Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.719

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (65/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 65/1998-10 por instancia do axente da policía local número 084 contra José Rodríguez Giráldez; nas súas actuacións dictouse sentencia co encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

No nome da súa maxestade El-Rei.

En Santiago de Compostela o 9 de xullo de 1998, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 65/1998 no que actuaron como partes, como denunciante o axente da policía local número 084 e como denunciado José Rodríguez Giráldez.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido, que debo absolver e absolvo da falta que se lle imputada a José Rodríguez Giráldez coa declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre que

brantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas expresaranse as razóns da indefensión.

Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo que no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentecias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a José Rodríguez Giráldez expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dous de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

9245