Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.935

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Silenciadores PCG, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Silenciadores PCG, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-8-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 26-6-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da

Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de agosto de 1998.

Fco. Ramón Hermo Rey

Delegació provincial de Pontevedra en funcións

Convenio colectivo de Silenciadores PCG, S.A.

I. Disposicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito funcional, territorial e persoal.

O presente convenio será aplicable ó persoal do centro de traballo da empresa Silenciadores PCG, S.A., situada na r/ Camiño Caramuxo, nº 33 de Vigo (Pontevedra). Afectará a tódolos productores que se atopen prestando servicios na empresa, así como a todo aquel que ingrese durante a súa vixencia ou prórroga.

Artigo 2º.-Duración e denuncia.

1. A duración do presente convenio será de tres anos a partir do 1 de xaneiro de 1998 (agás a modificación do sistema de incentivos, que entrará en vigor no mes de xuño, con aboamento a mes vencido), independentemente da data da súa sinatura e da súa publicación no BOP.

2. A denuncia pola que se propón a revisión do presente convenio por calquera das partes, deberá realizarse cunha antelación mínima de tres meses respecto á data de terminación da súa vixencia, e cos requisitos establecidos no artigo 85.2º c) da Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Artigo 3º.-Revisións salariais.

1. Ano 1998.

Establécese un incremento salarial con efectos desde o 1 de xaneiro de 1998, do 3,25%. Xúntanse como anexos as táboas salariais correspondentes ó ano 1998.

2. Ano 1999.

A partir do 1 de xaneiro de 1999 as táboas salariais vixentes ó 31 de decembro de 1998, incrementaranse no IPC previsto polo Goberno para o ano 1999 máis 0,75 puntos. O 31 de decembro de 1999 (ou cando se constate oficialmente o IPC real do ano 1999) efectuarase unha revisión, con efectos desde o 1

de xaneiro de 1999, pola diferencia que puidese existir entre o IPC real que resulte no referido ano máis 0,75 puntos e o IPC previsto máis 0,75 puntos aplicado o 1 de xaneiro de 1999.

3. Ano 2000.

A partir do 1 de xaneiro de 2000 as táboas salariais vixentes ó 31 de decembro de 1999 incrementaranse no IPC previsto polo Goberno para o ano 2000, máis 0,75 puntos. O 31 de decembro de 2000 (ou cando se constate oficialmente o IPC real do ano 2000) efectuarase unha revisión, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2000, pola diferencia que puidese existir entre o IPC real que resulte no referido ano máis 0,75 puntos e o IPC previsto máis 0,75 puntos aplicado o 1 de xaneiro de 2000.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas son compensables e absorbibles en cómputo anual coas que rexeron anteriormente ó actual convenio, ou por imperativo legal, usos e costumes locais ou por calquera causa.

Artigo 5º.-Garantías individuais.

Respectarase o total dos ingresos individuais percibidos con anterioridade ó convenio, sen que as normas deste poidan implicar diminución nos ditos ingresos. Tal garantía será de carácter exclusivamente persoal, sen que poida verse vinculada a postos de traballo, categorías profesionais ou outras circunstancias análogas.

Artigo 6º.-Indivisibilidade.

O convenio é un todo orgánico, indivisible, polo que se entenderá nulo e sen efecto de ningún tipo, no suposto de que non fose aprobado na súa integridade.

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade da empresa, trala audiencia e informe ós representantes dos traballadores e, en consecuencia, sinálanse, entre outros, os seguintes:

a) Adxudicación do número de postos de traballo a cada traballador, procurando que estes non excedan en ningún caso de máis de catro.

b) Mobilidade e cambio de persoal que de acordo coas necesidades da organización e da producción regulamentaria proceda e sempre de acordo coa capacidade do traballador.

II. Xornada, vacacións e licencias.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

1. Para o ano 1998 a xornada de traballo será de 1.751 horas anuais de traballo efectivo.

2. Para os anos 1999 a xornada de traballo será de 1.751 horas anuais de traballo efectivo.

3. Para o ano 2000, a xornada de traballo será de 1.751 horas anuais de traballo efectivo.

Artigo 9º.-Vacacións.

1. Establécese para todo o persoal incluído neste convenio 30 días naturais de vacacións ou a súa parte proporcional, se non levase un ano de traballo ó servicio da empresa.

2. O desfrute das vacacións establecerase en concordancia co período de vacacións dos nosos clientes e os días 24 e 31 de decembro, agás que estes dous días coincidisen en sábado ou domingo; neste caso negociarase co comité de empresa o desfrute dos indicados días no calendario laboral anual correspondente.

3. A data de desfrute das vacacións será notificada con dous meses de antelación como mínimo.

Única e exclusivamente o persoal que se atope en situación de IT derivada de accidente de traballo durante o período de desfrute das vacacións terá dereito a que a empresa lle sinale -sen a antelación mínima antes indicada- outra data para o desfrute destas, sempre que cause alta da referida IT antes de concluí-lo ano natural.

4. Os días de vacacións aboaranse antes de empezaren estas, e cos seguintes conceptos retributivos: salario convenio mínimo, gastos de locomoción, antigüidade e a media percibida do incentivo de producción (con tope 100 puntos) obtido nos tres meses anteriores.

Como excepción ó anterior, respecto a aqueles traballadores que nos tres meses anteriores á data de desfrute das vacacións estivesen en situación de IT por calquera continxencia e sempre que a alta teña lugar antes do inicio do seu desfrute, a retribución por incentivo correspondente ós días de vacacións será, en lugar da respectiva media percibida por este concepto nos tres meses anteriores ó inicio destas, a media obtida nos tres últimos períodos de incentivo traballados polo interesado.

