Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.720

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (145/1994).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de xuízo de cognición nº 145/1994 seguidos neste xulgado por instancia de Luis Rey Villaverde, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra María Vázquez Conde, Juan Morandeira Mosquera e María Quiñoi Eiras; emprázase o demandado, Juan Morandeira Mosquera, para que no termo de nove días compareza en autos, en legal forma con avogado que o defenda, coa prevención de que se non comparece será declarado en rebeldía e que recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento ó demandado, Juan Morandeira Mosquera, expido este edicto que asino en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1998.

A secretaria

Rubricado

9417