Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.946

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 22 de setembro de 1998 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Galfor, de Santiago de Compostela.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Galfor.

Supostos de feito

Primeiro.-Con data do 22 de xuño de 1998 solicitouse o recoñecemento de interese galego da Fundación Galfor, por medio do escrito presentado por Luis Figueroa Dorrego, que actúa como representante.

Segundo.-A fundación constitúese en escritura pública outorgada o 10 de xuño de 1998 ante o notario do Carballiño, Juan Antonio Rúa Prieto, co número novecentos tres do seu protocolo, por José Barreal Núñez, Mª Carmen Adran Seoane, Julio Díaz Escolante, Mercedes Martínez Reija, Juan José Pumares Gómez, Celia Mª Guntín Mato, Luis Figueroa Dorrego, Mª Teresa García Reyes, Avelino Álvarez Domínguez, Mª Evangelina García Pardo, Juan Manuel Rey Rey, Guillermo Fernández Feijoo, Mª Carmen Díaz Rivas, José Ramón Hermida Pumares e Antonia Mª Carmen Manzaneque Rodríguez.

Terceiro.-A comisión integrada por tódolos secretarios xerais, o 29 de xuño de 1998, elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese formativo - ocupacional a Fundación Galfor, dado o seu obxecto, polo que, cumpridos os requisitos recollidos na Lei estatal 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral, na Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e segundo dispón o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a execución das facultades inherentes a aquel á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Cuarto.-Á vista da proposta da Comisión de secretarios xerais, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 1 de xullo de 1998 (DOG número 130, do 8 de xullo), clasificouse como

de interese formativo-ocupacional a Fundación Galfor, tendo en conta o disposto no artigo 32.2º.c) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, son fins da fundación os seguintes: o desenvolvemento e fomento económico galego e moi en particular a creación de emprego, así como a mellora competitiva do tecido empresarial.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na demais documentación que figura no expediente constan, entre outros, os seguintes extremos:

Acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta o obxecto e a denominación (Fundación Galfor), a composición do órgano de goberno e o réxime de adopción de acordos.

O Padroado da fundación está formado polos seguintes membros, que aceptaron os seus cargos:

Presidente: Guillermo Fernández Feijoo.

Vicepresidente: José Ramón Hermida Pumares.

Secretario : Juan Manuel Rey Rey.

Sétimo.-A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude solicitou informe da Asesoría Xurídica, conforme o disposto no artigo 32. 3º.a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, que aquela emitiu con data do 10 de setembro de 1998.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta Comunidade Autónoma competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º.a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como co artigo 1 do Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Galfor, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas por aquela, asumindo as funcións que como protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dálle nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presentarlle o orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico, e por outra banda, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data do remate do exercicio, unha memoria das actividades realizadas durante o ano e da xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto, pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral, a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, o Decreto 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, o Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a normativa de

desenvolvemento desta e a de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Galfor, de Santiago de Compostela.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundaciones de Interese Galego, sección da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, para o que o padroado aboou a taxa correspondente, en virtude do disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a composición do seu órgano de goberno, no que tódolos membros aceptaron os seus cargos.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación citada, en especial á obriga de lles dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a renderlle contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do inicio do exercicio económico para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

6911