Artigo 10º.-Licencias.

1. O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Parto da esposa: 3 días laborais.

b) No caso de falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe ou dos parentes ata o segundo grao de consanguinidade (fillos, netos, irmáns, pais e avós do que solicita a licencia): 3 días naturais, que se incrementarán en 2 días naturais nos supostos de falecemento de cónxuxe, pais e fillos do que solicita a licencia.

c) En caso de falecemento ou enfermidade grave de parente ata o segundo grao de afinidade (pais, irmáns e avós políticos de quen solicita a licencia): 2 días naturais.

d) Nos supostos previstos nas letras b) e c) deste artigo, cando o traballador necesite facer un des

prazamento con tal motivo de polo menos 100 km o permiso incrementarase en 2 días naturais.

e) Por matrimonio: 15 días naturais.

f) En caso de matrimonio de fillos e irmáns: 1 día natural.

g) Para o caso de traslado do domicilio habitual: 1 día laborable.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

i) Para asistencia á consulta médica: ata 16 horas ó ano.

j) No caso de falecemento de tíos consanguíneos ou de fillos políticos: 1 día natural.

2. Nas demais licencias non previstas no presente artigo haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

3. O inicio do cómputo dos días de permiso efectuarase desde o momento do feito causante, se ben o interesado logo do acordo co departamento de recursos humanos poderá varia-la data de uso dos días de permiso ou licencias que lle correspondan conforme o nº 1 do presente artigo.

III. Condicións económicas.

Artigo 11º.-Salario convenio mínimo.

1. Denomínase e considérase salario convenio mínimo para tódolos efectos do presente convenio, o importe sinalado -en cómputo anual e para cada categoría profesional- na primeira columna da táboa anexa deste convenio, e o seu devengo correspóndese coa realización da totalidade da xornada anual efectiva.

2. O importe establecido como salario convenio mínimo inclúe, ademais do salario base e do complemento de convenio, a correspondente cantidade expresamente compensatoria de todo complemento salarial pola concorrencia no posto de traballo de circunstancias ou condicións de penosidade, toxicidade e/ou perigosidade.

3. O importe anual do salario convenio mínimo liquidarase distribuído en 14 pagas iguais ó ano (as 12 mensualidades e as 2 pagas extras), con independencia do número de días naturais que teña o mes.

4. Os descontos correspondentes ó tempo das incidencias non retribuídas efectuaranse nos termos previdos na acta de data do 7-7-1993 e en tal sentido aplicarase a seguinte fórmula e consideracións:

Fórmula:

Salario ano

x 11

14

= ptas./hora desconto

Xornada anual

Consideracións:

-Repercuti-la incidencia no mes seguinte a aquel en que se produza.

-Repercuti-la incidencia en pagas extraordinarias.

-Non repercutir en vacacións cando a incidencia sexa debida a IT.

-Repercutir en vacacións se a incidencia é debida a causas distintas á IT e supera 160 horas/ano.

Artigo 12º.-Antigüidade.

1. O complemento salarial de antigüidade por anos de servicio, consistente no aboamento do quinquenio, fíxase -en cómputo anual e para cada categoría profesional- na contía que figura na segunda columna da táboa anexa do convenio.

2. O importe anual de antigüidade liquidarase distribuído en 14 pagas iguais ó ano (as 12 mensualidades e as 2 pagas extras), con independencia do número de días naturais que teña o mes.

3. Os descontos correspondentes ó tempo das incidencias non retribuídas efectuaranse nos termos previstos na acta con data do 7-7-1993 e en tal sentido aplicaranse a seguinte fórmula e consideracións:

Fórmula:

Antigüidade ano

x 11

14

= ptas./hora desconto

Xornada anual

Consideracións:

-Repercuti-la incidencia no mes seguinte a aquel en que se produza.

-Repercuti-la incidencia en pagas extraordinarias.

-Non repercutir en vacacións cando a incidencia sexa debida a IT.

-Repercutir en vacacións se a incidencia é debida a causas distintas á IT e supera 160 horas/ano.

4. A data inicial para o cómputo da antigüidade do persoal será a de ingreso na empresa, exceptuando o tempo de aspirantado, aprendizaxe e formación.

5. Os aumentos periódicos por anos de servicio comezarán a devengarse a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada quinquenio, se a data de vencemento é anterior ó 30 de xuño e desde o 1 de xaneiro do ano seguinte se é posterior.

Artigo 13º.-Plus de nocturnidade.

1. Durante o ano 1998, o persoal que preste os seus servicios entre as 10 horas da noite e as 6 horas da mañá, calquera que sexa a súa categoría profesional, percibirá en concepto de plus de nocturnidade a cantidade de 170 pesetas por hora efectiva traballada no referido horario nocturno.

2. Durante os anos 1999 e 2000 ó importe do plus de nocturnidade aplicaréselle o incremento previsto no artigo 3º do presente convenio colectivo respectivamente para os ditos anos.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de verán e Nadal consistirán -cada unha- en 1/14 do salario convenio mínimo máis 1/14 da antigüidade (a quen corresponda), que figura nas respectivas columnas na táboa anexa deste convenio, e na media dos 3 últimos meses obtidos en concepto de incentivo de producción (con tope 100 puntos).

