Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Talleres Viza, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Talleres Viza, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-8-1998, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 30-7-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e dopósito de convenios colectivos

de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 26 de agosto de 1998.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Viza, S.A. convenio colectivo 1998-1999

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio concertado entre os representantes da dirección e os membros do comité da empresa Talleres Viza, S.A. afecta o ámbito territorial da propia empresa no seu centro de traballo actual e a calquera outro que puidese establecerse no futuro na provincia de Pontevedra.

Polo tanto, o convenio afectará a tódolos traballadores abranguidos no ámbito de aplicación na ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, sen máis excepcións que o persoal de alta dirección, que queda excluído deste, e por extensión, a calquera lugar onde o persoal realice servicios por conta da empresa.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e denuncia.

O convenio entrará en vigor a partir da data da súa sinatura, sen prexuízo do cal, as condicións económicas se aplicarán a partir do 1º de xaneiro de 1998.

Terá unha vixencia de dous anos, expirará o día 31 de decembro de 1999 e prorrogarase por tácito de tres en tres meses, se ningunha das partes o denunciase cunha antelación mínima dun mes á data de expiración.

Artigo 3º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde acaden, cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que no cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Para entender de cantas cuestións lle sexan atribuídas, desígnase unha comisión paritaria das partes

negociadoras deste convenio, que estará integrada por catro membros, dous deles pola parte económica e Emilio González Valcárcel e Carlos Barros López, pola parte social.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

Establécese que a xornada de traballo será a mesma en horas de traballo efectivo, en cómputo anual, para obreiros, subalternos, administrativos e técnicos.

O número efectivo de horas de traballo, en cómputo anual, será de 1.766 para o ano 1998 e 1.764 para o ano 1999.

Co efecto de evitar solapamentos de horarios, acórdase fixar quendas de 8 horas, en lugar dos actuais de 8 horas e 10 minutos. Tal axuste farase de xeito que non supoña perda de días de descanso nas festas de Nadal, nin traballo en sábados, domingos ou festivos, todo isto con respecto ó calendario de Citroën.

O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se atope no posto de traballo.

A xornada actual absorberá e compensará calquera outra reducción de xornada que por calquera motivo se estableza no sucesivo, calquera que sexa o rango da disposición aplicable.

A fixación do horario de traballo e do calendario laboral será facultade da dirección, a cal establecerá, con intervención do comité de empresa, o cadro horario e calendario laboral para todo o ano, que figuran nos anexos VI e VII respectivamente do presente convenio. No suposto de non existir acordo, o criterio que necesariamente ha de prevalecer será o de amoldarse ás necesidades da empresa de cara a servir ós clientes.

A dirección da empresa, se as necesidades de traballo así o esixisen, poderá establecer quendas de traballo rotativas, con carácter semanal.

Para iso, notificaráselle ó comité de empresa e ó persoal que se vise afectado, cunha antelación de sete días á data na que se vaia producir este cambio de horario. Excepcionalmente e no caso dunha urxencia demostrada, poderá ser suficiente efectuar este preaviso con 48 horas de anticipación.

As prioridades para a designación do persoal afectado polas quendas será como segue:

1. O persoal que voluntariamente se prestase a establece-la quenda.

2. Os demais traballadores.

O persoal que realice traballo de producción poderá estar adscrito a calquera dos horarios de mañá, tarde ou noite descritos no anexo VI deste convenio, e o resto do persoal, a calquera dos horarios de mañá, tarde, noite ou partido, do dito anexo.

Quenda de noite:

A empresa comunicaralles ós representantes dos traballadores, mediante escrito razoado e cunha antelación mínima de sete días naturais, as causas que leven ó establecemento dunha quenda de noite.

O persoal asignado á dita quenda de noite será avisado con, polo menos, tres días hábiles de antelación.

Para os efectos previstos no segundo parágrafo do artigo 36.3º do Estatuto dos traballadores, ningún traballador estará na quenda de noite máis dunha semana consecutiva, agás adscrición voluntaria.

As prioridades para a designación do persoal da quenda de noite serán como segue:

1. Persoal que voluntariamente se prestase a establece-la dita quenda.

2. Persoal que no seu contrato individual de traballo inclúa a prestación de servicios en quenda de noite.

3. Os demais traballadores.

Artigo 6º.-Vacacións.

O período de vacacións será de trinta días naturais para todo o persoal e desfrutarase na forma fixada no calendario laboral que se achega ó convenio.

Dentro dos tres días anteriores ó comezo do desfrute das vacacións de verán, o persoal percibirá un anticipo de 125.000 ptas. que serán descontadas na nómina correspondente ó dito período de vacacións. En caso de existiren cantidades pendentes de desconto en concepto de préstamos, anticipos, etc., estas serán deducidas do importe que se vaia ingresar en concepto de anticipo de vacacións.

Se despois de confeccionado o calendario laboral, por necesidades de servir ós nosos clientes ou polas necesidades derivadas da modificación de instalacións, reparación ou mantemento de maquinaria, ou desenvolvemento ou implantación de proxectos, se fixese necesaria a modificación do desfrute das vacacións, as datas amoldaríanse ás ditas necesidades, e estableceríanse quendas para o seu desfrute. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan, polo menos dous meses antes do comezo do seu desfrute.

Cobraranse en razón ó salario convenio, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade e plus de transporte.

Ademais, satisfarase a media de pesetas do plus de actividade ou prima de posto percibido nas pagas ordinarias de xaneiro a xuño do ano en curso.

O traballador que se atopase en situación de baixa por accidente de traballo no comezo do período de vacacións, terá dereito a desfrutar, en data posterior, igual número de días naturais que aqueles nos que coincidise a súa baixa con días de vacacións. Este dereito expirará ó final de cada ano natural.

Artigo 7º.-Licencias.

As licencias retribuídas ás que se refire o artigo 60 da vixente ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica desfrutaranse e aboaranse consonte o que se sinala no presente artigo.

A empresa concederá licencia retribuída con pagamento do salario convenio, antigüidade e plus de

asistencia e puntualidade, nos seguintes supostos, sempre que estas sexan xustificadas.

Nos casos de falecemento de esposa, fillos ou pais, aboarase ademais a media da prima de producción ou de posto, da quincena na que se producise o feito.

