Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.826

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Real Club Náutico de Vigo.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Real Club Náutico de Vigo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-8-1998, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 5-8-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de agosto de 1998.

Fco. Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Real Club Náutico de Vigo anos 1997 e 1998

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación na empresa Real Club Náutico de Vigo, con enderezo social nas Avenidas, s/n.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Este convenio abarca tódalas actividades existentes actualmente para o desenvolvemento das funcións propias da sociedade.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio colectivo entrará en vigor para tódolos efectos, a partir do 1 de xaneiro de 1997. A duración do presente convenio será de dous anos.

Artigo 4º.-Denuncia.

O presente convenio será denunciado por algunha das partes con tres meses de antelación ó seu vencemento. De non efectuarse denuncia ningunha quedará prorrogado, excepto nos conceptos salariais que se verán actualizados no IPC que para o ano anterior estableza o INE.

Artigo 5º.-Ámbito persoal.

Enténdense comprendidos baixo o ámbito de aplicación deste convenio tódolos traballadores dependentes desta empresa, excluíndose aqueles que segundo a lei poidan saírse do seu ámbito.

Artigo 6º.-Salarios.

Os salarios para os anos 1997 e 1998 son os establecidos para cada categoría na táboa anexa, que representan un incremento do 2% sobre os valores da táboa de 1996 no caso de 1997, e dun 2,1% sobre os valores da táboa de 1997 no caso de 1998.

Artigo 7º.-Revisión salarial.

Se o 31-12-1998 o IPC, respecto do 31-12-1997, superase o 2,1% de incremento, as táboas salariais actualizaranse na diferencia que o dito exceso represente; as diferencias resultantes liquidaranse con efectos do 1-1-1998.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo semanal será de 39 horas o que supón un máximo anual de 1.757 horas/ano.

Os horarios específicos de cada sección son os pactados entre os representantes legais dos traballadores e a dirección da empresa.

Como mínimo, cada traballador terá dereito a librar unha fin de semana completa ó mes, sábado e domingo.

Establécense dous días de descanso ininterrompido á semana.

Os traballadores con xornada continuada, incluídos neste convenio, terán dereito a unha pausa retribuída de 30 minutos durante a xornada de traballo, ou de 15 minutos se realizan xornada partida.

Durante este tempo o traballador poderá toma-lo bocadillo dentro ou fóra do recinto de traballo.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan reducir ó mínimo as horas extraordinairas.

Terán a consideración de horas extraordinarias tódalas que excedan da xornada laboral legalmente establecida.

A dirección da empresa terá a iniciativa das horas extraordinarias, coa libre aceptación do traballador.

Terán que ser aboadas mensualmente e non poderán ser compensadas nin gratificadas en ningunha outra forma.

A empresa informará mensualmente ós representantes legais dos traballadores do número de horas realizadas, especificando as causas e o persoal que as realizou.

O máximo de horas extras non poderá superar, baixo ningún concepto nin excusa o límite establecido segundo a lexislación vixente.

-Fórmula de valoración das horas extras:

HE= P (S+A) x 1,75

H

HEN= HE x 1,30

HE= hora extra.

P= número de pagas ó ano.

S= salario base convenio.

A= antigüidade.

H= número de horas ano.

HEN= horas extras nocturnas.

Artigo 10º.-Vacacións.

Os traballadores incluídos neste convenio desfrutarán dun período vacacional de 30 días, que se poderá desfrutar en dous períodos separados.

Os períodos vacacionais estipularanse de común acordo entre os traballadores e a dirección da empresa. O traballador terá dereito a escolle-la metade deste período nas datas que éste considere oportunas.

Aqueles traballadores que desexen desfruta-la totalidade das súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, do 1 ó 15 de xuño, do 15 ó 30 de setembro, outubro, novembro e decembro, terán dereito a 3 días máis de vacacións e a un día e medio se son en períodos separados.

Durante as vacacións o traballador percibirá con cargo á empresa o salario real que lle corresponda por tódolos conceptos económicos.

