Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fixan as normas do sorteo de permisos de pesca en coutos para a tempada de 1999.

De conformidade co establecido no artigo 34 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), correspóndelle a esta dirección xeral fixa-las normas que rexerán o sorteo de permisos de couto para pescadores.

Para a tempada de pesca de 1999 as normas do sorteo de permisos serán as seguintes:

-As solicitudes presentaranse antes das 14 horas do 16 de novembro no rexistro do servicio provincial de Medio Ambiente Natural que corresponda, ou mediante os procedementos descritos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-En cada servicio provincial de Medio Ambiente Natural e na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural estarán á disposición dos pescadores os correspondentes modelos de solicitude.

-O sorteo terá lugar nos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural o día 25 de novembro.

-A hora do sorteo, os procedementos do sorteo e de selección de permisos e outras normas complementarias serán establecidas por cada servicio

provincial de Medio Ambiente Natural e expostas no taboleiro de anuncios de cada delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1998.

Tómás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

8894