Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de xullo de 1998 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licencias por estudios para o curso 1998-1999 destinadas a funcionarios docentes non universitarios.

Advertidos erros na citada orde de resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 177, do

día 11 de setembro de 1998, cómpre face-la oportuna corrección

Na páxina 10.148, no artigo 2, onde di: «Segundo.-O período...», debe dicir:

Segundo.-O período improrrogable de duración das licencias dun curso completo será, como máximo, do 1 de setembro de 1998 ó 31 de agosto de 1999, para o profesorado de educación infantil, educación primaria e as súas modalidades, e desde o 15 de setembro de 1998 ó 14 de setembro de 1999, para o profesorado de ensino secundario e de ensinanzas do réxime especial.

Nas licencias cuadrimestrais da modalidade -4- a duración dos cuadrimestres establécese do seguinte xeito:

1. Para o profesorado de educación infantil, educación primaria e as súas modalidades:

-Primeiro cuadrimestre do 1 de setembro de 1998 ó 14 de febreiro de 1999.

-Segundo cuadrimestre do 15 de febreiro de 1999 ó 30 de xuño de 1999.

2. Para o profesorado de ensino secundario e do réxime especial:

-Primeiro cuadrimestre do 15 de setembro de 1998 ó 14 de febreiro de 1999.

-Segundo cuadrimestre do 15 de febreiro ó 30 de xuño de 1999.

Nas licencias cuadrimestrais da modalidade -5- a duración dos cuadrimestres establécese do seguinte xeito:

1. Para o profesorado de educación infantil, educación primaria e as súas modalidades:

-Primeiro cuadrimestre do 1 de setembro de 1998 ó 31 de decembro de 1998.

-Segundo cuadrimestre do 1 de xaneiro de 1999 ó 30 de abril de 1999.

-Terceiro cuadrimestre do 1 de maio de 1999 ó 31 de agosto de 1999.

2. Para o profesorado de ensino secundario e do réxime especial:

-Primeiro cuadrimestre do 15 de setembro de 1998 ó 14 de xaneiro de 1999.

-Segundo cuadrimestre do 15 de xaneiro de 1999 ó 14 de maio de 1999.

-Terceiro cuadrimestre do 15 de maio de 1999 ó 15 de setembro de 1999.

8846