As festas aboables e non recuperables poderán, de común acordo entre a empresa e o traballador, acumularse ás vacacións anuais ou seren desfrutadas en períodos distintos, respectando os descansos semanais.

O desfrute das vacacións farase de xeito rotativo entre o persoal.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores incluídos neste convenio percibirán unha mensualidade composta polo salario base máis a antigüidade os días 15 de marzo, 15 de de xullo, 15 de outubro e 15 de decembro, respectándose o dereito dos traballadores que queiran mante-lo rateo das pagas.

As ditas pagas non se verán afectadas cando o traballador cause baixa, tanto por enfermidade como por accidente.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Os aumentos de antigüidade contaranse de data a data, desde o día da incorporación á empresa, sen que o ascenso de categoría supoña a perda da adquirida, de acordo cos salarios que resulten da aplicación do presente convenio.

Establecéndose as seguintes porcentaxes acumulativas segundo a seguinte escala:

A) Un 5% do salario base ó cumprir 3 anos ó servicio da empresa.

B) Un 7% ó cumprir 6 anos, equivalente ó 12%.

C) Un 10% ó cumprir 9 anos, equivalente ó 22%.

D) Un 12% ó cumprir 14 anos, equivalente ó 34%.

E) Un 14% ó cumprir 19 anos, equivalente ó 48%.

F) Un 2% ó cumprir 20 anos, equivalente ó 50%.

G) Superados os 20 anos un 3% máis por cada 5 anos.

O complemento persoal de antigüidade regulado no presente artigo será de aplicación exclusivamente para o persoal da empresa que se atopaba en cadro ata o 1-1-1995, a teor do acordo alcanzado no convenio colectivo para o ano 1995. En consecuencia, e para tódolos traballadores que se incorporen á empresa a partir da dita data, deixará de ter aplicación.

Artigo 13º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, nos seguintes casos:

A) Por matrimonio do traballador: 15 días.

Por matrimonio de pais, fillos, irmáns, netos directos ou políticos: 2 días e 3 se teñen lugar fóra da provincia.

Por matrimonio de sobriños, primos e tíos directos ou políticos: 1 día e 2 se teñen lugar fóra da provincia.

B) Por enfermidade grave ou morte do cónxuxe, compañeiro ou compañeira, pais, fillos, irmáns, avós e netos directos ou políticos ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 5 días se teñen lugar na mesma provincia e 6 días se é noutra distinta.

Por enfermidade grave ou morte de sobriños, primos e tíos directos ou políticos: 2 días e 3 se ten lugar noutra provincia distinta.

No caso de enfermidade moi grave, poderase solicita-la licencia sen retribuír a partir do quinto día.

C) Por nacemento dun fillo: 3 días se reside na mesma localidade e 4 días se reside en localidade diferente.

D) Por asuntos particulares o traballador poderá solicitar permiso retribuído ata un máximo de 2 días e sen retribuír ata un máximo de 30 días, de común acordo entre empresa e traballador, e sempre que na mesma sección non haxa outra persoa na mesma situación.

E) Cando por razóns de enfermidade do traballador este precise consulta médica, a empresa concederalle permiso retribuído polo tempo necesario, logo de xustificación visada polo médico.

Artigo 14º.-Plus de asistencia e plus de transporte.

O plus de asistencia aboarase a razón de 7.315 ptas. mensuais durante o ano 1997.

Mantense con carácter xeral para todo o persoal un plus de transporte na contía de 5.000 ptas. mensuais durante o ano 1997.

Para o ano 1998 tanto o plus de asistencia como o plus de transporte incrementarase nun 2,1%.

Artigo 15º.-Plus de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 7 da mañá, salvo que o horario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terá unha retribución específica incrementada nun 30% do salario base reflectido nas táboas salariais anexas do convenio.

Artigo 16º.-Excedencias.

