Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.720

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (31/1998).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela e o seu partido, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 31/1998, por unha falta

contra a orde pública de conducción dun vehículo a motor sen seguro obrigatorio, con data 21-9-1998 se dictou auto de aclaración da sentencia por instancia da data 18-9-1998, que teno encabezamento e resolución do teor literal que segue:

Auto.-Santiago de Compostela, 21 de setembro de mil novecentos noventa e oito.

Feitos.-Único. Nos presentes autos de xuízo de faltas 83/1998, con data 18-9-1998, dictouse a sentencia que, na súa parte dispositiva, estractada no necesario, textualmente di: que debo condenar e condeno a Miguel Ángel Martínez Alonso, como autor duha falta contra a orde pública de conducción dun vehículo a motor carecendo de seguro obrigatorio, á pena da multa de dous meses, fixando o importe da cota diaria da pena da multa na contía de dúas mil pesetas, e sinalando a reponsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non setisfeitas. (Seguen razoamentos xurídicos). Acorda que debía rectificar e rectificaba a sentencia de data 18-9-1998, dictada nos autos de xuízo de faltas 31/1998, no sentido de impor ó condenado Miguel Ángel Martínez Alonso a pena da multa dun mes, e non de dous meses, como erro material de transcrición se facía constar, mantendo integramente tódolos demais pronunciamentos.

Notifíqueselle-la presente ás persoas e ó Ministerio Fiscal, informándoo no momento da súa notificación segundo dispón o artigo 248.4º da LOPX. Así o acorda, manda e asina S.S. do que dou fe.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ó denunciado Miguel Ángel Martínez Alonso, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o seis de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A Secretaria

Rubricado

9707