestación.

Por todo iso e en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Modifícanse os puntos 2, 3, 4 e 6 do número I «Tarifas básicas do servicio Igatel» do anexo da Orde do 31 de xaneiro de 1997, que quedan redactados nos seguintes termos:

Punto 2. Onde pon «equipo de comunicacións (modem): 35.000 ptas.», debe poñer «equipo de comunicacións (modem): 25.000 ptas.».

Punto 3. Onde pon «Tarxeta de comunicacións RDSI: 30.000 ptas.», debe poñer «Tarxeta de comunicacións RDSI: 12.500 ptas.».

Punto 4. Onde pon «Instalación do módem ou tarxeta e programa: 12.000 ptas.», debe poñer «Instalación do módem ou tarxeta e programa: 9.500 ptas.».

Punto 6. Onde pon «... terán un custo de 15.000 ptas.», debe poñer «... terán un custo de 9.500 ptas.».

Artigo segundo.-Engádese un punto IV ó anexo da Orde do 31 de xaneiro de 1997, coa seguinte redacción:

«IV. Tarifas por servicios telemáticos.

1. Creación dun web sobre formato estándar: 18.000 ptas.

2. Albergue dun web de formato estándar: 8.000 ptas/ano.

3. Xestión de alta de dominio propio en Internet: 24.000 ptas.

4. Xestión de alta dun subdominio en Internet: 8.000 ptas.

Os usuarios con acceso de nivel residente ou, o que é o mesmo, que asinasen o contrato para a utilización dos servicios do sistema Igatel, terán unha reducción dun 50% sobre estes prezos.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o primeiro día do mes seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

9748