Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 283/1998, do 15 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica, a 20 kV, desde a L.M.T. ó C.T. dos Remedios, no terceiro apoio anterior ó dito C.T., ata o C.T. Fraga-Couso, concello de Gondomar, provincia de Pontevedra. (Expediente 95/259).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Avda de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 20 kV, con conductor LA-56 sobre apoios de formigón, de 1.086 m de lonxitude, desde a L.M.T. ó C.T. dos Remedios, no terceiro apoio anterior ó dito C.T., ata o C.T. que se proxecta en Fraga-Couso, no termo municipal de Gondomar (Pontevedra) (Expte. nº: 95/259).

A dita instalación autorizouse e declarouse de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra do 4-12-1995, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 9-2-1996, no BOP de Pontevedra do 2-2-1996, e no BOE do 6-2-1996. Coa mesma data aprobouse o seu proxecto de execución.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 4-4-1997, no BOP de Pontevedra do 7-4-1997, no xornal Faro de Vigo do 20-4-1997, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Gondomar e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada

un dos interesados que figuran na dita relación, agás ós titulares dos predios nº 14 e 37 que rexeitaron as cédulas de notificación, e os titulares dos predios nº 7 e 48, descoñecidos, polo que se deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública formuláronse as seguintes alegacións:

1. Domingo Álvarez Magariños, Emilia Álvarez Magariños e Sara Álvarez Magariños, titulares respectivamente dos predios nº 10, 26 e 27, propoñen a variación da liña co fin de aproveitar en parte o trazado de outra xa existente a uns 40 m; ademais, solicitan a nulidade das actuacións por entenderen que se incumpriu o establecido no artigo 31 do R.D. 2619/1966. Por outra banda, Domingo Álvarez Magariños e Sara Álvarez Magariños solicitan a expropiación total dos seus predios por consideraren que a conservación das partes dos predios non expropiados lles resultaría antieconómica.

2. Mª Concepción Diego Pérez e Eladio González López, titulares dos predios nº 34 e 41 respectivamente, realizan unha serie de consideracións sobre a procedencia da declaración de utilidade pública da instalacións e a necesidade dun estudio do ambiente; por outra parte, propoñen un trazado alternativo.

3. Lucía Díaz Gómez solicita a rectificación da relación de bens e dereitos afectados, xa que o predio nº 19 consta erroneamente a nome de Luz Díaz Gómez; ademais manifesta que en ningún momento a empresa beneficiaria se puxo en contacto con ela; por último propón dous trazados alternativos, uno máis preto do regato da Rasa e outro aproveitando outra liña eléctrica xa existente.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Á vista das alegacións e da resposta a estas por parte da empresa beneficiaria dedúcese que:

a) Non se pode acepta-la variación da liña proposta por Domingo Álvarez Magariños, Emilia Álvarez Magariños e Sara Álvarez Magariños, xa que non se dan simultaneamente as limitacións expostas no artigo 26 do Decreto 2619/1966; ademais, a variación supoñería a imposición da servidume a terceiros non incursos no expediente, non acreditando a conformidade destes coa modificación. No que respecta á solicitude de nulidade das actuacións, non é procedente, xa que na instrucción do expediente se cumpriron os trámites establecidos polo xa repetidamente citado Decreto 2619/1966. Con respecto ás solicitudes de expropiación total dos predios nº 10 e 27, non se xustificaron suficientemente as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos, tanto pola alteración das condicións fundamentais dos predios como das súas posibilidades de apro

veitamento rendible, segundo establece o artigo 22.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa.

b) Non se pode acepta-la alegación de Mª Concepción Diego Pérez e Eladio González López, xa que a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica vén establecida polo artigo 51 da Lei 40/1994, de ordenación do sistema eléctrico español; por outra parte, a lexislación aplicable ó proxecto non esixe a realización dun estudio de impacto ambiental. Por último, non se pode acepta-la variación do trazado proposta, xa que non se dan simultaneamente as limitacións expostas no artigo 26 do Decreto 2619/1966.

c) Con respecto á alegación de Lucía Díaz Gómez, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra publicou no BOP de Pontevedra acordo polo que se rectifica a titularidade do predio nº 19. Por outra parte, non se pode acepta-la variación do trazado proposto, xa que non se dan simultaneamente as limitacións expostas no artigo 26 do Decreto 2619/1966. Ademais, a variación supoñería a imposición da servidume a terceiros non incursos no expediente, sen se acredita-la conformidade de destes coa modificación.

Unha vez practicada por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no apartado 2 da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de outubro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de

decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. da liña eléctrica a 20 kV, desde a L.M.T. ó C.T. dos Remedios, no terceiro apoio anterior ó dito CT, ata o CT Fraga-Couso (Exp. 95/259), cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos ós que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Gondomar (Pontevedra) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, quince de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9525