Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.575

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (134/1998).

Eu, José Manuel Álvarez Loureiro, secretario do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número

un dos de Carballo, por esta cédula, e en virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, en providencia desta data, dictada en xuízo de faltas 134/1998, sobre lesións por agresión, no que figuran como denunciante Luisa Teresa Moreno Gómez e como denunciado José Manuel Barreiro Román.

Cítese a José Manuel Barreiro Román para que o vindeiro día nove de decembro, ás doce horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó dito xuízo, facéndolles saber ás partes que deberán concorrer coas probas das que intenten valerse, así como a peritos e testemuñas, e que se non comparecen nin alegan causa xusta que llelo impida, recaerá sobre eles o prexuízo ó que houbese lugar en dereito; e ó acusado, que a súa ausencia non supenderá a celebración nin a resolución do xuízo, podendo, se é o caso, ser conducido pola forza pública.

Dado en Carballo o vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

8619