Terá que facerse uso destas licencias no momento de producirse o feito causante, agás a concernente ó nacemento de fillo, o desfrute da cal se convirá nun prazo de 10 días desde o parto.

a) Por matrimonio, quince días naturais.

b) Por nacemento de fillos, tres días laborables.

c) Por falecemento de esposa, fillos ou pais, catro días naturais. En caso de que tódolos días cadren en festivo e/ou non hábiles, para os efectos de realización dos trámites administrativos necesarios, o permiso prolongarase durante o día hábil seguinte.

d) Por enfermidade grave de cónxuxe ou fillos, tres días naturais.

e) Por enfermidade grave de pais, irmáns, netos ou avós, dous días naturais.

f) Por falecemento de tíos ou sobriños, un día natural.

g) Por falecemento de irmáns, netos ou avós, tres días naturais.

h) Por matrimonio de irmáns, pais ou fillos, un día natural.

i) Por traslado do domicilio habitual, un día natural.

j) Polo tempo indispensable nos casos de asistencia á consulta médica de especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario do especialista co traballo, prescribise a dita consulta o facultativo de medicina xeral, e deberá presentar previamente o traballador na empresa o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 16 horas ano.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó disposto nesta en canto a duración da ausencia e á súa compensación económica.

l) En caso extraordinario, debidamente acreditado, concederase licencia sen percepción de haberes, ata un límite de 16 horas ó ano. Será necesario para a obtención destas licencias solicitalas, sempre que sexa posible, con polo menos 72 horas de anticipación.

m) As traballadoras que fagan uso do dereito por lactación dun fillo menor de nove meses, regulado no artigo 37.4º do ET, terán dereito a un tempo dunha hora e quince minutos sempre e cando se opte pola modalidade de ausentarse do traballo.

En calqura dos dous casos detallados a seguir, o tempo concedido será o que figure no Estatuto dos traballadores.

-Se é o pai quen fai uso deste dereito.

-Se é a nai quen fai uso deste dereito optando pola modalidade de reducción de xornada.

n) Por adopción legal, para os trámites necesarios e debidamente xustificados, dous días laborables.

Nas letras c), d), e), f) e g) enténdense incluídos tamén os parentes políticos.

Recoñéceselle-lo dereito ó desfrute dos días de licencia que establece o convenio e nas condicións que este marca, ós membros de parellas de feito acreditadas de maneira que dea fe.

Para as licencias incluídas no apartado d) deste artigo, e no caso de continua-la enfermidade ou hospitalización do cónxuxe, fillos ou pais (de estar a cargo o traballador neste último caso) concederanse, se así o desexa o traballador, tres días máis de licencia nos que se aboará o 50% do salario convenio.

Artigo 8º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados polos servicios técnicos da empresa, e poderán ser: estimados, provisionais e definitivos.

Ó pórse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballador na segunda cronometraxe que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se atopen totalmente estabilizadas, e non deberán normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe, para os postos individuais, nin doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

O operario asinará a folla de descrición do método operativo empregado no traballo cronometrado, e no seu proceso non poderá realizar un KB inferior ó KB un, de acordo co establecido no artigo 11º.

O tempo asignado a cada operario será anotado no posto de traballo.

Artigo 9º.-Revisión de tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados agás nos seguintes casos:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operativo, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise de posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análise.

Artigo 10º.-Aplicación de tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa facilmente posible e mentres a organización de traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro non parecido, ou ben cando se produza unha modificación substancial no método ou no tempo, ó pasar este de provisional a definitivo, facilitaráselle que no novo posto ou as novas circunstancias consiga o seu KB habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se o operario traballa a prima individual, a compensación de aprendizaxe consistirá en aboarlle o KB medio obtido na última quincena no posto anterior. Esta compensación durará como máximo o tempo necesario para a realización de 2.000 pezas ó tempo que a dita peza teña asignado, e deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu KB. No suposto de que no cálculo do tempo necesario para a realización das 2.000 pezas referidas, resultase fracción de días, efectuarase redondeo ó número de días inmediato superior.

De simultanea-lo seu traballo habitual nun posto productivo con outro non parecido, anotará o tempo investido e producción obtida en cada posto.

A producción efectivamente realizada debe anotarse ó final de cada día.

Todo traballador poderá coñecer, se o solicita, a gama, o método operativo e o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima.

Artigo 11º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado KB1, equivalente a 60 minutos hora, para efectos do disposto no Decreto do 17 de agosto de 1973, de ordenación do salario e Orde do 22 de novembro, así como para efectos do artigo 54 do Estatuto dos traballadores, apartado e) e ó artigo 11 da ordenanza laboral siderometalúrxica, referidos á ineptitude do traballador.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no apartado e) do artigo 54 do Estatuto dos traballadores, o que el mesmo viñese obtendo en precedentes períodos de tempo; pódese considerar como período para determina-lo dito rendemento normal o que viñese obtendo de modo habitual e ordinario durante os seis meses inmediatamente anteriores, a pesar do cal, nos postos individuais só será sancionable unha diminución por debaixo dun 15% do rendemento así considerado como normal, cando este se produza durante un período de tempo superior a un mes.

Para os postos colectivos, cadeas, grupos funcionais, etc, este período de tempo redúcese a quince días.

Para ámbolos casos partirase dun KB máximo de 1,33 e sen que se poida baixar en ningún caso do KB 1 que se establece como mínimo no primeiro parágrafo deste artigo.

No que se refire a traballadores que ocupen postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento que este se producise no período dun mes despois de ser apercibido.

Artigo 12º.-Calidade.

Tódolos rendementos anteriormente citados están condicionados a que os traballos estean realizados dentro das condicións das pezas modelo ou dos utensilios de verificación.

Artigo 13º.-Tempo de espera e tempo de paro.

Terán a consideración de tempo de espera aqueles que, por causas imputables á empresa e alleas á vontade do traballador, este teña que permanecer inactivo, ben por falta de elementos ó seu alcance, escaso ritmo da operación precedente, falta de ferramentas ou utensilios de medición, espera de decisión de se o traballo pode ou non continuar por presentarse algunha dificultade no transcurso da súa execución, etc.

Nestes casos, o traballador afectado percibirá o seu salario incrementado coa media da prima obtida no mes.

Conceptuarase como tempo de paro o que sufra o traballador por causas non imputables á empresa, ben por falta de materiais de traballo, fluído eléctrico, etc.

Nestes casos, o traballador percibirá a retribución que lle corresponda pola súa categoría.

Artigo 14º.-Retribución do persoal.

Componse de salario convenio, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade, plus de transporte, plus de actividade (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos)

No que respecta ó persoal con retribución de salario hora, tanto o salario convenio coma a antigüidade e o plus de asistencia e puntualidade, devengaranse en razón de 8 horas diarias, mesmo domingos e festivos.

Artigo 15º.-Salario convenio.

O salario hora que, con carácter de mínimo, corresponde a cada categoría é o que figura na anexo I, salario convenio, deste convenio.

O salario mes que, con carácter de mínimo, corresponde a cada categoría é o reflectido no anexo I, salario convenio, deste convenio.

Artigo 16º.-Antigüidade.

Devengarase por trienios vencidos e aboarase con base nas seguintes contías por trienio:

Persoal horario: 13,10 ptas./hora por trienio

Persoal mensual: 3.204 ptas./mes por trienio.

As cantidades antes mencionadas sufrirán, en 1999 o incremento salarial pactado para ese ano e incluído no artigo 26º a) deste convenio.

Os ditos importes percibiranse a partir do 1º do mes en que se cumpran os trienios de antigüidade,

agás o persoal abranguido no artigo 76 a) da ordenanza laboral siderometalúrxica.

Manteranse os topes máximos de antigüidade existentes no Estatuto dos traballadores, con anterioridade á entrada en vigor da reforma laboral.

