Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 268/1998, do 24 de setembro, polo que se crea cadanseu colexio de educación infantil e primaria nos concellos de Culleredo (A Coruña) e de Barbadás (Ourense).

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 31, e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 23 de xullo, establecen que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a competencia en materia de educación.

Tendo en conta as necesidades escolares, a racional distribución de ensinanzas e as características da zona, procédese a crear un colexio de educación infantil e primaria no concello de Culleredo (A Coruña) e un colexio de educación infantil e primaria no concello de Barbadás (Ourense).

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ó abeiro do artigo 17 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, e ó artigo 1.2º do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo

Decreto 374/1996, do 17 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase un colexio de educación infantil e primaria no concello de Culleredo (A Coruña), con capacidade para 6 unidades de educación infantil e 12 de educación primaria.

Artigo 2º

Créase un colexio de educación infantil e primaria no concello de Barbadás (Ourense), con capacidade para 3 unidades de educación infantil e 9 de educación primaria.

Artigo 3º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adoptará as medidas necesarias para o cumprimento do anteriormente sinalado.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

8963