O persoal afectado polo presente convenio que leve dous anos ó servicio da empresa terá dereito a pasar a situación de excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un mes, nin superior a cinco anos, estando obrigada a empresa ó reingreso do excedente que o solicite, polo menos cun mes de antelación ó remate do tempo de excedencia, e non poderá voltar á situación de excedencia voluntaria ata transcorrido un ano desde o remate da anterior, continuando no momento do reingreso ou incorporación coa mesma antigüidade que tiña no momento de pasar a situación de excedencia, quedará obrigado o traballador excedente a non lle facer competencia á empresa.

Ben entendido que a obriga por conta da empresa de reincorpora-lo excedente é inescusable, contratándose para estes supostos a unha persoa para que substitúa ó excedente cun contrato da mesma dura

ción da excedencia.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

Ó persoal amparado por este convenio entregaránselle dous uniformes completos de inverno e verán, cada dous anos, con independencia de que, por algunha causa de forza maior, se teña que entregar unha nova peza de roupa.

O completo consistirá:

A) Porteiros e conserxes: 1 chaqueta, 1 gravata, 2 pantalóns, 1 xersei, 2 camisas, 1 par de zapatos e dous pares de calcetíns.

B) Mantemento e servicios: 2 camisas, 2 pantalóns, 1 xersei, 1 funda, 1 par de botas, 1 par de zapatos, 1 par de zapatillas, 1 gorra (mariñeiros), 2 pares de calcetíns.

C) Limpeza: 2 botas, 1 par de botas, 1 par de zocos, 2 pares de medias e 1 chaqueta.

D) Piscina: 1 chándal, 1 par de tenis, 1 par de zocos, 2 bañadores, 1 albornoz.

A empresa solicitará, polo menos, tres orzamentos coas súas mostras, poñéndoo en coñecemento do comité de empresa, que dará a súa opinión sen ser esta vinculante.

Ó persoal que relice traballos no exterior, a empresa proverao de roupa de abrigo ou auga.

A vestimenta indicada anteriormente será entregado o 15 de maio para os de verán e o 15 de setembro para os de inverno, en anos impares.

Artigo 18º.-Revisión médica.

Ós traballadores afectados polo presente convenio, a empresa realizaralles unha revisión médica ó ano, establecendo esta as datas.

Artigo 19º.-Seguridade e hixiene.

A empresa está obrigada ó cumprimento das normas de hixiene e seguridade no traballo, para iso terá que instalar aseos, duchas e vestiarios para mulleres e homes, de acordo coa normativa vixente.

Os delegados de prevención serán designados por e entre os representantes do persoal, tal e como marca a lexislación vixente.

Artigo 20º.-Traballos tóxicos, perigosos ou penosos.

Cando polas condicións no que se desenvolva o traballo, este sexa declarado tóxico, penoso ou perigoso, os salarios fixados no anexo serán incrementados nun 20%, cando o posto de traballo estea nun dos supostos; nun 25% cando coincidan en dous dos deles e nun 30% cando coincidan os tres.

Artigo 21º.-Complemento por enfermidade.

Cando o traballador leve na empresa un mínimo de 6 meses e cause baixa por enfermidade ou accidente, debidamente acreditado, a empresa estará obrigada a complementar ata o 100% do salario real

desde o primeiro día se hai hospitalización ou accidente, e desde o terceiro día se é por enfermidade.

Artigo 22º.-Premio de xubilación.

Todo traballador que cese na empresa, tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permanente, que teña máis de 5 anos de vínculo, a empresa aboaralle o equivalente a 6 meses de traballo. Este premio percibirao o seu viúvo/a se o traballador falece antes de xubilarse e ten cumpridos 55 anos ou levase 10 anos ininterrompidos ó servicio da empresa no momento do seu falecemento, e no seu defecto os orfos menores de 18 anos ou de máis de 18 se non teñen traballo.

Artigo 23º.-Xubilación anticipada ós 64 anos.