As partes asinantes do presente convenio, facendo patente a súa vontade de chegar a un pacto polo emprego estable o máis amplo posible, por maioría absoluta de cada unha das tres centrais sindicais con representación e tamén a candidatura independente, acordan o non devengo de antigüidade do persoal que a partir deste momento se incorpore a Viza ou ó que se lle converta o contrato en indefinido.

Artigo 17º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Establécese o devengo deste plus como prima de asiduidade, nas contías que se fixan no anexo II, plus de asistencia e puntualidade, deste convenio.

O dereito á percepción deste plus perderase total ou parcialmente polas causas seguintes:

a) O plus correspondente a catro horas por falta de puntualidade, entendéndose como tal o atraso de ata media hora.

b) O plus correspondente a 8 horas, por máis de media hora, sen chegar ó día completo.

c) O correspondente a 24 horas, por falta de asistencia.

d) A saída do traballo antes da hora sinalada, unha vez consumidas as 16 horas anuais de licencia estipuladas no artigo 6º, apartado j) deste convenio, considerarase como falta de puntualidade para tódolos efectos.

Artigo 18º.-Plus de transporte.

Satisfaráselle ó persoal de cada unha das categorías que preste os seus servicios en horarios de xornada continuada, por cada día de asistencia ó traballo, a razón de 39,93 ptas/hora durante o ano 1998.

O persoal que traballe en horarios de xornada partida percibirá o dito plus de transporte por cada día de asistencia ó traballo, a razón de 79,86 ptas/hora durante o ano 1998.

As cantidades antes menciondas sufrirán, no ano 1999, o incremento salarial pactado para os ditos anos e incluídos no artigo 26º a) deste convenio.

Artigo 19º.-Plus de actividade.

Pagarase unha prima de producción de acordo co KB medio acadado mensualmente, e aplicaráselles a tódolos minutos producidos o valor asignado na escala descrita no anexo III, plus de actividades, do convenio.

Artigo 20º.-Plus de nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade para o persoal que preste os seus servicios en horario de noite, na seguinte contía: 149,28 ptas./hora para o ano 1998. A cantidade antes mencionada sufrirá no ano 1999 o incremento salarial pactado para ese ano e recollido no artigo 26º a) deste convenio.

Non devengará dereito á percepción do dito plus o persoal adscrito ós horarios de mañá, tarde ou partido. Devengará dereito á percepción do plus de nocturnidade, no número de horas que corresponda, o persoal que aínda estando adscrito ás quendas de mañá, tarde ou partida, realice prestación de traballo polo menos durante trinta minutos entre as 22 e as 6 horas (exemplo: o persoal de pintura da quenda de tarde que sae ás 23 horas). Sen embargo, debe quedar claro que, tal e como establece o Estatuto dos traballadores, non devengarán nocturnidade aqueles servicios que sexan nocturnos pola súa natureza.

Artigo 21º.-Primas de posto.

a) Persoal obreiro de oficio. Establécense as primas de posto, mínimas para todo o ano, en relación cos minutos de presencia, e aplícaselle a cada traballador o importe, en pesetas minuto, que lle corresponda segundo se encadre dentro das escalas que figuran no anexo IV, primas de posto, deste convenio.

b) Peóns ou especialistas non afectos a postos de traballo cronometrados. Establécense os importes, segundo escala, reflectidos no anexo IV, primas de posto.

Ós traballadores das categorías deste apartado b), ó causaren alta na empresa, se ocupasen postos productivos que estean sen cronometrar, pagaráselle-la prima de posto da escala A, e poderán estar nesta situación durante un perído máximo de ata tres meses.

De continuaren na mesma situación despois de transcorridos os tres meses que se indican no parágrafo anterior, ata que se lles cronometre o seu posto (momento no que pasaría a cobrar prima de producción en función do KB realizado), cobrará durante os seis meses seguintes a prima de posto correspondente á escala B; a continuación, durante outros seis meses, a prima correspondente á escala C, e en adiante, de seguir en postos sen cronometrar, a prima correspondente á escala D.

No caso de que este persoal ó que nos estamos a referir, peóns ou especialistas, fosen contratados para as seccións de taller de ferramentas, mantemento, calidade, ou para calquera outro traballo non ligado directamente á producción de pezas, a asignación da prima de posto será facultade da dirección da empresa.

Tanto os peóns e especialistas como as demais categorías laborais, cando ocupen postos productivos cronometrados, percibirán o plus de actividade en función do KB realizado, sen teren, en ningún caso, o dereito a percibi-las primas de posto que se estipulan neste artigo 19º, agás a prima que se designa para o persoal que efectúe traballos de soldadura.

Durante a vixencia deste convenio, os peóns ou especialistas con, polo menos, tres anos de antigüidade na empresa, que sexan pasados dun posto de producción cronometrado a outro posto de producción que non o estea (por exemplo, carretilleiros, repartidores, etc.) percibirán unha prima de posto

similar na súa contía ó KB medio persoalmente realizado nos seis últimos meses.

c) Persoal de pagamento mensual. Establécense as primas para as categorías e escalas que se indican no referido anexo IV do convenio.

Ó persoal de pagamento mensual, as faltas de puntualidade descontaránselle deducindo do importe asignado o seu 14/nº horas de xornada anual pactada, por cada hora de falta ó traballo.

d) Acórdase a creación das seguintes primas de posto non consolidables, en tódolos caoss considerando 14 mensualidades/ano:

-Carreteiros, 30.000 ptas./mes.

-Repartidores, 20.000 ptas./mes.

-Persoal de limpeza, 12.000 ptas./mes.

-Auxiliares administrativos na escala A, 15.000 ptas./mes.

Entenderase a característica de non consolidable como aquela que a fai devengable única e exclusivamente durante o desempeño do posto de traballo para o que foi pactada. As ditas primas de posto serán actualizables cos incrementos que sufran este e posteriores convenios colectivos.

Tódolos importes asignados de acordo con este artigo reconsideraríanse se a producción media da empresa baixase por debaixo do KB 1.20, sempre que a dita baixa de producción afectase á marcha de traballo dentro do taller de ferramentas, taller de mantemento ou oficinas técnica ou administrativa.

Individualmente, poderá modificarse a prima asignada a cada traballador, no caso dunha manifesta diminución da productividade deste, logo de apercibimento ó interesado e aviso ó comité de empresa.

O persoal das categorías do apartado c) deste artigo, cando sexa de nova contratación, non empezará a devengar esta prima de posto ata despois de seis meses de alta na empresa, e terá dereito, a partir desa data, a un 50% dela durante outro período de seis meses, finalizado o cal terá dereito á súa totalidade, sempre referido á escala A e nas condicións que se regulan neste artigo.

Deixará de percibirse esta prima de posto no caso de que o persoal que a ten asignada pase a ocupar postos de traballo cronometrados, xa que neste caso pasará a percibi-lo plus de actividade de acordo co establecido no artigo 19º deste convenio.

Créase tamén a prima de posto, o devengo da cal está en función dos minutos de presencia para o persoal obreiro que realiza traballos de soldadura CO. Os importes da dita prima plásmanse no anexo IV deste convenio.

