Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se comunica o inicio do expediente sancionador E.S. 9/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente sancionador: o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, o 16-6-1998, tomou o acordo de incoar expediente sancionador a Juan Carlos García Santirso co número de rexistro C-0261, categoría EG-II, facendo constar como domicilio a rúa Barcelona nº 121, local 19

da Coruña. Noméase como instructor do expediente o funcionario José Manuel Liaño Pedreira, sen prexuízo do disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en canto á súa recusación, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e secretaria a Rosa Boán Rodríguez.

Feitos que motivan a incoación do expediente.

1. A citada empresa instaladora figura como razón social da empresa Revi-Gas, ambos de ignorado paradoiro.

2. Que Revi-Gas utiliza traballadores para os seus servicios sen que conste a debida comunicación a esta delegación, sendo entre outros os seguintes: José Ángel Quiroga Riglera, Guillermo Hidalgo Roces, Juan Antonio Sánchez Pizarro, Daniel Álvarez Zambranos e José Cordero Gómez, non constando a súa alta na Seguridade Social tanto na empresa Revi-Gas como en Juan Carlos García Santirso.

3. Que non consta que tanto a citada empresa como Juan Carlos García Santirso que figura como razón social, expidan nas súas revisións o correspondente certificado establecido no artigo 22 do Real decreto 1085/1992, do 11 de setembro (BOE do 9 de decembro) polo que se aproba o Regulamento da actividade de distribución de gases licuados do petróleo, así como o punto 9.5º do anexo B da orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 17 de decembro de 1985, pola que se aproba a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas intaladoras.

Igualmente realizou operacións de revisión persoas non autorizadas (segundo o previsto nos puntos 1 e 2 da última das normas citadas).

4. Revi-Gas non acredita nesta deleación ser unha empresa instaladora de gas legalmente establecida.

Consecuentemente co exposto, Juan García Santirso incorreu nos seguintes feitos sancionables:

1. Non comunica-lo cambio de docimilio para efectos de notifacións e localización de operacións realizadas (artigo 9.2º da Orde do 17-12-1985).

2. Contar con persoal que efectúa revisións non autorizado (artigo 1 e 2 da orde do Ministerio de Industria do 14-12-1985).

3. Carecer de local e medios técnicos e económicos para desenvolve-la súa actividade (artigo 19.2º.5).

4. Non acreditar ter no seu cadro de persoal, na actualidade, un instalador autorizado da categoría IG.II (artigo 10.2º.1).

Sanción proposta.

Multa cunha contía de ata 500.000 pesetas para cada unha das infraccións cometidas as circunstancias que concorren no presente expediente, de acordo co establecido no Real decreto do 11 de setembro de 1992, artigo 40.1º en relación co 2 e 3 (BOE do 9 de decembro), referido ás infraccións leves, consonte os principios xerais da gradación das

infraccións reguladas con carácter xeral no artigo 131.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, sendo competente na súa aplicación o delegado provincial consonte a disposición adicional primeira do Decreto 99/1998, do 26 de marzo (DOG do 2 de abril).

O que lle notifico, en cumprimento do establecido no artigo 16 do Real decreto 1398/1993; concédeselle un prazo de quince días para que poida achegar cantas alegacións, documentos e informacións estime convenientes, ou, se é o caso propoñer probas concretando os medios de que pretenda valerse.

No caso de non formular alegacións, o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para os efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 9 de setembro de 1998.

José Manuel Liaño Pedreira

Instructor

ANEXO

Expediente: E.S. nº 9/98.

Denunciado: Juan Carlos García Santirso (Revi-Gas).

DNI: 9.400.557-C.

Último enderezo coñecido: rúa Barcelona, 121, local 19, A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 22 do Real decreto 1085/1992, do 11 de setembro, e artigos 1, 2, 9 e 10 da Orde do Minsterio de Industria do 17-12-1985.tensión.

Precepto sancionador: artigos 2, 3 e 40.1º do Real decreto do 11-9-1992.

Multa máxima: 500.000 pesetas.

8487