Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.575

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas, a José Ángel Vázquez Barquero (praza 77/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto), para a provisióin dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas, a prol de José Ángel Vázquez Barquero, con documento nacional de identidade número 34.926.823, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Ángel Vázquez Barquero profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión do interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 1 de outubro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

9164