2. O cálculo do devengo das indicadas gratificacións extraordinarias efectuarase semestralmente (paga de verán: do 1 de decembro ó 31 de maio seguinte e paga Nadal: do 1 de xuño ó 30 de novembro seguinte).

3. As indicadas gratificacións extraordinarias serán aboadas entre os días 15 e 20 dos respectivos meses de xullo e decembro.

Artigo 15º.-Incentivos de producción.

1. Prima de producción na MOD.

1.1. Cambios na denominación dos conceptos.

Para adapta-lo noso sistema ó do grupo no que estamos integrados, o que ata o de agora se denominaba rendemento 1,33 pasa a denominarse rendemento 100. En consecuencia, o rendemento mínimo esixible, que se coñecía como 1,25 pasa a denominarse rendemento 94.

O número de pezas hora que hai que producir non varía con este cambio.

1.2. Táboa de equivalencias.

Empregando os valores ata o de agora utilizados, quedará da seguinte forma:

Rendemento

denominación

actual

Rendemento

nova

denominación

Prima ptas.

10075,10
10175,91.006
10276,62.012
10377,43.018
10478,14.024
10578,95.030
10679,66.036
10780,47.042
10881,18.048
10981,99.054
11082,610.060
11183,411.147
11284,112.234
11384,913.321
11485,614.408
11586,415.495
11687,116.582
11787,917.669
11888,618.756

Rendemento

denominación

actual

Rendemento

nova

denominación

Prima ptas.

11989,419.843
12090,220.930
12191,022.071
12291,723.212
12392,524.353
12493,225.494
12594,026.635
12694,727.776
12795,528.917
12896,230.058
12997,031.199
13097,732.340
13198,533.481
13299,234.622
133100,035.763
134100,836.904
135101,538.045
136102,339.186
137103,040.327
138103,841.468
139104,542.609
140105,343.750

1.3. Novo sistema de cálculo da prima de producción.

A prima de producción debe ser pagada en función da producción boa obtida, é dicir, aquela que podemos entregarlles e facturarlles ós nosos clientes.

De acordo con isto, establécese unha fórmula que favoreza a obtención da dita producción vendible e que ten como principios os seguintes:

-Paga-las horas empregadas en producir en función do rendemento obtido.

-Paga-las horas perdidas (non dedicadas a obter producción boa) a un rendemento mínimo, no noso caso o 90 (coa denominación anterior de 1,20).

Para compensa-lo disposto no parágrafo anterior, increméntase o valor do punto de prima no 1,5%.

1.4. Eliminación do tope superior.

Establécese rompe-la limitación actual de rendemento máximo 100 (133 na denominación anterior) a rendemento 105, co que o incremento do índice da prima podería aumentar na mesma proporción para a MOD.

Índice rendementoPrima mensual ptas.

750
761.055
772.119
784.212
795.278
807.343
818.424
829.498
8311.626
8412.805
8513.976
8616.163
8717.358
8818.538

Índice rendementoPrima mensual ptas.

8920.702
9021.885
9123.130
9224.405
9326.660
9427.913
9529.201
9631.434
9732.696
9833.996
9936.210
10037.479
10139.674
10240.946
10342.262
10444.439
10545.718

2. Prima de producción da MOI.

Empregarase o mesmo sistema que para o cálculo da prima de MOD, coa única diferencia de que o índice de rendemento máximo para pagar será o 100.

3. Réxime de funcionamento.

O sistema de incentivos rexerá na medida en que exista carga de traballo, e a empresa sinalará en cada momento os topes da producción xeral que hai que realizar.

A dirección da empresa procurará proporciona-la suficiente carga de traballo para todo o cadro de persoal de tal forma que no futuro se acade polo menos a correspondente ó 94 de actividade sobre 100, calculándose esta polos vales de circulación, dos cales se entregará un exemplar ó comité de empresa diariamente. Para o caso de que se lograse por parte da empresa tal carga de traballo, tódolos traballadores comprométense formalmente a corresponder no futuro con tal compromiso, garantindo como rendemento mínimo o de 94 puntos centesimais, sempre e cando esta carga de traballo e as condicións técnicas así o permitan e cando as causas non lles sexan imputables ós traballadores.

Os topes ou tempos calculados serán susceptibles de revisión en todo momento, máxime se as condicións de traballo variasen.

A empresa informará antes do día 25 de cada mes do rendemento obtido no último período, mediante a correspondente nota no taboleiro de anuncios.

Para os efectos do cálculo de rendemento do sistema de incentivos vixente na empresa quedan incorporados a este as modificacións acordadas no punto 1 da acta de reunión entre a dirección e o comité de empresa celebrada o día 18-11-1987, coa modificación do cambio de período de prima do 10 dun mes ó día 9 do seguinte, por mes natural, e que son:

1. Horas producidas.

Calcúlanse as horas producidas, no período dun mes natural, por medio dos vales de circulación de

materiais conxuntos terminados entregados a almacén e coa aceptación de control de calidade. Este cálculo farase en función dos tempos totais de fabricación concedidos para cada peza. As devolucións de material terminado realizado polo cliente, se fosen imputables a unha mala execución por parte do operario, deduciranse das horas producidas no período de prima inmediato seguinte.

g) O rendemento calcularase considerando un bloque que formarán tódolos traballos que se realicen na nave A, B e C.

2. Sistema de tempos.

4.1. Conceptos de tempos.

Tempo estimado.

Considérase tempo estimado aquel que se determina por aproximación e cun fin orientativo, non téndose en conta para o cálculo da prima de producción.

