O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 24 de setembro de 1998, resolveu delegar determinadas facultades de representación e apoderamento, relacionadas co antigo Pazo dos Condes de Lemos e coa Torre da Homenaxe sitos no concello de Monforte de Lemos, no director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo e, igualmente, resolveu que o acordo de delegación fose publicado no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude, e co obxecto de lle dar cumprimento ó punto terceiro do dito acordo, esta consellería dispón a súa publicación literal na forma que seguidamente se expresa.
ACORDO:
1. Delega-las facultades conferidas á Xunta de Galicia e ó seu presidente na cláusula primeira da escritura de convenio de colaboración e apoderamento outorgada pola Xunta de Galicia e a Duquesa de Alba o día dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e cinco ante o notario do Ilustre Colexio de Madrid Carlos Huidobro Gascón, co número cincocentos vintesete do seu protocolo, en relación co antigo Pazo dos Condes de Lemos e a Torre da Homenaxe sitos no municipio de Monforte de Lemos, no director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
2. Outorgar autorización á mencionada autoridade, para que no exercicio das facultades delegadas, poida formaliza-los instrumentos públicos ou privados necesarios para tales efectos.
3. O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento.
O que se fai público en cumprimento do disposto no mencionado acordo.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
8890