Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.575

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (307/1994).

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado do meu cargo, se seguen autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía co número 307/1994 ós que se lle acumularon os de igual clase nº 23/1996 por instancia de Manuela Consuelo López Ferreiro representada polo procurador García-Piccoli Atanes contra outros e herdeiros de Gil Matovelle Cinza, en situación procesual de rebeldía sobre reclamación de responsabilidade decenal, téndose dictada sentencia da que o encabezamento e resolución literalmente di:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela o un de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía nº 307/1994 e 23/1996 acumulados, sobre exercicio de responsabilidade decenal, sendo parte demandante a comunidade de propietarios do edificio La Peregrina, da rúa Ángel Baltar nº 3, 5 e 7 e da rúa Maestro Mateo nº 21 desta cidade, baixo a representación procesual do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, e coa defensa letrada de Elías Lamela Fariña; aparecendo como parte demanda herdeiros de Gil Matovelle Cin

za, en situación procesual de rebeldía, Mª Jseús Gómez Novoa, maior de idade, baixo a representación procesual do procurador José Paz Montero e coa defensa letrada de Carlos Abal Lourido, a entidade Gil Matovelle, S.L., baixo a representación procesual do procurador José Paz Montero e coa defensa letrada de Carlos Abal Lourido, a entidade Construcciones Jarami, S.L. baixo a repesentación procesual da procuradora Mª Soledad Sánchez Silva, e coa defensa letrada de Carlos Paz Costas, José Manuel Bernández Matovelle, maior de idade, baixo a representación procesual do procurador Julio Barreiro Fernández, e coa defensa letrada de Andrés V. Salgueiro Armada, Pilar González Botana, María Dolores Sánchez González, María Consuelo Sánchez González, José luis Sánchez González e María del Pilar Sánchez González, maiores de idade, baixo a representación procesual da procuradora Rita Goimil Martínez, e coa defensa letrada de F. J. Viéitez Agrafojo, Donato Mera Villar e Emilia Duro Cordeiro,

maiores de idade, en situación procesual de rebeldía, a entidade Construcciones Ces, S.L., baixo a representación procesual do procurador Juan Belmonte Pose, e coa defensa letrada de Bernardo Pensado Vázquez, Víctor Ruppen Pardo, maior de idade, baixo a representación procesual da procuradora Ana Mª González Gancedo, e coa defensa letrada de Juan Gómez Portabales.

Decido.

Que estimando en parte a demanda presentada pola comunidade de propietarios do edificio La Peregrina, da Rúa Ángel Baltar nº 3, 5 e 7 e da rúa Maestro Mateo nº 21 desta cidade, debo condenar e condeno a entidade Gil Matovele, S.L., a que realice as obras descritas no feito noveno dos fundamentos xurídicos desta sentencia, sen expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Igualmente debo absolver e absolvo a José Manuel Bernández Matovelle, a Víctor Ruppen Parto, a Pilar González Botana, Mª Dolores, Mª Consuelo, José Luis e Mª de Pilar Sánchez González, a Mª Jesús Gómez Novoa, a comunidade hereditaria do falecido Gil Matovelle Cinza, a Donato Mera Villar, a Emilia Duro Cordeiro, a entidade Construcciones Jarami, S.L., a entidade Construcciones Ces, S.L. da pretensión contra eles deducida, sen facer pronunciamento sobre as custas.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se presenta á neste xulgado, nun prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación os herdeiros de Gil Matovelle Cinza e publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, extendo o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o vintedous de xullo de mil novecentos noventa e oito.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

8494