Cando unha nova peza se incorpore ó noso proceso de fabricación cun tempo estimado, deberá ser cronometrado nun prazo máximo de 4 lanzamentos de fabricación naquelas referencias cun programa mensual inferior a 500 pezas e de 3 lanzamentos nas restantes referencias. Finalizado o dito período deberá pasar a tempo provisional, trala correspondente cronometraxe.

Tempo provisional.

É todo tempo asignado a unha operación mentres non estea definido un método operatorio estable, tomándose en consideración para o cálculo da prima de directos.

Este tempo determinarase xa sexa por medición directa, por comparación con pezas similares ou por outros métodos homologados adecuados para o efecto, asignándolle no caso de comparación con pezas similares, un tempo igual ó da peza de referencia; deberá ir acompañado da gama e método operatorio provisional.

O período máximo de permanencia dunha operación en tempo provisional será de 6 meses, durante o cal se introducirán tódalas melloras ou modificacións que se consideren oportunas, realizándose imperiosamente unha cronometraxe ou comprobación para o seu paso a tempo concedido.

Tempo concedido.

É o derivado da cronometraxe ou comprobación que marca o fin do tempo provisional ou o emitido no seu momento como tal por similitude ou identidade con outras referencias xa existentes, asignándolle neste último caso un tempo igual ó da peza de referencia.

Ó emiti-los tempos concedidos, estes deberán ir acompañados das gamas e métodos operatorios correspondentes.

4.2. Procedemento de cronometraxes.

1. Notificaráselle documentalmente ó comité de empresa, con 15 días de antelación, o lanzamento de novos tempos.

2. Unha vez emitidos, os tempos provisionais ou concedidos son esixibles, sen prexuízo de que, se xorden discrepancias na aplicación destes e por petición da comisión paritaria de productividade e competitividade, composta por 4 membros de cada representación, o departamento de tempos realizará unha comprobación no prazo máximo de un mes coa presencia dun membro da comisión.

3. Se a pesar da dita comprobación continúan as discrepancias, será realizada outra comprobación por persoal cualificado do exterior, e o resultado destas será vinculante para ambas partes.

4.3. Actualización do libro de procesos.

Ante as novas definicións acordadas en cada un dos tempos e co obxecto de pór ó día a situación actual procederase da seguinte forma:

a) Aquelas referencias que na actualidade estean en tempos provisionais e cumpran os requisitos establecidos na definición do tempo concedido pasarán de forma inmediata a ter tal consideración.

b) Con aquelas referencias que estean consideradas como tempo estimado ou provisional e non cumpran o exposto na letra a), actuarase segundo o acordado na definición dos ditos tempos.

Artigo 16º.-Incentivo por reducción de horas perdidas de producción.

Establécese un premio mensual (11 meses efectivos de traballo) pola reducción do nivel de horas perdidas de MOD.

O noso obxectivo é reduci-lo nivel de horas de paro e das empregadas en traballo que non lle engaden valor ó producto e que supoñen unha reducción importante da productividade.

Este incentivo aplícase de forma adicional, pero independentemente da prima de producción e afectando de forma diferente á MOD e á MOI.

O aboamento deste premio realizarase a partir de que a porcentaxe de horas vermellas baixe:

-Do 12% no ano 1998.

-Do 10% nos anos 1999 e 2000.

3.1. Aplicación da prima de reducción de horas perdidas á MOD.

Aboaranse 1.000 pesetas por empregado e mes por cada punto que se reduza a porcentaxe das horas de perdidas sobre as horas producidas.

3.2. Aplicación da prima de reducción de horas perdidas á MOI.

Aboaranse 1.400 pesetas por empregado e mes, por cada punto que se reduza a porcentaxe das horas de MOD perdidas, sobre as horas producidas.

Artigo 17º.-Incentivo por mellora da calidade.

Establécese un premio mensual para todo o persoal da empresa, que denominaremos premio á mellora da calidade, que estará baseado na calidade apreciada polos nosos clientes.

Como elemento de medida empregarase o número de reclamacións dos nosos clientes por falta de calidade e a importancia destas, expresadas con puntos de demérito.

De acordo con isto, os baremos do premio serán os seguintes:

-10.000 ptas./persoa/mes se hai 0 reclamacións e 0 deméritos.

-6.000 ptas./persoa/mes se hai 1 reclamación e menos ou igual a 30 puntos de demérito.

-3.000 ptas./persoa/mes se hai 2 reclamacións e menos ou igual a 60 puntos de demérito.

Se se desen máis de tres reclamacións ou máis de 100 puntos de demérito, non existirá este premio.

Artigo 18º.-Gastos de locomoción mínimos.

1. A empresa aboaralles a tódolos seus traballadores unha cantidade -de natureza indemnizatoria e non salarial- como compensación de gastos de locomoción mínimos na contía que -en cómputo anual e igual para tódalas categorías profesionais- figura na terceira columna da táboa anexa deste convenio.

2. O importe anual dos gastos de locomoción mínimos liquidarase distribuído en 12 pagas iguais ó ano (as 12 mensualidades), con independencia -xa que se calcularon en función dos días laborables do ano- do número de días laborables que teña cada mes.

3. Os descontos correspondentes ó tempo das incidencias non retribuídas efectuaranse nos termos previdos na acta con data do 7-7-1993, e en tal sentido aplicarase a seguinte fórmula e consideracións:

Fórmula:

Gastos de locomoción

x 11

12

= ptas./hora desconto

Xornada anual

Consideracións:

-Repercuti-la incidencia no mes seguinte en que se produza.

