Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se comunica o inicio do expediente sancionador E.S. 126/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento da orde ministerial 2413/1973 do 20-9-1973 (BOE do 9 de outubro) no seu artigo 29 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión e non ser posible a súa notificación.

Noméase como instructor do expediente o funcionario José Manuel Liaño Pedreira, sen prexuízo do disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en canto á súa recusación, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e secretaria a Rosa Boán Rodríguez.

Feitos que motivan a incoación do expediente.

Realizar instalacións eléctricas sen ter autorización de instalador oficial concretamente nun local comercial propiedade de Torcuato Teixeira Batista no lugar de Matograde (A Coruña).

Sanción proposta.

Multa cunha contía de ata 500.000 pesetas para a infracción cometida, atendidas as circunstancias que concorren no presente expediente, de acordo co establecido no artigo 29 d) do Regulamento electrotécnico para baixa tensión (O.M. 2413/1973 do 20-9-1973, BOE do 9 de outubro), referido ás infraccións graves, consonte os principios xerais de gradación das infraccións reguladas con carácter xeral no artigo 131.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, sendo competente na súa aplicación o conselleiro de Industria e Comercio consonte a disposición adicional primeira do Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio.

O que lle notifico, en cumprimento do establecido no artigo 16 do Real decreto 1398/1993; concédeselle un prazo de quince días para que poida achegar cantas alegacións, documentos e informacións

estime convenientes, ou, se é o caso, propoñer probas concretando os medios de que pretenda valerse.

No caso de non formular alegacións, o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para os efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 9 de setembro de 1998.

José Manuel Liaño Pedreira

Instructor

ANEXO

Expediente: E.S. nº 126/98.

Denunciado: Gerardo García Valeiro.

DNI: 32.393.340-W.

Último enderezo coñecido: rúa Arzúa, 8, 4º, A Coruña.

Precepto infrinxido: artigos 24 e seguintes do Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Precepto sancionador: artigo 29 d) do Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Multa máxima: 500.000 pesetas.

8523