Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 27 de outubro de 1998 Páx. 11.576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (44/1998).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 44/1998 se segue xuízo de faltas contra a orde pública na cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión.

Sentencia: en Santiago de Compostela o oito de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 44/1998, seguidos por conducción de vehículo de motor e carecer de seguro obrigatorio, sendo a parte denunciante a correspondente autoridade de tráfico e a parte denunciada Santiago Rouco Santos, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido, que debo condenar e condeno a Santiago Rouco Santos, como autor responsable dunha falta de conducción sen seguro, do artigo 636 do Código Penal á pena dun mes de multa a razón de 200 ptas./día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana, así mesmo deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado, Santiago Rouco Santos, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela, nove de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

9163