-Repercuti-la incidencia en pagas extraordinarias.

-Non repercutir en vacacións cando a incidencia sexa debida a IT.

-Repercutir en vacacións se a incidencia é debida a causas distintas á IT e supera 160 horas/ano.

Artigo 19º.-Horas extras.

1. a) Para 1998, o valor das horas extras fíxase en 1.586 pesetas/hora, para as realizadas de luns a venres, e de 1.721 pesetas/hora para as realizadas en sábados, domingos e festivos.

b) Para o ano 1999, o valor das horas extras incrementarase no IPC previsto respectivamente para o dito ano máis 0,75 puntos.

c) Para o ano 2000, o valor das horas extras incrementarase no IPC previsto para o dito ano máis 0,75 puntos.

2. O comité de empresa e a dirección determinarán mensualmente o carácter estructural destas, atendendo ás puntas de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e reparacións, limpeza de máquinas, etc.

3. O valor das horas de formación realizadas fóra da xornada laboral establécese en 1.071 ptas./hora e non terán a consideración de horas extras.

Artigo 20º.-Premio trimestral por non absentismo.

1. Establécese un premio ó non absentismo, que terá unha contía determinada polo índice de absentismo que se alcance en cómputo global de todo o cadro de persoal da empresa respecto ó número de horas de xornada efectiva de cada trimestre natural do ano (de xaneiro a marzo; de abril a xuño; de xullo a setembro e de outubro a decembro), e sempre que o dito índice ou porcentaxe de absentismo no indicado cómputo global e trimestral sexa inferior ó 5,51% das horas.

2. Para os efectos do presente premio por non absentismo computarase como absentismo toda ausencia ó traballo por incapacidade laboral transitoria derivada de calquera continxencia, por licencias legal ou convencionalmente recoñecidas ou permisos retribuídos ou non, por consulta médica e por faltas de asistencia ó traballo ou de puntualidade.

3. A contía do referido premio para o trimestre que se devengue é a que figura -segundo o índice ou porcentaxe que se alcance- na seguinte escala:

Índice de absentismoImporte premio

Do 5,51% ó 6% ou máis 0 ptas.

Do 5,01% ó 5,50%943 ptas.

Do 4,51% ó 5%1.887 ptas.

Do 4,01% ó 4,50%2.830 ptas.

Do 3,51% ó 4%3.776 ptas.

Do 3,01% ó 3,50%4.719 ptas.

Do 2,51% ó 3%5.663 ptas.

Do 2,01% ó 2,50%6.606 ptas.

Do 1,51% ó 2%7.550 ptas.

Do 1,01% ó 1,50%8.493 ptas.

Do 0,51% ó 1%9.437 ptas.

Do 0,01% ó 0,50%10.381 ptas.

Ó 0%10.941 ptas.

4. En caso de que se devengue o premio por non absentismo, só serán perceptores da correspondente contía do premio aqueles empregados da empresa que a nivel individual non superen o 3% de absen

tismo -polas causas antes indicadas- das horas de xornada efectiva no trimestre de referencia.

IV. Disposiciones varias.

Artigo 21º.-Retribución no servicio militar.

1. O persoal que leve dous ou máis anos ó servicio da empresa, ó ingresar no servicio militar ou no servicio social substitutorio recibirá en tal ocasión unha gratificación equivalente ó importe de 30 días do salario real percibido no último mes.

2. Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar obrigatorio, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias establecidas no artigo 14º do presente convenio.

Artigo 22º.-Absentismo.

1. En caso de baixa producida por accidente de traballo ou enfermidade profesional, garantiranse as cantidades necesarias para completa-las prestacións da Seguridade Social ata o 100% da base total de cotización.

2. En caso de enfermidade común con hospitalización, ata a súa reincorporación ó posto de traballo completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

3. No suposto de enfermidade común de longa duración, certificada por especialistas, a partir do vixésimo día mentres dure a situación de IT e como máximo ata 18 meses desde o inicio da IT completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

Artigo 23º.-Seguro colectivo.

1. A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a favor dos traballadores desta, para cubri-las continxencias e polos capitais que se sinalan.

a) En caso de falecemento por accidente ou por enfermidade: dous millóns cincocentas mil pesetas.

b) En caso de invalidez permanente total, absoluta para todo traballo ou de gran invalidez, derivada de accidente ou de enfermidade: dous millóns cincocentas mil pesetas.

2. O compromiso adquirido no presente artigo producirá efecto e entrará en vigor a partir do próximo 4 de xullo de 1998.

Artigo 24º.-Saúde laboral.

Crearase un comité de seguridade e hixiene. As funcións deste rexeranse polo establecido na lexislación vixente de seguridade e hixiene.

Artigo 25º.-Roupa de traballo.

1. Proverase a todo o persoal obreiro de dúas pezas de roupa de traballo anuais entregándollas en xaneiro.

Á sección de pintura entregáraselle unha peza máis ó longo do ano logo da entrega da usada, e tamén se lle entregarán unhas botas adecuadas. A sección

de baños entregaránselle dúas pezas de roupa antiácidas.

2. O persoal utilizará preceptivamente as pezas de roupa de traballo que lle foran facilitadas nos últimos anos.

3. Sen prexuízo do anterior, a dirección da empresa, en coordinación co comité de seguridade e hixiene, procurará dota-los operarios que polas características do posto de traballo o requiran, daquelas pezas que se consideren adecuadas para a súa protección e/ou seguridade.

