Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se comunica o inicio do expediente sancionador E.S. 125/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente sancionador: o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, o 15-6-1998, tomou o acordo de incoar expediente sancionador a Juan Carlos García Santirso co número de rexistro C-0261, categoría EG-II, facendo constar como domicilio a rúa Barcelona nº 121, local 19 da Coruña. Noméase como instructor do expediente o funcionario José Manuel Liaño Pedreira, sen prexuízo do disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en canto á súa recusación, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e secretaria a Rosa Boán Rodríguez.

Feitos que motivan a incoación do expediente.

1. Que figura como razón social da empresa Revi-Gas, non inscrita nesta delegación e non consta que tanto a citada empresa como Juan Carlos García Santirso, que figuran como razón social e é empresa instaladora, expidan nas súas revisións, o correspondente certificado establecido no artigo 22 do Real decreto 1085/1992, do 11 de setembro (BOE do 9 de outubro) polo que se aproba o Regulamento da actividade de distribución de gases licuados do petróleo, así como o punto 9.5º do anexo B da orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 17 de decembro de 1985, pola que se aproba a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras; e artigo 40 letra e) do Real decreto 1085/1992, do 11 de setembro, por canto a súa actuación produce como efecto a confusión e manipulación ó utilizar outra empresa inexistente como medio da dita actuación.

Sanción proposta.

Multa cunha contía de ata 10.000.000 de pesetas para cada infracción cometida e cancelación da insrición de autorización administrativa da empresa instaladora de gas a Juan Carlos García Santirso, atendidas as circunstancias que concorren no presente expediente, de acordo co establecido no Real decreto do 11 de setembro de 1992, artigo 42 e orde do Ministerio de Industria do 17-12-1985, artigo 11.3º do anexo B (BOE do 9-1-1986) referido ás infraccións graves, de acordo cos principios xerais de gradación das infraccións reguladas con carácter xeral no artigo 131.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, sendo competente na súa aplicación o conselleiro de Industria e Comercio consonte a disposición adicional primeira do Decreto 99/1998, do 26 de marzo (DOG do 2 de abril).

O que lle notifico, en cumprimento do establecido no artigo 16 do Real decreto 1398/1993; concédeselle un prazo de quince días para que poida achegar cantas alegacións, documentos e informacións estime convenientes, ou, se é o caso propoñer probas concretando os medios de que pretenda valerse.

No caso de non formular alegacións, o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para os efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 9 de setembro de 1998.

José Manuel Liaño Pedreira

Instructor

ANEXO

Expediente: E.S. nº 125/98.

Denunciado: Juan Carlos García Santirso (Revi-Gas).

DNI: 9.400.557-C.

Último enderezo coñecido: rúa Barcelona, 121, local 19, A Coruña.

Precepto infrinxido: artigos 22 e 40 do Real decreto 1085/1992, do 11 de setembro, e artigo 9.5º da orde do Ministerio de Industria do 17-12-1985.

Precepto sancionador: artigo 42 do Real decreto do 11-9-1992 e artigo 11.3º da orde do Ministerio de Industria do 17-12-1985.

Multa máxima: 10.000.000 de pesetas.

8485