Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1998, da Comisión de selección do V curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios da Xunta de Galicia, convocado por Resolución do 14 de agosto de 1998, pola que se anuncia a relación de admitidos ó curso.

En sesión celebrada o día 5 de outubro de 1998, pola comisión designada para a selección dos participantes no V curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios, convocado por Resolución do 14 de agosto de 1998 (DOG nº 169, do 1 de setembro), acordouse a selección definitiva dos aspirantes que realizarán o mencionado curso.

A relación dos seleccionados está exposta no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, podendo os interesados interpor recurso ordinario no prazo dun mes, ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1998.

Jaime Bouzada Romero

Presidente da comisión

8962