Artigo 26.-Recoñecemento médico.

A empresa facilitaralle ó seu persoal a realización dunha revisión médica anual, que será efectuada por especialistas en enfermidades laborais, de acordo coa normativa vixente sobre seguridade e hixiene no traballo. O calendario de datas para realiza-lo recoñecemento médico establecerase cada ano no seo do comité de seguridade e hixiene no traballo.

E todo o persoal que estea en baños e pintura pasará revisión médica trimestralmente.

Artigo 27º.-Contratación por tempo determinado.

1. Haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e as normas xerais de desenvolvemento e na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación.

2. Acórdase adherirse ó acordado no convenio de metal da provincia de Pontevedra respecto á duración do contrato por circunstancias do mercado, por acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, que se fixa en 13,5 meses dentro dun período de 18 meses. Neste tipo de contratos, compénsase ó seu remate cun importe de 1,5 días de salario por mes traballado en concepto de eventualidade. En caso de conversión deste tipo de contrato en indefinido, sempre que se respecte a antigüidade do traballador, non procederá o aboamento da citada compensación.

Artigo 28º.-Comisión paritaria.

1. No momento da aprobación deste convenio crearase unha comisión paritaria para a vixilancia e cumprimento deste en tódolos seus conceptos. Serán tres membros por cada unha das partes e un suplente pola parte social. Así mesmo, será nomeado un secretario de entre os seus membros. Reunirase por requirimento de calquera das partes, e destas reunións levantarase acta e entregaráselles a cada un dos membros, á dirección e ó comité. Tanto se a dirección como o comité requiren a comisión paritaria para intervir en calquera cuestión de discrepancia, esta reunirase o máis rapidamente posible (dentro das 24 horas seguintes á convocatoria) para intervir na cuestión que hai que resolver, a cal será resolta, se procede.

2. Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria

poderá funcionar por instancia de parte, como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación do convenio.

Artigo 29º.-Comisión paritaria de productividade e competitividade.

No momento da aprobación deste convenio crearase unha comisión paritaria para a análise, estudio e seguimento da productividade, que estará composta por 4 membros por cada unha das partes, nomeándose un secretario de entre eles. A dita comisión reunirase mensualmente para analiza-las diversas cuestións que se relacionen coa productividade; destas reunións levantarase acta, e darase copia desta a cada unha das partes.

V. Cuestións sindicais.

Artigo 30.-Competencias do comité de empresa.

a) Recibir información, que se lle facilitará trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico a que pertence.

Así mesmo, ó comité de empresa facilitáraselle en cada reunión ordinaria (reunión trimestral) información sobre situación da producción e vendas da empresa, previsible evolución da contratación de persoal, absentismo e as súas causas, e das sancións impostas por faltas moi graves.

b) Exerce-la representación colectiva dos traballadores da empresa na negociación do convenio colectivo de empresa.

c) Coñece-la relación de horas extras polos TC-2 de cada traballador que as realice.

d) Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e os demais documentos que se lles dean ós accionistas, e nas mesmas condicións que a estes.

e) Coñece-los modelos de contrato escrito que se utilicen na empresa e recibir da dirección copia básica dos contratos de traballo que se asinen, notificación das prórrogas e das liquidacións.

f) Controlar e vixia-las condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

g) Dispoñer cada un dos membros do crédito de horas mensuais retribuídas legalmente establecido, para o exercicio das súas funcións sindicais ou de representación.

Os membros do comité de empresa que pertenzan á mesma central sindical, se o consideran conveniente, poderán acumula-las horas mensuais retribuídas que lles correspondan para o desenvolvemento das súas funcións sindicais ou de representación, nun ou varios deles.

A vontade de acumula-las referidas horas deberalle ser comunicada cada mes por escrito ó departamento de persoal, con antelación (mínima de tres días) ó inicio do mes ó que corresponda a acumulación. A dita comunicación deberá estar asinada e deberá constar nela de forma expresa e precisa

tanto o cedente do crédito horario mensual como o beneficiario da acumulación.

Artigo 31º.-Seccións sindicais.

A empresa recoñece o dereito á existencia no seu seo de seccións sindicais, nos termos establecidos na Lei orgánica de liberdade sindical, nº 11, do 2 de agosto de 1985.

O delegado sindical, en caso de que, conforme o preceptuado no artigo 10 da antedita lei, corresponda a existencia deste, non terá por que ser membro do comité de empresa.

Artigo 32º.-Dereitos dos delegados sindicais.

Serán dereitos dos delegados sindicais os seguintes:

a) Asistir ás reunións do comité de empresa, comité de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto.

b) Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa deba pór á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda.

c) Te-las mesmas garantías recoñecidas pola lei para os membros do comité de empresa.

d) Ser oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ós traballadores en xeral e ós afiliados ó seu sindicato.

e) Ser, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo, sobre os despedimentos e sancións que afecten ós afiliados ó seu sindicato, cando lle conste fidedignamente á empresa tal condición de afiliado.

f) Recadar cotas dos seus afiliados, manter reunións con estes e repartir propaganda sindical, todo iso fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións de carácter xeral, así como no capítulo VIII e os anexos I e II da ordenanza laboral siderometalúrxica (O.M. do 29-7-1970) que, malia a derrogación establecida pola O.M. do 12-2-1988, as partes expresamente conveñen manter vixente para estes efectos e a título de dereito dispositivo mentres as ditas materias non estean reguladas no convenio colectivo.

Segunda.