Artigo 22º.-Revisión e creación de categorías.

Antes do 31-12-1998, a dirección procederá a iniciar estudios e valoracións internas dos postos de traballo de mantemento, taller mecánico, soldadura CO, recuperración e técnicos e administrativos, e proceder, se así se deriva das conclusións das ditas valoracións, á revisión de determinadas categorías.

Xefes de equipo.

Acórdase a creación da categoría baixo as seguintes premisas:

-A dita categoría considerarase encadrada dentro do mesmo grupo profesional que os especialistas, polo que en caso de necesidade, a mobilidade funcional dentro do grupo é total. Neste caso respectaríase o salario convenio, pero a prima do posto, ó non ser consolidable, deixaría de percibila e pasaría a cobrar prima de producción, ou calquera outro concepto relativo ó posto de traballo que pasase a desempeñar.

-Establécese expresamente un período de proba dun ano antes da consolidación da categoría.

-A retribución para o ano 1998 será de 125.000 pesetas/mes de salario convenio e 60.000 pesetas/mes de prima de posto non consolidable, é dicir, o traballador percibiraa única e exclusivamente durante o tempo no que desempeñe as funcións da súa categoría de xefe de equipo, e será actualizable na súa contía cos incrementos pactados neste a sucesivos convenios.

Artigo 23º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos-ruídos.

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica vixente, en canto á determinación dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por penosidade, toxicidade e perigosidade.

Fíxanse as seguintes contías por hora de traballo efectivo, para o persoal que ocupe postos de traballo declarados tóxicos, penosos e/ou perigosos.

a) Persoal afectado por un destes supostos, 27,72 ptas./hora para o ano 1998.

b) Persoal afectado por dous ou máis destes supostos, 42,14 ptas./hora para o ano 1998.

c) Persoal que realice traballos de pintura na cadea auxiliar de pintura, nun ou máis supostos, 88,72 ptas./hora para o ano 1998.

As cantidades antes mencionadas sufrirán, no ano 1999, o incremento salarial pactado para o dito ano e incluído no artigo 26º a) deste convenio.

Ruídos:

Aboarase o plus correspondente a traballos tóxicos, penosos e/ou perigosos a razón de 27,72 ptas. por hora de traballo efectivamente realizada durante o ano 1998, naqueles postos de traballo nos que se acaden niveis de ruído equivalente diario superiores a 90 dB(A), e en concepto da perigosidade e/ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos ditos postos.

O persoal que traballe en postos cun nivel de ruído equivalente diario comprendido entre os 80 e os 90 dB(A), percibirá durante os anos de vixencia do convenio, a cantidade de 1.000 ptas. ó ano, en concepto de perigosidade e/ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos ditos postos.

Do estudio realizado polo técnico de ASEPEYO en catro mostraxes de medicións efectuadas nos días 24 e 30-10-1996, 8-11-1996 e 18-2-1997, salvo erro de transcrición, despréndense os seguintes resultados concluíntes:

Zona de soldadura.

-Máquina 5026. Operación respaldo AR M-49. Obtéñense valores de 95,3 dB cando hai operación de quitar arestas. Cando a fabricación se realiza no quitado de arestas, os valores obtidos son de 84,8 dB.

-Máquina 5012. Operación de soldadura de respaldo ZA. Obtéñense valores de 92,4 dB.

-Máquina 5014. Soldar respaldo N2. Nivel de 90,7 dB. Desapareceu esta operación.

Zona de prensas.

-Tren de corte de tubo. Máquina 1001. Obtivéronse sempre valores de entre 98 e 100 dB. Ó realizarse actualmente as operacións de corte de tubo fóra de Viza, os traballos nesta máquina son esporádicos.

-No grupo de máquinas formado polas prensas 2015, 2016, 2008, 2017, 2013, 2018, 2019, 2020, 2021 e 2022, as medicións realizadas en traballos do M-49, en tódolos casos superaron os 90 dB (A) (efectuáronse 17 medicións). Se os traballos se fan con elementos VISA, M-24 ou N-31, nunca se acadan os 90 dB (A), agás no conformado e punzonado da base VISA na prensa 2015.

-Máquina BLM. O valor obtido foi de 86,4 dB (A).

-Serra GOMADE 1004. Realizando a mesma operación obtivéronse valores de 93,4 e 89,1 dB (A) respectivamente, dependendo de se o disco está usado ou está acabado de cambiar.

Nos postos e operacións detallados anteriormente nos que se obtiveron os mencionados resultados concluíntes con niveis de ruído superior ós 90 dB (A) de ruído equivalente diario, aboarase o plus de ruido determinado en convenio mentres, en virtude do resultado de novas medicións, non se determine que os ditos niveis baixan do limiar do 90 dB (A) de ruido equivalente diario.

Do resto do estudio despréndense os seguintes resultados provisionais:

Zona de soldadura.

-Coxín VU MF M-49, 91,5 dB. Pero detéctanse fugas de aire, o que pode distorsiona-los niveis de ruído reais. As partes acordan volver a efectuar medicións neste posto.

-Máquina 5021, VU e MF M-49. Nivel de 90,5 dB. Volverase a medir este grupo de máquinas co fin de determinar en que puntos do posto se superan os 90 dB.

Zona de prensas.

-Palonnier. Máquina 6010. Das tres medicións obtidas só unha delas superou os 90 dB (90,2 dB) e reduciuse a 88,9 unha vez pechadas as ventás do posto. Aclararase se o método operatorio é coas

ventás da máquina pechadas ou abertas e volveranse a efectuar medicións.

-No grupo de máquinas formado polas prensas 2101, 2014, 2011 e 2009, os valores obtidos estiveron por debaixo dos 90 dB (A). Dado o escaso das mostras obtidas, volverase a medir detallando operacións.

-Por non ser concluíntes os valores obtidos ou resultar escasas as mostraxes, volveranse a efectuar medicións en: conxunto 6002-2007-5006, conxunto 6204-6205, reductora 6001 e cisalla 1201.

Para determina-lo nivel de ruído nos postos e operacións enumerados na anterior alínea de resultados provisionais, ASEPEYO deberá efectuar novas medicións antes do día 31 de outubro. En caso de non cumprirse o dito prazo de tempo para a obtención de novas medicións, e de resulta-lo dito incumprimento derivado de causas imputables á empresa, esta aboaralle a todo o persoal da sección de prensas o plus de ruídos mentres non se efectúe o mencionado estudio.

Efectuaranse, ademais, novas medicións nos postos situados na plataforma e empregaranse dosímetros para determina-los niveis de exposición ó ruído do persoal de mantemento.

Artigo 24º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas a razón de trinta días sobre salario convenio, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade e prima de posto, por partes proporcionais ó tempo efectivamente traballado.

Ademais, satisfarase a media do plus de actividade ou prima de posto, de acordo coas fórmulas seguintes:

Paga de verán: pesetas de plus de actividade ou prima de posto percibidas durante o primeiro semestre do ano en curso, dividido entre seis.

