Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.720

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (111/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Ins

trucción número dous, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 111/1998-10 por instancia de Alberto García Mallou e David Mallou Baliño contra José Vázquez Rull e José Antonio Vázquez Castro nas actuacións dos cales, en resolución desta data, se acordou citar a José Vázquez Rull e José Antonio Vázquez Castro co fin de que o día dez de decembro, ás once e corenta horas, comparezan ante este xulgado co fin de asistiren á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciados, apercibíndoos de que, no caso de non o verificar, recaerá sobre eles o prexuízo ó que houbese lugar en dereito e de que deberán comparecer asistidos das probas das que intenten valerse.

E para que conste e lles sirva de citación a José Vázquez Rull e José Antonio Vázquez Castro, expido e asino en Santiago de Compostela o 2 de outubro de 1998.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

9340