Para o persoal de novo ingreso primeiramente contarase coa solicitude de ingreso dos familiares do persoal existente en fábrica.

Terceira.

A prima relativa ó cálculo do sistema de incentivos previsto no artigo 18º deste convenio realizarase tomando como promedio mensual a de 25 días laborables.

Cuarta.

O período de prima, que ten o seu comezo inmediatamente antes das vacacións anuais e o seu termo despois destas, calcularase como un período normal, se ben o seu aboamento se realizará proporcional

mente ós días laborables que existan entre o inicio e o fin do dito período.

Quinta.

Durante o período de vixencia do presente convenio colectivo realizaranse 60 contratos indefinidos (20 cada ano ±25%).

Sexta.

O presente convenio colectivo foi negociado polo comité de empresa e a dirección desta.

Vigo, 26 de xuño de 1998.

Táboa salarial 1998

ANEXO I

Salario

mensual

(14 pagas)

Hora/Efec.Hora/Efec.

Pagas

Antigüidade/Quin-

quenio mensual

(14 pagas)

Hora/Efec.Hora/Efec.

pagas

Gastos locomo-

ción mensual

(12 pagas)

Hora/Efec.

Técnicos titulados

Enxeñeiros e licenciados207.817 1.306 237 7.584 48 9 10.971 69
Peritos con Respons.196.430 1.234 224 7.099 45 8 10.971 69
Enxeñeiros e Téc. Ind.187.314 1.177 214 6.709 42 8 10.971 69
Graduados sociais153.145 962 175 5.250 33 6 10.971 69
Mestres industriais157.704 991 180 5.445 34 6 10.971 69
Practicante134.920 848 154 4.471 28 5 10.971 69

Técnicos de taller

Xefe de taller171.367 1.077 196 6.029 38 7 10.971 69
Mestre de taller157.704 991 180 5.445 34 6 10.971 69
Contramestre155.421 976 178 5.348 34 6 10.971 69
Encargado148.588 933 170 5.057 32 6 10.971 69
Capataz especialista130.364 819 149 4.278 27 5 10.971 69
Capataz de peóns Ord.128.083 805 146 4.181 26 5 10.971 69

Técnicos de laboratorio

Xefe de 1ª171.367 1.077 196 6.029 38 7 10.971 69
Xefe de 2ª157.704 991 180 5.445 34 6 10.971 69
Analista de 1ª144.038 905 165 4.862 31 6 10.971 69
Analista de 2ª130.364 819 149 4.278 27 5 10.971 69
Auxiliar125.807 790 144 4.083 26 5 10.971 69

Técnicos de oficina

Delineante proxecticta164.532 1.034 188 5.736 36 7 10.971 69
Delineante de 1ª146.310 919 167 4.959 31 6 10.971 69
Delineante de 2ª131.582 827 150 4.375 27 5 10.971 69
Auxiliar125.807 790 144 4.083 26 5 10.971 69
Reproductor de planos125.807 790 144 4.083 26 5 10.971 69

Org. Cient. do traballo

Xefe de 1ª173.551 1.090 198 6.127 38 7 10.971 69
Xefe de 2ª157.704 991 180 5.445 34 6 10.971 69
Téc. Org. de 1ª148.588 933 170 5.057 32 6 10.971 69
Téc. Org. de 2ª134.920 848 154 4.471 28 5 10.971 69
Auxiliar125.807 790 144 4.083 26 5 10.971 69

Administrativos

Xefe de 1ª171.363 1.077 196 6.029 38 7 10.971 69
Xefe de 2ª157.702 991 180 5.445 34 6 10.971 69
Oficial de 1ª144.033 905 165 4.862 31 6 10.971 69
Oficial de 2ª130.362 819 149 4.278 27 5 10.971 69
Auxiliar125.436 788 143 4.083 26 5 10.971 69

Persoal subalterno

Chofer de camión128.543 808 147 4.201 26 5 10.971 69
Almaceneiro125.807 790 144 4.083 26 5 10.971 69
Pesador de báscula125.807 790 144 4.083 26 5 10.971 69
Vixilante125.807 790 144 4.083 26 5 10.971 69
Porteiro e ordenanza125.807 790 144 4.083 26 5 10.971 69

Salario

mensual

(14 pagas)

Hora/Efec.Hora/Efec.

Pagas

Antigüidade/Quin-

quenio mensual

(14 pagas)

Hora/Efec.Hora/Efec.

pagas

Gastos locomo-

ción mensual

(12 pagas)

Hora/Efec.

Persoal obreiro

Oficial de 1ª136.955 860 156 4.563 29 5 10.971 69
Oficial de 2ª132.858 835 152 4.386 28 5 10.971 69
Oficial de 3ª128.734 809 147 4.210 26 5 10.971 69
Especialista125.813 790 144 4.089 26 5 10.971 69
Peón113.156 711 129 3.544 22 4 10.971 69

Aprendices

De 4º ano92.808 583 106 2.679 17 3 10.971 69
De 3º ano86.007 540 98 2.388 15 3 10.971 69
De 2º ano77.997 490 89 2.055 13 2 10.971 69
De 1º ano70.670 444 81 1.728 11 2 10.971 69

Pinches

De 16 a 17 anos86.007 540 98 2.388 15 3 10.971 69
De 17 a 18 anos92.808 583 106 2.678 17 3 10.971 69

Salario convenio

anual (14 pagas)

Antigüidade/

Quinquenio

anual

(14 pagas)

Gastos locomo-

ción anual

(12 pagas)

