Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.719

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (361/1998).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de separación matrimonial 361/1998, que se segue neste xulgado por instancia de Rosa María Leis Calviño, representada pola procuradora Queiro García, contra Manuel Campo Piñeiro e o Ministerio Fiscal, por medio desta cédula cítase a Manuel Campo Piñeiro, do que se descoñece o domicilio actual, aínda que segundo parece está traballando en Angola, co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos con procurador que o represente e avogado que o dirixa, coa prevención que de non o facer será declarado en rebeldía e se dará por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento a Manuel Campo Piñeiro, expido esta cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1998.

O secretario

Rubricado

9242