Nesta empresa será de aplicación o Real decreto 1194/1985 sobre contrato de substitución por anticipación da idade de xubilación, xa que logo o traballador que cumpra os 64 anos poderase xubilar sempre que o comunique con 6 meses de antelación, con tódolos dereitos económicos de cotización á Seguridade Social, sendo substituído por outro traballador mediante un contrato cun mínimo de duración dun ano.

Artigo 24º.-Axuda familiar especial.

Para o ano 1998 aplicarase unha axuda familiar especial anual de 66.365 ptas. por cada fillo que teña recoñecido o dereito de diminuído físico ou psíquico polo Inserso e que non se atope traballando. O traballador presentará a documentación acreditativa para o aboamento desta axuda que se pagará a razón de 5.530 ptas. mensuais.

Artigo 25º.-Axuda ó transporte.

Cando non exista medio de transporte público, os gastos de transporte serán por conta da empresa, logo da oportuna xustificación.

Artigo 26º.-Remisión legal.

En todo o non previsto neste convenio aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de libertade sindical e convenio e ordenanza de hostelería.

Artigo 27º.-Comisión paritaria.

Como órgano de interpretación, conciliación e arbitraxe do presente convenio, créase unha comisión mixta paritaria integrada por cada un dos membros da comisión negociadora do convenio.

Esta comisión reunirase por petición de calquera das partes interesadas e deberá reunirse obrigatoriamente nun prazo máximo de 7 días despois de ser solicitada.

Artigo 28º.-Dereitos sindicais.

1. Crédito horario.

Os delegados de persoal, como representantes legais dos traballadores, poden dispor dun crédito horario mensual retribuído para o exercicio das súas funcións de representación. Este crédito será de 20

horas mensuais. Os delegados de persoal pertencentes a un mesmo sindicato poderán acumula-lo seu crédito de horas nun ou varios dos membros do dito sindicato, logo de comunicación á empresa.

2. Funcións dos delegados de persoal.

Os delegados de persoal terán os dereitos e facultades que lles recoñece a lexislación. Ademais deberá ser informado das sancións graves ou despedimentos que se pretendan impor e dos movementos do cadro de persoal. Deberán ser informados dos contratos que se asinen na empresa e dos termos concretos que neles se establezan. Vixiarán o cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como do cumprimento das normas de seguridade e hixiene no centro de traballo.

3. Garantías dos delegados de persoal.

A) Ningún delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por renovación ou demisión e sempre que o despedimento ou a sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedeceran a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, os delegados de persoal restantes.

B) Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesión por causa ou en razón do desempeño da súa representación.

C) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa, e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

D) Non se computará dentro do máximo legal o exceso que sobre el se produza con motivo da designación dos delegados de persoal como compoñentes de comisións negociadoras de convenio e polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das cales transcorren as negociacións.

4. Organización sindical dos traballadores na empresa.

A empresa considerará os sindicatos debidamente implantados no cadro de persoal, como elementos básicos e consubstanciais para afrontar a través deles as necesarias relacións entre traballador e empresario.

A empresa respectará o dereito de tódolos traballadores a se sindicaren libremente. Non poderán

suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

A empresa non poderá despedir a un traballador nin prexudicado de calquera outro xeito a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

A empresa recoñece o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a celebrar en reunións, recadar cotas e distribuír información sindical durante a xornada de traballo sen perturba-la actividade normal da empresa. Logo de comunicación á empresa por parte da represetnación legal dos traballadores, os traballadores poderán celebrar unha asemblea ó mes durante dúas horas. Esta terá lugar no centro de traballo. Existirá nos centros de traballo un taboleiro de anuncios sindical onde figurará o horario laboral, as follas de liquidación das cotas da Seguridade Social (TC1 e TC2), o cadro horario e de vacacións do persoal e a información sindical precisa.

Os posibles cambios de departamentos e os posibles postos que cubrir serán expostos no taboleiro do persoal por se algún traballador lle interese acceder a eles faga a súa solicitude.

Nos centros de traballo existirá un local dotado coa infraestructura mínima para o funcionamento da representación legal dos traballadores.