Paga de Nadal: pesetas de plus de actividade ou prima de posto percibidas nas pagas ordinarias de xullo e novembro do ano correspondente, ambas inclusive, dividido entre cinco.

As pagas extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas os días 17 de xullo e 20 de decembro respectivamente. En caso de coincidiren as ditas datas en domingo ou festivo, os pagamentos satisfaranse o día anterior.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

A retribución das horas extraordinarias será a que figura segundo categorías, escalas e KB realizado, nos anexos V e V bis, horas extraordinarias.

Se as circunstancias técnicas ou productivas así o esixiren, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano.

Naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, considerarase obrigatoria a realización de horas extraordinarias. A posible realización de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

Artigo 26º.-Pagamento de nóminas.

a) O pagamento dos haberes devengados efectuarase por períodos mensuais naturais vencidos, e o pagamento satisfarase a través dunha entidade bancaria ou caixa de aforros, mediante pagamento na conta do traballador, o día 30 de cada mes, dun anticipo a conta de 100.000 ptas. e procederase o día 15 do mes seguinte á liquidación definitiva dos haberes devengados no mes anterior.

En caso de coincidiren os ditos días en domingo ou festivo, os pagamentos citados satisfaranse o día anterior ás ditas datas.

b) Acórdase, co obxecto de facilita-los cálculos e comprensión da nómina, converte-los importes de pesetas/horas, pesetas/minuto, etc., das táboas salariais actuais, a importes de pesetas/mes iguais para tódolos meses do ano e pagas extraordinarias.

A conversión realizarase en xaneiro do 1999, en acordo co comité de empresa, garantindo totalmente a retribución bruta anual. Para iso observaranse tódolos detalles necesarios, por exemplo, a incidencia de anos bisestos.

Artigo 27º.-Revisión salarial.

a) Incremento salarial. Acórdase un incremento salarial para cada un dos dous anos de vixencia do convenio, dun +0,85% sobre o IPC previsto oficialmente para cada ano.

As táboas salariais que se van aplicar ó comezo de cada un dos anos de vixencia do convenio serán as definitivas do ano anterior (unha vez aplicada a cláusula de revisión salarial se así procedese) incrementadas na porcentaxe de previsión oficial de incremento do IPC para ese ano, mailo 0,85%.

b) Cláusula de revisión salarial. En caso de que o IPC rexistrase a final de cada un dos anos de vixencia do convenio unha evolución superior ó IPC previsto oficialmente, efectuarase unha revisión salarial con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro do ano do que se trata, da diferencia entre ámbolos IPC.

Artigo 28º.-Seguridade e hixiene.

A empresa dotará o persoal da adecuada roupa de traballo.

O persoal obreiro recibirá unha toalla, unha funda, bata ou conxunto de chaqueta e pantalón (segundo necesite para o desenvolvemento do seu labor), como mínimo cada seis meses, e un par de botas ó ano.

A dirección contratará un recoñecemento médico anual, como mínimo, para todo o persoal. O tempo empregado neste considerarase como de traballo efectivo.

A xornada na que se realice o recoñecemento médico, o persoal non acudirá ó traballo.

Á hora de confecciona-lo calendario anual, trasladaranse a outra xornada distinta da que se efectúa o recoñecemento médico, as horas non empregadas na realización deste. Neste caso, mentres non varíen as actuais circunstancias organizativas (desprazamentos, tempos de espera, distancias ó centro médico) considerarase que o tempo necesario para a realización do recoñecemento é de tres horas. Se se

modificase a organización, tería que modificarse o tempo considerado para a súa realización e amplialo ou reducilo para acomodalo ás novas circunstancias.

O persoal comprométese á limpeza semanal do seu posto de traballo, como contribución á maior hixiene posible dentro do centro de traballo. Para tal fin, a empresa habilitará o tempo necesario para a realización da limpeza do posto e o dito tempo será considerado como tempo efectivo de traballo.

Artigo 29º.-Previsión e política social.

a) Nos casos de baixa por accidente, a empresa pagará o salario convenio, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade e prima de posto, como se o persoal afectado estivese traballando en fábrica. En canto á prima de producción, percibirá o promedio do KB realizado nos últimos seis meses de traballo efectivo.

Respecto ás baixas de enfermidade, se durante o seu proceso se produce intervención cirúrxica ou hospitalización, procederase de igual forma ó establecido no parágrafo anterior.

b) A dirección, na primeira baixa do ano por enfermidade, completará as prestacións da Seguridade Social, durante un período abranguido entre o cuarto día a partir da baixa e ata o vixésimo día inclusive, ata o 75% da base reguladora.

Embarado. Se durante o período de xestación, o facultativo expide baixa médica relacionada con dita xestación, a empresa aboaralla á traballadora o 100% da base de cotización do mes anterior durante os tres primeiros días da dita baixa médica, mesmo non sendo a primeira baixa do ano. A baixa por este motivo non computará como tal para efectos de considera-la primeira baixa do ano (a primeira baixa posterior a unha deste tipo será considerada a primeira baixa do ano).

c) A dirección contribuirá , en concepto de axuda escolar anual durante o ano 1998, para cada un dos fillos dos traballadores, coas seguintes asignacións:

A partir dos 3 anos de idade e para educación primaria e para os dous primeiros anos de educación secundaria, 10.612 ptas.

Para estudiantes de terceiro e cuarto de educación secundaria, bacharelato e formación profesional, 19.778 ptas.

Para a realización de estudios superiores, 30.110 ptas.

Estas axudas faranse efectivas coas nóminas do mes de agosto ou setembro, logo de entrega dos xustificantes. Nos casos nos que a matrícula se formalice con posterioridade a estes meses, por exemplo, algúns casos de ensino universitario, a axuda farase efectiva na nómina do mes no que se formalice a dita matrícula.

d) Seguro de vida colectivo: as condicións deste seguro figuran no duplicado da póliza que consta en poder do comité de empresa, e cada un dos asegurados terá unha copia del.

Mantense nas contías actuais: incapacidade permanente absoluta ou falecemento por calquera cau

sa: 1.500.000 pesetas, accidente laboral, 3.000.000 de pesetas, accidente de tráfico, 4.500.000 de pesetas.

A empresa quedará eximida de toda responsabilidade derivada do non cumprimento da obriga de concerta-la póliza de seguro establecido no presente convenio, en casos de traballadores ós que, polas súas condicións físicas, a compañía de seguros rexeite a súa inclusión na póliza contratada. Os ditos casos seranlles comunicados por escrito ó comité de empresa e ó traballador afectado, xuntando a negativa da compañía aseguradora.

e) A dirección concédelles ós traballadores as axudas económicas seguintes:

Por contraer matrimonio, 33.405 ptas.

Por nacemento de fillo, 15.195 ptas.

Por non poder acceder a dota-lo noso persoal dun economato laboral propio da empresa, cada un dos traballadores percibirá nas pagas extraordinarias de verán e Nadal, a cantidade de 9.889 ptas. en cada unha delas.

f) A dirección disporá dun importe total de ata 6.500.000 ptas. para préstamos ó persoal, co fin de que poidan facer fronte a gastos extraordinarios, os cales deben ser debidamente xustificados, e terá preferencia o destinado á adquisición de vivenda, nas condicións seguintes:

-Cantidade máxima de préstamo por empregado, 800.000 ptas.

