Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.720

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (95/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxixtrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 95/1998-10 por instancia do axente da policía nacional número 41520 contra Evaristo Méndez Paz nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar a Evaristo Méndez Paz co fin de que o día vinteseis de novembro, ás doce horas, compareza neste xulgado, co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibindoo de que, no caso de non o verificar, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Evaristo Méndez Paz, expido e asino en Santiago de Compostela o 2 de outubro de 1998.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

9243