Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 26 de outubro de 1998 Páx. 11.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 282/1998, do 15 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica, a 15/20 kV, desde o apoio número 2 da L.M.T. Donas-Cabreiros, rematando no C.T. Pereiras, concello de Gondomar, provincial de Pontevedra. (Expediente 95/26)

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Avda de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 15/20 kV, con conductor LA-56 sobre apoios de formigón, de 998 m de lonxitude, co orixe no apoio nº 2 da L.M.T. Donas-Cabreiros, rematando no C.T. que se proxecta en Pereiras, no termo municipal de Gondomar (Pontevedra) (Expte. nº: 95/26).

A dita instalación autorizouse e declarouse de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra do 14-11-1995, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 27-12-1995, no BOP de Pontevedra do 21-12-1995, e no BOE do 4-1-1996. Coa mesma data aprobouse o seu proxecto de execución.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 14-4-1997, no BOP de Pontevedra do 16-4-1997, no xornal Faro de Vigo do 10-4-1997, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Gondomar e no da delegación provincial ó mesmo tempo na forma

regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se formularon alegacións.

Unha vez practicada por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no apartado 2 da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso polo procedemento ordinario faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de outubro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. da liña eléctrica a 15/20 kV, desde o apoio nº 2 da L.M.T. Donas-Cabreiros, que remata no C.T. en Pereiras (Exp. 95/26), S.A. cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos ós que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Gondomar (Pontevedra) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de

expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, quince de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9517