Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.745

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998 pola que se nomean vocais do Consello Galego de Servicios Sociais.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós Consellos de Servicios Sociais establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen represente.

Así mesmo, o punto 3 do citado decreto establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen representen, e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Con data do 3 de jullo de 1998, a Consellería de Presidencia e Administración Pública notifica a proposta de modificación da súa representación no Consello Galego de Servicios Sociais e nos consellos provinciais.

Con data do 16 de xullo de 1998, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude notifica a proposta de modificación da súa representación no Consello Galego de Servicios Sociais.

Con data do 21 de xullo de 1998, a Unión Xeral de Traballadores de Galicia notifica a proposta de modificación da súa representación no Consello Galego de Servicios Sociais.

Con data do 22 de setembro de 1998, a Federación Galega de Municipios e Provincias notifica a proposta de modificación da representación das corporacións locais no Consello Galego de Servicios Sociais e nos consellos provinciais.

Con data do 23 de setembro de 1998, o Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia notifica a proposta de modificación da súa representación no Consello Galego de Servicios Sociais.

En consecuencia, en aplicación do disposto no artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro,

RESOLVO:

Nomear vocais titulares e vocais suplentes do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais,

I. En representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública as seguintes persoas:

Consello Galego de Servicios Sociais:

Titular: Alfonso Vaquero Marín (director xeral de Relacións Institucionais).

Suplente: Aurora Lourido Vedmar (xefa de Sección de Cooperación de Desenvolvemento e Xestión Económica).

Consellos provinciais de Servicios Sociais:

Titulares: delegados provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública:

Na Coruña: José Antonio Sangil Noya.

En Lugo: José Mª Moraleja Alonso.

En Ourense: José Rojo Salgado.

En Pontevedra: Joaquín Queizán Taboada.

Suplentes: secretarios provinciais das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública:

Na Coruña: José Enrique Herrero de Padura.

En Lugo: Manuel Díaz López.

En Ourense: Agustín Gándara Montero.

En Pontevedra: Enrique Sarmiento Gómez.

II. En representación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude as seguintes persoas:

Titular: Mª Beatriz Soutelo Ferro (subdirectora xeral de Acción Familiar).

Suplente: Margarita de la Calle Amaro (xefa do Servicio de Menores).

III. En representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia as seguintes persoas:

Titulares: Raquel García Tiagonce, Juan Antonio Portas Acha.

Suplentes: Maribel Cabaleiros, J. Antonio García Lores.

IV. En representación das corporacións locais as seguintes persoas:

Consello Galego de Servicios Sociais:

-En representación das deputacións provinciais (1 representante):

Titular: Arturo Pereiro Vilariño (deputado da Deputación de Lugo).

Suplente: Julio Álvarez Núñez (deputado da Deputación de Lugo).

-En representación dos concellos de máis de 20.000 habitantes (3 representantes):

Titular: Ramón Campos Durán (alcalde da Estrada).

Suplente: Manuel Díaz Rivas (tenente-alcalde de Ribeira).

Titular: Mar Bernal Rivas (concelleira de Santiago de Compostela).

Suplente: Ángela González Martín (concelleira S.S. de Vilagarcía de Arousa).

Titular: Marián Ferreiro Vidarte (concelleira S.S. da Coruña).

Suplente: Santiago Porta Dovalo (concello da Coruña).

-En representación dos concellos de menos de 20.000 habitantes (2 representantes):

Titular: Xulio Sacristán de Diego (alcalde de Culleredo).

Suplente: Manuel Loira Rúa (alcalde de Mondoñedo).

Titular: Julio Álvarez Núñez (alcalde de Quiroga e presidente da FEGAMP).

Suplente: Francisco Gil Zamora (alcalde de Avión).

Consellos provinciais de Servicios Sociais:

-Na Coruña como titular: José Fernando Vila Brión (alcalde de Dodro).

Suplente: Miguel Ramón Pampín Rúa (alcalde de Melide).

-En Lugo como titular: Manuel Díaz Sampedro (alcalde de Barreiros).

Suplente: José Carlos Rodríguez Andina (alcalde de Ribadeo).

-En Ourense como titular: Francisco Gil Zamora (alcalde de Avión).

Suplente: Neftalí Prieto Barrios (alcaldesa de Viana do Bolo).

-En Pontevedra como titular: Jesús Otero Varela (alcalde de Vila de Cruces).

Suplente: María C. Porro Martínez (concelleira de Vigo).

Comisión Permanente do Consello Galego de Servicios Sociais:

Titular: Julio Álvarez Núñez (presidente de la FEGAMP e alcalde de Quiroga).

Suplente: Francisco Gil Zamora (alcalde de Avión).

V. En representación do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia as seguintes persoas:

Titular: Carmen del Río Iglesias.

Suplente: Mª Teresa Hermida Pérez.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

9596