Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.762

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de outubro de 1998 pola que se nomea funcionario en prácticas do corpo de mestres a un opositor seleccionado no procedemento selectivo convocado pola Orde do 25 de marzo de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 2 de abril) e que está ocupando vacante dotada orzamentariamente.

Pola Orde do 25 de marzo de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 2 de abril) convocouse procedemento selectivo de acceso ó corpo de mestres, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a adquisición de novas especialidades.

De conformidade co disposto no punto 59 da citada orde, os aspirantes que resulten seleccionados deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo e que terá por obxecto a valoración da súa aptitude para a docencia.

Pola Resolución do 20 de outubro de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 31) concedéuselle o aprazamento da fase de prácticas, de acordo co preceptuado no punto 58 da Orde do 25 de marzo de 1997.

Existindo vacante dotada orzamentariamente, procede nomear funcionario en prácticas o opositor que se relaciona no anexo desta orde.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionario en prácticas do corpo de mestres o aspirante que se relaciona no anexo que se xunta.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 1998.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 19 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e dictará as instruccións que coide oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Vázquez Díaz, Cándido V.

Especialidade: Educación Física.

Quenda: L.

DNI: 33.859.957.

9611