Técnicos titulados

Enxeñeiros e Licenc.2.909.438106.174131.647
Peritos con Respons.2.750.02199.381131.647
Enxeñeiros e Téc. Indus.2.622.40293.924131.647
Graduados sociais2.144.03473.502131.647
Mestres industriais2.207.85176.230131.647
Practicantes1.888.88462.601131.647

Técnicos de taller

Xefe de taller2.399.13984.402131.647
Mestre de taller2.207.85176.230131.647
Contramestre2.175.89074.866131.647
Encargado2.080.23270.802131.647
Capataz especialista1.825.09759.887131.647
Capataz de peóns Ord.1.793.16658.537131.647

Técnicos de laboratorio

Xefe de 1ª2.399.13984.402131.647
Xefe de 2ª2.207.85176.230131.647
Analista 1ª2.016.53368.074131.647
Analista 2ª1.825.09759.887131.647
Auxiliar1.761.29557.158131.647

Técnicos de oficina

Delineante proxectista2.303.45080.309131.647
Delineante de 1ª2.048.34569.423131.647
Delineante de 2ª1.842.15261.251131.647
Auxiliar1.761.29557.158131.647
Reproductor de planos1.761.29557.158131.647

Org. Cient. do traballo

Xefe de 1ª2.429.72085.782131.647
Xefe de 2ª2.207.85176.230131.647
Téc. Org. de 1ª2.080.23270.802131.647
Téc. Org. de 2ª1.888.88462.601131.647
Auxiliar1.761.29557.158131.647

Administrativos

Xefe de 1ª2.399.08084.402131.647
Xefe de 2ª2.207.83476.230131.647
Oficial 1ª2.016.46368.074131.647
Oficial 2ª1.825.07559.887131.647

Salario convenio

anual (14 pagas)

Antigüidade/

Quinquenio

anual

(14 pagas)

Gastos locomo-

ción anual

(12 pagas)

Auxiliar1.756.11057.158131.647

Persoal subalterno

Chofer de camión1.799.60458.819131.647
Almaceneiro1.761.29657.158131.647
Pesador de báscula1.761.29657.158131.647
Vixilante1.761.29657.158131.647
Porteiro ordenanza1.761.29657.158131.647

Persoal obreiro

Oficial 1ª1.917.36863.876131.647
Oficial 2ª1.860.01661.400131.647
Oficial 3ª1.802.27458.938131.647
Especialista1.761.38157.247131.647
Peón1.584.19049.609131.647

Aprendices

De 4º ano1.299.31837.507131.647
De 3º ano1.204.10033.429131.647
De 2º ano1.091.96428.772131.647
De 1º ano 989.38324.189131.647

Pinches

De 16 a 17 anos1.204.10033.429131.647
De 17 a 18 anos1.299.31837.492131.647

Anexo I á acta de acordo do convenio colectivo de Silenciadores PCG, S.A.

Asistentes:

-Pola representación social:

Basilio Gozález Fernández.

Manuel Mariño Grossi.

José M. Sánchez Martínez.

Francisco Javier Paz Marcos.

Ramón E. Bello dos Santos.

-Pola representación económica:

Juan Francisco Prieto Moral.

Jesús Mª Carroza Sayas.

Manuel Sánchez Vidal.

Carlos Barro García.

Luis Gómez Souto.

Alfonso Bermúdez de la Puente González del Valle.

Actúa como secretaria: Ninfa Silveira Amoedo.

Conviñeron aplicarlles durante o ano 1998 o 3,25% de incremento salarial ós pluses de carreteiro e soldador, con efecto retroactivo do 1 de xaneiro de 1998, quedando establecido o importe en 4.750 ptas./mes.

Anexo II á acta do acordo do convenio colectivo de Silenciadores PCG, S.A.

Asistentes:

-Pola representación social:

Basilio Gozález Fernández.

Manuel Mariño Grossi.

José M. Sánchez Martínez.

Francisco Javier Paz Marcos.

Ramón E. Bello dos Santos.

-Pola representación económica:

Juan Francisco Prieto Moral.

Jesús Mª Carroza Sayas.

Manuel Sánchez Vidal.

Carlos Barro García.

Luis Gómez Souto.

Alfonso Bermúdez de la Puente González del Valle.

Actúa como secretaria: Ninfa Silveira Amoedo.

Reunidos en Vigo na sala do consello da empresa Silenciadores PCG, S.A., as dúas partes que seguiron o proceso negociador do convenio colectivo acordan a formalización dunha quenda especial.

Establécese a posibilidade de realizar unha quenda de traballo de fin de semana sempre que sexa necesario e coas características que a seguir se detallan:

-Realizaríase naquelas liñas nas que sexa necesario (logo de consulta co comité de empresa).

-A cobertura desta quenda, se se realiza con persoal que non forma parte do cadro da empresa, poderá ser efectuada mediante:

a) Persoal proveniente de E.T.T.; neste caso, a duración máxima do seu contrato de posta á disposición da empresa será de 1,5 meses, e

b) Persoal con contrato temporal dalgunha das modalidades vixentes.

O persoal que actualmente presta servicios na nosa empresa que tivera que formar parte da quenda especial, asignaríase preferentemente de forma voluntaria e aboaríaselle un plus de 2.500 pesetas fin de semana por este concepto.

-A duración da xornada sería de 12 h+12 h para os sábados e os domingos.

-Establécense 15 minutos de descanso de bocadillo e 30 minutos para o xantar.

Vigo, 26 de xuño de 1998.

8813