-Prazo máximo de amortización, 48 meses.

Por ser libres de xuro, o beneficiario farase cargo do gasto fiscal qque implique, por aplicación da Lei 18/1991, do 8 de xuño do IRPF sobre retribucións en especie.

A dirección informará o comité de empresa periodicamente dos préstamos solicitados, os concedidos e os fondos dispoñibles.

Os importes das axudas escolares, matrimonio e nacemento de fillos antes mencionados, sufrirán nos anos 1999 o incremento salarial pactado para o dito ano e incluído no artigo 26º a) deste convenio.

Artigo 30º.-Contratación.

a) Contrato de obra

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15.1º letra a) do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Os ditos contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que representan que, limitados no tempo e cunha duración que sexa certa ou poida preverse, estean directa ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa. A presente inclusión neste convenio non poderá entenderse en ningún caso como unha limitación á modalidade contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

b) Empresas de traballo temporal

O persoal pertencente ás empresas de traballo temporal reguladas pola Lei 14/1994, do 1 de xuño,

que preste os seus servicios en Viza durante os anos 1998 e 1999, percibirá como mellora ás condicións retributivas que fixe o convenio colectivo que lle sexa de aplicación:

1. Prima de producción. O persoal de ETT's que preste os seus servicios en postos cronometrados percibirá o 90% da contía da prima de producción fixada para Viza durante os seis primeiros meses de permanencia continuada na empresa. A partir do sétimo mes, percibirá o 100% do dito concepto salarial.

2. Plus de transporte. O persoal de ETT's que preste os seus servicios en Viza percibirá 200 pesetas por día laborable en tal concepto.

3. Primas de posto. Acórdase aboarlle as primas de posto correspondentes ó convenio de Viza ó persoal de ETT's que ocupe postos de carreteiros, repartidores, persoal de limpeza e auxiliares administrativos. O importe que percibirán será do 80% durante os seis primeiros meses e do 100% a partir do sétimo mes.

4. Porcentaxe máxima persoal de ETT's. A porcentaxe máxima de persoal de ETT's poderá ser en cada momento de ata un 20% de todo o persoal que traballe en Viza (incluíndo o propio persoal de ETT's). Non obstante, en períodos de punta de producción ou incorporación masiva deste tipo de persoal, poderase superar esta porcentaxe por un período máximo de ata dous meses.

Para as melloras referidas nos parágrafos anteriores, non rexe o principio de retroactividade ó un de xaneiro do ano en curso, polo que será de aplicación a partir da data na que se asine o presente convenio colectivo.

c) Pacto polo emprego.

As partes asinantes do presente convenio colectivo, conscientes da importancia e trascendencia social dun emprego estable e de calidade, e no ánimo de contribuír a iso do xeito máis efectivo posible, acordan:

1. Conversión de contratos eventuais Viza en contratos indefinidos. Durante a vixencia do presente convenio colectivo, procederase á conversión en contratos indefinidos do 50% dos contratos eventuais de Viza. A porcentaxe de conversións será de aproximadamente o 33% do acordado cada seis meses a partir do asinamento deste acordo.

No caso de que as circunstancias económicas e as expectativas da empresa no tocante á carga de traballo así o permitan, a dirección comprométese a estudia-la posibilidade de conversión dunha porcentaxe similar dos contratos eventuais restantes en contratos indefinidos, durante os anos 2000 e 2001.

2. Conversión de contratos de persoal de ETT's en contratos eventuais Viza. Durante os tres meses posteriores ó asinamento do presente acordo, traspasarase o 25% de persoal de ETT's presente en Viza a contratos eventuais de Viza.

Para facer viable economicamente e facilitar no tempo as conversións de contratos mencionadas nos números anteriores, acórdase:

2.1. Duración dos contratos eventuais de duración determinada, por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos. A duración

dos ditos contratos, regulados no vixente artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses, contados desde o momento no que se produzan as ditas causas, tal e como establece o convenio colectivo para as empresas do metal da provincia de Pontevedra.

2.2. O persoal que se incorpore a VIZA a partir do asinamento do presente acordo, así como o persoal que, estando actualmente en VIZA con contrato eventual ou ETT,s, acceda a contrato indefinido ou eventual en VIZA, non devengará dereito á percepción do plus de antigüidade.

Disposicións adicionais

Primeira.-O comité de empresa que asina o presente convenio desiste expresamente durante a súa vixencia do exercicio do dereito de folga nos conflictos derivados da aplicación de calquera das materias contidas nel.

No suposto de discrepancias sobre a aplicación do convenio, procederase da seguinte forma:

1. A comisión paritaria coñecerá do conflicto e emitirá informe.

2. En caso de persistiren as discrepancias, o conflicto someterase a un procedemento de mediación para intenta-la consecución dun acordo entre as partes. A elección de mediador realizarase logo de acordo das partes.

3. De resultar infructuosa a mediación e non haber acordo, quedará a criterio das partes acudir a un sistema de arbitraxe ou ben acudir ó ámbito xudicial competente.

A presente disposición adicional considerarase, para tódolos efectos, como cláusula de carácter obrigatorio.

Segunda.-A parte social desistirá de tódalas accións xudiciais ou administrativas en materia de penosidade e/ou perigosidade por ruídos, pendentes de resolución e iniciadas con anterioridade á sinatura do presente acordo.

Terceira.-Establécese que en cada un dos anos de duración do presente convenio, o traballador contribuirá con dúas horas para formación. As ditas horas non computarán como xornada efectiva de traballo para efecto do número de horas establecido no artigo 5º do presente convenio (xornada de traballo), e os gastos de desprazamento ocasionados en cada unha das xornadas nas que deba cumprir con tal obriga serán retribuídos a razón de 500 pesetas de transporte por xornada, sempre e cando as ditas horas ocasionen por sí mesmas un desprazamento.

O comité será informado dos plans de formación antes da súa realización, estudiaranse as suas suxestións e será informado do desenvolvemento da formación na empresa.

Disposición derradeira

Única.-Lexislacións subsidiarias.

En todo o non previsto no presente texto, haberá que aterse ó disposto na derrogada ordenanza laboral

para a industria siderometalúrxica, do 29 de xullo de 1970, así como á Lei 8/1980, do 19 de marzo, do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de carácter xeral.

Compromisos adicionais que non forman parte do texto do convenio

1. Absentismo.

A comisión negociadora do presente convenio, á vista dos índices de absentismo existentes na empresa e conscientes de que só unha clara concienciación de todos fará posible a súa reducción, proponse que durante a vixencia do presente convenio, o índice de absentismo teña reduccións significativas.

Para tal efecto, mensualmente se publicarán no taboleiro de anuncios os datos de absentismo do mes, o acumulado do ano e a súa relación co mesmo período do ano anterior.

