Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.761

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998, dos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo auxiliar da Administración da Xunta de Galicia (grupo D) convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 1998), pola que se fixa a data, a hora e o lugar da realización da primeira proba (mecanográfica) do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia, do 20 de xaneiro), de conformidade coa base III.10 da convocatoria, correspóndelle ó tribunal número 1 fixa-los lugares, a data e a hora da realización do primeiro exercicio da fase da oposición.

Unha vez constituídos os tribunais do grupo D, en sesión conxunta celebrada o día 22 de outubro de 1998, acordaron:

1. A distribución dos opositores será a seguinte:

Tribunal nº 1:

Xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna, así como os de acceso libre con apelidos desde Hammer Twilt, Elisabeth Margareth ata Mouriño Sánchez, Carlos, ámbolos dous inclusive.

Tribunal nº 2:

Xulgará os exercicios dos aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Mouriz Pantín, Susana ata Rodríguez Zas, Susana ámbolos dous inclusive.

Tribunal nº 3:

Xulgará os aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Roibas Candal, Lucía ata Álvarez Novoa, María Monserrat ámbolos dous inclusive.

Tribunal nº 4:

Xulgará os aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Álvarez Ortiz, Miguel Ángel ata Díaz Pereiro, David ámbolos dous inclusive.

Tribunal nº 5:

Xulgará os aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre desde Díaz Ponce, Juana María ata Gutiérrez Varela, María del Carmen ámbolos dous inclusive.

2. Realiza-la primeira proba (mecanográfica) do primeiro exercicio da fase de oposición, o día 8 de novembro ás 12 horas nos lugares que a continuación se indican.

3. Os opositores pertencentes ós tribunais números 1, 2, 3 e 4 realizarán as probas no Mercado de Gando

de Amio en Santiago de Compostela, e os opositores pertencentes ó tribunal número 5 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro, Santiago de Compostela.

Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comezo das probas, provistos do DNI e da máquina de escribir correspondente, de conformidade co establecido na base II.2.1 da convocatoria.

As listas dos opositores correspondentes a cada tribunal estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horario das 9 ás 19 horas de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1998.

Javier Batán Rodríguez

Presidente do Tribunal D-1

9489