Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.718

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

CÉDULA de notificación (2/6067/1997).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que nos autos dos que se fará mención se dictou auto que no seu encabezamento e parte dispositiva di: A Coruña o cinco de outubro de mil novecentos noventa e oito.

O presente recurso contencioso-administrativo, rexistrado co número 2/6067/1997, interposto por Andrena Edos contra resolución da subdelegación do territorio nacional sobre prohibición de entrada por un período de tres anos que o dito recorrente foi emprazado en legal forma para que se constituíse no recurso no modo e forma que determina o artigo 33 da Lei xurisdiccional, conferíndolle a súa representación a un procurador asistido de avogado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto; con apercibimento de que se así non o verifica dentro do termo de dez días contados a partir dos trinta concedidos, procederíase sen máis trámite ó arquivo das actuacións.

A sala acorda: o arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 2/6067/1997 interposto por Andrena Edos contra resolución da subdelegación do Goberno na Coruña do 16-7-1997, pola que se acorda a expulsión do territorio nacional con prohibición de entrada por un período de tres anos.

Notifíquese que a presente resolución non é firme por ser susceptible do recuso de súplica no prazo de cinco días.

E para que conste, e lle sirva de notificación a recorrente, e a súa publicación no DOG, expido, e asino a presente cédula na Coruña o cinco de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A Coruña, seis de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

9341