Así mesmo, nace o compromiso de estudiar, en próximos convenios, as medidas necesarias tendentes a reconduci-los ditos índices a niveis razoables.

2. Sistema de clasificación profesional.

As partes asinantes do presente acordo propóñense estudiar e tratar de consensuar durante a súa vixencia e de cara á súa posible inclusión no vindeiro convenio, un novo sistema de clasificación profesional máis acorde coa situación actual.

3. Fondo de pensións.

Con base nas continuas dúbidas suscitadas ultimamente sobre a viabilidade futura do sistema público de pensións e conscientes da importancia que previsiblemente terá nun futuro o aforro individual como medio para complementar ou substituí-las prestacións ofrecidas polo dito sistema público, as partes asinantes deste acordo comprométense a estudiar, durante a súa vixencia e de cara á súa posible inclusión no vindeiro convenio, medidas tendentes a establecer sistemas complementarios de previsión privada do tipo dos antes mencionados.

a) Empresas de traballo temporal.

O persoal pertencente ás empresas de traballo temporal reguladas pola Lei 14/1994, do 1 de xuño, que preste os seus servicios en Viza durante os anos 1998 e 1999, percibirá como mellora das condicións retributivas que fixe o convenio colectivo que lles sexa de aplicación:

1. Prima de producción. O persoal de ETT's que preste os seus servicios en postos cronometrados percibirá o 90% da contía da prima de producción fixada para Viza durante os seis primeiros meses de permanencia continuada na empresa. A partir do sétimo mes, percibirá o 100% do dito concepto salarial.

2. Plus de transporte. O persoal de ETT's que preste os seus servicios en Viza percibirá 200 pesetas por día laborable en tal concepto.

3. Primas de posto. Acórdase aboarlle as primas de posto correspondentes ó convenio de Viza ó persoal de ETT's que ocupe postos de carreteiros, repartidores, persoal de limpeza e auxiliares administrativos. O importe que percibirán será o 80% durante os seis primeiros meses e do 100% a partir do sétimo mes.

4. Porcentaxe máxima persoal de ETT's. A porcentaxe máxima de persoal de ETT's poderá ser en

cada momento de ata un 20% de todo o persoal que traballe en Viza (incluíndo o propio persoal de ETT's). Non obstante, en períodos de punta de producción ou incorporación masiva deste tipo de persoal, poderase superar esta porcentaxe por un período máximo de ata dous meses.

Para as melloras referidas nos parágrafos anteriores, non rexe o principio de retroactividade ó un xa de xaneiro do ano en curso, polo que será de aplicación a partir da data na que se asine o presente convenio colectivo.

b) Pacto polo emprego.

As partes asinantes do presente convenio colectivo, conscientes da importancia e trascendencia social dun emprego estable e de calidade, e no ánimo de contribuír a iso do xeito máis efectivo posible, acordan:

1. Conversión de contratos eventuais Viza en contratos indefinidos. Durante a vixencia do presente convenio colectivo, procederase á conversión en contratos indefinidos do 50% dos contratos eventuais de Viza. A porcentaxe de conversións será de aproximadamente o 33% do acordado cada seis meses a partir do asinamento deste acordo.

ANEXO I

Salario convenio

Ano 1998

Persoal horario

Categorías profesionaisPtas. brutas

Hora

Oficial de 1ª530.19
Oficial de 2ª505.31
Oficial de 3ª492.88
Especialista488.69
Peón386.59
Traball., 17 anos256.87
Traball., 16 anos222.20

Persoal mensual

Categorías profesionaisPtas. brutas

Mes

Técnicos titulados
Peritos201.580
Enx. Téc. industrial186.392
Técnicos de taller
Xefe de taller172.585
Mestre de taller150.494
Mestre segundo140.000
Contramestre150.494
Encargado138.067
Xefe de equipo de producción125.000

Persoal mensual

Categorías profesionaisPtas. brutas

Mes

Técnicos de oficina
Delineante proxectista157.815
Delineante de primeira136.687
Delineante de segunda120.119
Organización científica do

traballo e Admtvos.

Xefe de primeira172.585
Xefe de segunda154.635
Técnico ou oficial de 1ª136.687
Técnico ou oficial de 2ª125.642
Auxiliar105.484
Persoal subalterno
Chofer de camión121.500
Almaceneiro121.500
Ordenanza86.983

ANEXO II

Plus de asistencia e puntualidade

Ano 1998

Persoal horario

Categorías profesionaisPtas. brutas

Hora

Oficial de 1ª73.22
Oficial de 2ª73.22
Oficial de 3ª73.22
Especialista73.22
Peón73.22
Traball., 17 anos27.62
Traball., 16 anos20.67

Persoal mensual

Categorías profesionaisPtas. brutas

Mes

Técnicos titulados
Peritos17.807
Enx. Téc. industrial17.807
Técnicos de taller
Xefe de taller17.807
Mestre de taller17.807
Mestre segundo17.807
Contramestre17.807
Encargado17.807
Xefe de equipo de producción17.807

Persoal mensual

Categorías profesionaisPtas. brutas

Mes

Técnicos de oficina
Delineante proxectista17.807
Delineante de primeira17.807
Delineante de segunda17.807
Organización científica do

traballo e Admtvos.

Xefe de primeira17.807
Xefe de segunda17.807
Técnico ou oficial de 1ª17.807
Técnico ou oficial de 2ª17.807
Auxiliar17.807
Persoal subalterno
Chofer de camión17.807
Almaceneiro17.807
Ordenanza17.807

ANEXO III

Plus de actividade

Ano 1998

KB. medio alcanzadoPtas./minuto

producido

KB. 1.000.44
KB. 1.010.53
KB. 1.020.60
KB. 1.030.68

KB. medio alcanzadoPtas./minuto

producido

KB. 1.040.76
KB. 1.050.83
KB. 1.060.91
KB. 1.071.00
KB. 1.081.07
KB. 1.091.14
KB. 1.101.20
KB. 1.111.31
KB. 1.121.37
KB. 1.131.45
KB. 1.141.52
KB. 1.151.60
KB. 1.161.68
KB. 1.171.74
KB. 1.181.84
KB. 1.191.90
KB. 1.201.97
KB. 1.212.06
KB. 1.222.14
KB. 1.232.22
KB. 1.242.29
KB. 1.252.35
KB. 1.262.45
KB. 1.272.51
KB. 1.282.59
KB. 1.292.67
KB. 1.302.74
KB. 1.312.82
KB. 1.322.89
KB. 1.332.98
KB. 1.343.00
KB. 1.353.02
KB. 1.363.05
KB. 1.373.08
KB. 1.383.10
KB. 1.393.13
KB. 1.403.18

ANEXO IV

Primas de posto

Ano 1998

Persoal obreiro de oficio(Ptas./minuto)

CategoríasEscalas

profesionaisABCDEF

Oficial de 1ª5.546.176.236.43
Oficial de 2ª4.845.175.546.16
Oficial de 3ª1.161.973.134.164.734.81

Peóns ou especialistas non afectos a postos cronometrados(Ptas./minuto)

CategoríasEscalas

profesionaisABCDEF

Peóns0.812.553.103.674.084.79
Especialistas0.812.553.103.674.084.79

Persoal mensual(Ptas./mes)

CategoríasEscalas

profesionaisABCDEF

Técnicos titulados
Peritos19.52252.658
Enx. Téc. industrial19.52252.658
Técnicos de taller
Xefe de taller59.08069.35677.061121.242
Mestre de taller69.35678.34692.475103.012
Mestre segundo61.64968.36072.50077.061
Contramestre42.38348.80760.36592.826
Encargado24.40333.393
Técnicos de oficina
Delineante proxectista59.08067.81480.91595.684
Delineante de primeira46.23752.65859.94866.787
Delineante de segunda25.687
Organización científica do

traballo e Admtvos.

