Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.905

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se publican as festas de Galicia de interese turístico, declaradas pola Administración turística estatal como de interese turístico nacional e local.

O Decreto 203/1998, do 25 de xuño (Diario Oficial de Galicia nº 130, do 8 de xullo de 1998), regula as declaracións de festas de Galicia de interese turístico, establecendo o órgano competente para efectuar tales declaracións, o procedemento aplicable, as súas consecuencias administrativas, promocionais e de fomento, así como a posibilidade da súa revogación.

Ademais destas declaracións de festas de Galicia de interese turístico que a Xunta de Galicia pode outorgar desde a entrada en vigor do mencionado decreto, existen outras declaracións que a Administración turística estatal xa ten outorgadas, nuns casos ó abeiro de antigas regulamentacións xa derrogadas como é o caso das festas de interese turístico local, e noutros ó abeiro de regulamentacións vixentes como é o caso das festas de interese turístico nacional.

Tendo en conta que segundo o disposto na disposición adicional primeira do devandito Decreto 203/1998, son festas de Galicia de interese turístico as declaradas pola Administración turística estatal como de interese turístico nacional e local, esta dirección xeral, co obxecto de facilita-lo seu xeral coñecemento

RESOLVE:

Publica-la seguinte relación de festas de Galicia de interese turístico, declaradas no seu día pola Administración turística estatal como de interese turístico nacional e local.

Nome da festaData da

declaración

estatal

ConcelloProvincia

Festas patronais de S. Roque9-10-1980BetanzosA Coruña
Festas patronais de S. Roque9-10-1980SadaA Coruña
Festas do Santísimo Cristo20-12-1985FisterraA Coruña
Romaría Nosa Sra. da Barca27-10-1989MuxíaA Coruña
Semana Santa14-3-1995FerrolA Coruña
Festas patronais de San Lourenzo27-6-1965FozLugo
O Naseiro9-1-1967ViveiroLugo
As San Lucas26-2-1969MondoñedoLugo
A Rapa das Bestas22-2-1977ViveiroLugo
Festas da Santa Cruz18-1-1980RibadeoLugo
Semana Santa25-2-1988ViveiroLugo
Festa do Polbo4-2-1972O CarballiñoOurense

Nome da festaData da

declaración

estatal

ConcelloProvincia

Feira exposición exaltación do viño da zona do Ribeiro12-4-1973RibadaviaOurense
Entroido de Xinzo de Limia3-6-1997Xinzo de LimiaOurense
Festa da Istoria22-7-1997RibadaviaOurense
A Rapa das Bestas20-2-1965A EstradaPontevedra
Festas de San Benitiño de Lérez8-5-1967PontevedraPontevedra
Corpus Christi17-5-1968PonteareasPontevedra
Festa de Exaltación do Marisco23-12-1974O GrovePontevedra
Romaría Vikinga14-7-1988CatoiraPontevedra
Festa do Viño de Albariño5-9-1990CambadosPontevedra

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1998.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

8876