Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 269/1998, do 24 de setembro, polo que se crean institutos de educación secundaria nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 31 e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 23 de xullo establece que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a competencia en materia de educación.

Promulgada a Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, de acordo co Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarios e o Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, polo que se modifica e completa o Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, e dada a demanda de postos escolares, faise preciso a creación de institutos de educación secundaria, tendo en conta as necesidades, a racional distribución das ensinanzas e as características de cada zona.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria ó abeiro do artigo 17 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación e o artigo 1.3º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de setembro mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créanse os institutos de educación secundaria nos seguintes concellos:

Provincia da Coruña

ConcelloDenominaciónUnidades

BoiroIES nº 120

CamariñasIES de Camariñas14

CambreIES nº 224

CarnotaIES de Carnota18

A CoruñaIES nº 222

CulleredoIES nº 124

FisterraIES de Fisterra8

MurosIES nº 110

MuxíaIES de Muxía12

OleirosIES nº 116

OrdesIES nº 216

OrosoIES de Oroso8

OutesIES de Outes12

Provincia de Lugo

ConcelloDenominaciónUnidades

LugoIES nº 224

A PastorizaIES da Pastoriza8

Provincia de Ourense

ConcelloDenominaciónUnidades

VerínIES nº 112

Provincia de Pontevedra

ConcelloDenominaciónUnidades

BarroIES de Barro8

BueuIES nº 112

A EstradaIES nº 112

GondomarIES nº 212

O GroveIES nº 28

A Illa de ArousaIES da Illa de Arousa8

MarínIES nº 112

MeañoIES de Meaño12

Ponte-CaldelasIES de Ponte-Caldelas18

RedondelaIES nº 112

Salvaterra de MiñoIES de Salvaterra de Miño18

SanxenxoES de Sanxenxo12

SilledaIES de Silleda18

ValgaIES de Valga18

VigoIES nº 220

Vila de CrucesIES de Vila de Cruces18

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adoptará as medidas necesarias para o mellor cumprimento do anteriormente sinalado e determinará as ensinanzas que se impartan e o cadro de persoal docente, administrativo e subalterno necesario para o máis eficaz desenvolvemento das actividades docentes.

Disposición derradeira

Única.-O presente decreto entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

8980