Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998 pola que se convocan unhas xornadas sobre intervención do axente no procedemento sancionador en materia de tráfico.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre intervención do axente no procedemento sancionador en materia de tráfico, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 150.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 17 de novembro de 1998.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 25 e 26 de novembro de 1998.

O horario será en xornada de mañá (9.30 a 14 horas) e tarde (16.30 a 20 horas) o día 25, e en sesión de mañá o día 26.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 20 de novembro de 1998 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Salón de actos da Academia Galega de Seguridade, sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a estas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de setembro de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

9135