Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.969

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 267/1998, do 10 de setembro, de integración na escala de profesores de capacitación agraria de determinados funcionarios da Xunta de Galicia.

A Lei 12/1992, do 9 de novembro, pola que se crean determinadas escalas de persoal funcionario ó servicio da Xunta de Galicia, no seu artigo 3.4º creou a escala de profesores de capacitación agraria e, na súa disposición adicional terceira, establece que se integrarán na escala os/as funcionarios/as ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que reúnan os requisitos que o dito precepto determina.

En aplicación da disposición adicional quinta da Lei 12/1992, do 9 de novembro, engadida pola Lei 2/1993, do 15 de abril, mediante Decreto 145/1996, do 17 de abril, integrouse determinados funcionarios da Xunta de Galicia na indicada escala de profesores de capacitación agraria, que reunían os requisitos esixidos pola disposición adicional terceira da Lei 12/1992, do 9 de novembro, omitíndose uns funcionarios nos que, ó igual que os incluídos no anexo do decreto, concorrían as circunstancias determinantes da integración na indicada escala.

Por isto, resulta necesario amplia-lo anexo do Decreto 145/1995, do 17 de abril, no sentido de incluír nel os funcionarios os que se refire o presente decreto.

Na súa virtude, oída a Comisión de Persoal, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de setembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.

Quedan integrados na escala de profesores de capacitación agraria, dentro do corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, engadíndose á relación do anexo do Decreto 145/1996, do 17 de abril (publicado no DOG nº 81, do 25 de abril), os funcionarios axentes de extensión agraria-profesores, que se relacionan no anexo I deste decreto.

Artigo segundo.

Denégase a integración na escala de profesores de capacitación agraria solicitada polos funcionarios que se relacionan no anexo II deste decreto por non pertencer á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A integración a que se refire o presente decreto terá efectos do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de setembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Apelidos e nomeDNI

Alonso Rosano, Jesús117.517

Molina Vázquez, Juan José51.586.854

Quintela Peteiro, Juan32.265.826

Soto Soto, Atilano10.528.407

ANEXO II

Apelidos e nomeDNI

Cardador Canelo, Florencio7.415.185

Sanmartín Vázquez, Tomás33.752.966

8984