Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.719

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE BETANZOS

EDICTO (290/1997).

Eu, Julia Fondo Vidal, oficial en funcións de secretaria no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Betanzos e o seu partido, fago saber que nos autos de suspensión de pagamentos nº 290/1997 que se segue neste xulgado por instancia de Protecciones y Revestimientos industriales, S.L., en liquidación, con domicilio social en Bergondo, rúa Parroquia de Guísamo, 1ª travesía, nave 11, recaeu resolución desta data cunha parte dispositiva que é do teor literal seguinte dispoño: apróbase o convenio votado favorablemente na xunta xeral de acredores celebrada no expediente de suspensión de pagamentos de Protecciones y Revestimientos Industriales, S.L., en liquidación do 6 de novembro de 1997 e que queda formando parte integrante desta resolución, engadindo nos seus puntos primeiro e terceiro a expresión: «a pro rata dos créditos en caso de que non chegue o diñeiro para o pagamento e igualmente en caso de condonación da débeda realizaríase a pro rata entre os créditos». Tense

por nomeada a comisión de acredores referida no feito terceiro da presente resolución. Asinado e rubricado, Darío A. Reigosa Cubero. O convenio aprobado queda de manifesto na secretaría do xulgado para os efectos oportunos.

E para que así conste, expido e asino o presente edicto que se publicará no DOG e se fixará no taboleiro de anuncios deste xulgado, en Betanzos o 23 de setembro de 1998.

O secretario

Rubricado

9293