Xefe de primeira61.649
Xefe de segunda61.649
Técnico ou oficial de 1ª46.23752.65859.94875.810
Técnico ou oficial de 2ª25.68733.39342.38367.107
Auxiliar7.70615.41347.77952.658
Persoal subalterno
Chofer de camión25.68733.39341.19543.667
Almaceneiro25.68733.39344.88948.960
Ordenanza7.706

Persoal que realiza traballos de soldadura CO

KB. medio alcanzadoPtas./minuto

KB. 1,000.07
De KB. 1,01 a KB. 1,060.15
De KB. 1,07 a KB. 1,120.23
De KB. 1,13 a KB. 1,180.28
De KB. 1,19 a KB. 1,240.34
De KB. 1,25 a KB. 1,300.39
De KB. 1,31 a KB. 1,400.45

ANEXO V

Horas extraordinarias

Ano 1998

Precios/hora do persoal non suxeito a KB.

CategoríasABCDEF

profesionaisDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivos

Oficial 1ª1.3271.5921.6571.9901.6972.0351.7012.0391.7122.055
Oficial 2ª1.2791.5341.5691.8841.5891.9051.6101.9321.6461.978
Oficial 3ª1.2551.5041.3251.5891.3731.6461.4431.7321.5031.8051.5381.8461.5431.851
Especialista1.2471.4961.2941.5551.4001.6791.4331.7191.4661.7581.4901.7871.5341.841
Peón1.0501.2611.1001.3201.2031.4451.2371.4851.2701.5261.2941.5551.3371.606
Técnicos titulados
Peritos1.9012.2811.9832.3782.1212.546
Enx. Téc. Industr.1.7822.1391.8632.2352.0012.402
Técnicos de taller
Xefe de taller1.6732.0081.9192.3031.9622.3521.9952.3932.1782.613
Mestre de taller1.4981.7981.7862.1451.8242.1901.8842.2611.9272.312
Mestre segundo1.4161.7001.6732.0081.7012.0401.7181.0611.7372.084
Contramestre1.4981.7981.6752.0101.7022.0411.7502.1001.8862.263
Encargado1.4011.6801.5021.8031.5391.848
Técnicos de oficina
Delineante proxectista1.5571.8681.8032.1631.8402.2061.8932.2731.9562.345
Delineante de primeira1.3901.6691.5831.8991.6091.9311.6401.9681.6692.002
Delineante de segunda1.2591.5101.3661.639
Org. Cientif. traballo e Admtvos.
Xefe de primeira1.6732.0081.9292.315
Xefe de segunda1.5311.8381.7872.145
Téc. ou oficial de 1ª1.3901.6691.5831.8991.6091.9311.6401.9681.7062.047
Téc. ou oficial 2ª1.3031.5641.4101.6941.4421.7311.4791.7761.5831.898
Auxiliar1.1441.3711.1761.4111.2071.4501.3421.6111.3631.636
Persoal subalterno
Chofer de camión1.2691.5251.3761.6501.4091.6911.4411.7301.4511.741
Almaceneiro1.2691.5251.3761.6501.4091.6911.4561.7481.4731.768
Ordenanza 9981.1961.0301.235

ANEXO V bis

Horas extraordinarias

Ano 1998

Precios/hora do persoal suxeito a KB.

Categorías

KB.Oficial 1ªOficial 2ªOficial 3ªEspecialistaPeón

DiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivos

1.001.3531.6241.3051.5671.2811.5361.2731.5281.0781.293
1.011.3591.6301.3111.5721.2871.5441.2781.5341.0831.300
1.021.3631.6361.3151.5781.2911.5501.2841.5401.0881.305
1.031.3681.6421.3221.5851.2971.5571.2881.5461.0931.312
1.041.3731.6481.3271.5911.3021.5621.2941.5521.0981.317
1.051.3791.6541.3311.5971.3061.5681.2991.5591.1051.325
1.061.3851.6621.3361.6041.3121.5751.3041.5661.1101.331
1.071.3901.6681.3411.6101.3171.5821.3101.5711.1151.336
1.081.3961.6761.3481.6171.3251.5891.3151.5781.1201.343
1.091.4001.6801.3531.6241.3291.5951.3211.5841.1241.349
1.101.4061.6871.3591.6301.3341.6001.3271.5911.1311.357
1.111.4121.6961.3641.6371.3391.6081.3321.5981.1381.364
1.121.4181.7021.3691.6431.3451.6141.3371.6051.1431.370
1.131.4241.7091.3771.6511.3531.6221.3431.6121.1491.379
1.141.4311.7161.3841.6601.3591.6301.3501.6201.1541.386
1.151.4371.7221.3891.6671.3641.3671.3571.6271.1611.394
1.161.4431.7331.3961.6751.3701.6441.3631.6351.1671.402
1.171.4491.7391.4021.6811.3771.6511.3681.6421.1741.409
1.181.4561.7471.4091.6911.3851.6611.3761.6501.1801.417
1.191.4621.7551.4151.6981.3901.6691.3831.6571.1871.424

Precios/hora do persoal suxeito a KB.

Categorías

KB.Oficial 1ªOficial 2ªOficial 3ªEspecialistaPeón

DiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivosDiarioFestivos

1.201.4691.7611.4211.7061.3971.6761.3891.6671.1931.432
1.211.4761.7721.4271.7141.4041.6841.3961.6761.1991.441
1.221.4811.7791.4361.7211.4111.6941.4031.6821.2061.449
1.231.4901.7871.4421.7321.4181.7031.4101.6921.2151.458
1.241.4961.7941.4491.7391.4241.7101.4171.7001.2211.465
1.251.5021.8041.4541.7461.4311.7171.4221.7071.2261.473
1.261.5101.8141.4621.7651.4391.7251.4311.7161.2341.481
1.271.5161.8211.4701.7631.4451.7351.4381.7241.2431.490
1.281.5261.8301.4771.7741.4531.7441.4451.7351.2511.499
1.291.5321.8411.4851.7811.4601.7521.4521.7431.2571.508
1.301.5401.8481.4931.7901.4681.7601.4591.7511.2631.516
1.311.5491.8581.5001.8001.4761.7721.4691.7601.2731.528
1.321.5561.8661.5071.8111.4841.7801.4751.7711.2801.535
1.331.5651.8771.5151.8201.4921.7891.4841.7801.2881.546

9227