Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 30 de setembro de 1998 pola que se comunica a ampliacion do importe existente para a concesión de axudas para a creación no litoral de infraestructuras para actividades de tipo turístico, cultural e de lecer vinculadas ó mar, convocadas por Orde do 11 de maio de 1998.

A Orde do 11 de maio de 1998 (DOG nº 29, do 26-5-1998), pola que se regula a concesión de axudas para a creación no litoral de infraestructuras para actividades de tipo turístico, cultural e de lecer vinculadas ó mar, establecía no seu artigo 1, parágrafo 2º, unha limitación á contía máxima das axudas cifrada en dezaseis millóns de pesetas.

A incorporación de remanentes de crédito de anos anteriores permite dispoñer de máis fondos para a concesión das axudas convocadas pola dita orde. Dado que nela se limitaba a cantidade máxima á existente no orzamento vixente, parece conveniente facer público o incremento da dita contía.

Polo exposto

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase o importe máximo das axudas convocadas pola Orde do 11 de maio de 1998 ata a cantidade de 32.666.667 pesetas con cargo á partida orzamentaria 12.04.770.0 do programa 342.A. do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.

P.O. (17-12-1997, DOG nº 246, do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

8146