Artigo 29º.-Pluriemprego.

Calquera persoa que realice traballos na empresa, mesmo que estes sexan esporádicos, deberá estar debidamente contratada e coa súa correspondente alta na Seguridade Social, sendo competencia dos representantes legais dos traballadores controlar e vixia-lo cumprimento da lei neste aspecto. Para estes efectos estímase necesario que se aplique co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estaren dados de alta noutra empresa.

Artigo 30º.-Superior e inferior categoría.

Ningún traballador estará obrigado a realizar traballos de inferior categoría. A realización de traballos de superior categoría á que corresponda, terá carácter excepcional. No caso de que estas funcións se desenvolvan durante 6 meses continuados ou 10 meses alternativos, darán lugar a que o traballador consolide a categoría superior para tódolos efectos e será inmediatamente reflectida en nómina.

Artigo 31º.-Seguro colectivo.

Con vixencia de 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998, a empresa deberá concertar un seguro colectivo de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

A) Accidente laboral con resultado de falecemento: 2.000.000 de ptas.

B) Accidente laboral con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou de gran invalidez: 3.000.000 de ptas.

O traballador facilitará o nome do beneficario. Para o traballador de nova incorporación, a póliza de seguro establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia das pólizas inserirase no taboleiro de anuncios.

Artígo 32º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo o na provisión de vacantes cando se requira persoal de novo ingreso fixo ou eventual, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, os fillos dos traballadores en activo, xubilados, pensionistas e falecidos, ós que se lles outorgará o posto sempre que superen as probas de aptitude que procedan.

Cando o posto que se vaia cubrir revista un certo grao de responsabilidade, os candidatos recollidos no parágrafo anterior, deberán reuni-las condicións e coñecementos, polo menos, non inferiores ó resto dos candidatos.

Táboa salarial

Salario base

19971998

Administración

Secretaria executiva

200.351204.558
Xefe de administración163.703167.141
Oficial de primeira109.736112.040
Oficial de segunda103.184105.351
Auxiliar administrativo95.11697.113

Persoal técnico

Director técnico piscina

375.106382.983
Director de servicios159.982163.342
Director de deportes159.982163.342
Encargado instalacións porto159.982163.342
Axudante adestrador natación119.599122.111
Monitor de ximnasia113.273115.652
Xefe maquinistas107.874110.139
Telefonista103.183105.350
Maquinista de primeira98.278100.342
Mantemento e xardín96.73198.762
Camareiros95.58797.594
Maquinista de segunda95.11597.112
Porteiros103.183105.350
Mariñeiros88.39890.254
Monitor natación88.39890.254
Profesora ballet88.39890.254
Monitor de vela88.39890.254
Limpadores/as82.38484.114
Gardarroupa82.38484.114
Bibliotecario81.67183.386
Vixilante de coto78.64580.297

Cadro horarios do club por seccións

LunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Administración
Arias Soto, Eduardo10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso
Moralejo Moralejo, J.L.10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso
Queimaliños Acosta, C.10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso
Rubianes Santos, M.S.10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

DescansoDescanso
Pazos Vega, José Antonio10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso
Collazo Borrajo, Carlos10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Oficina deportiva
Giraldo Pérez, Fernando10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso
Rodríguez Pedreda, Mar10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-20

10-14

16-19

DescansoDescanso

Oficina porto Dep.
Cao Alfonso, Ignacio10-14

16-19

10-14

16-19

10-14

16-19

10-14

16-19

10-14

16-19

10-14Descanso

Biblioteca
Sola Benavides, Milagros17-2217-2217-2217-2217-2217-22Descanso

Ximnasia
Álvarez Requejo, Carlos8.30-12.30

17.15-18.45

8.30-11.30

17.15-18.45

8.30-12.30

17.15-18.45

8.30-11.30

17.15-18.45

8.30-12.30

17.15-18.45

DescansoDescanso

Portería, Recep., Telef.
Gómez Gómez, M. Ant. (*)Descanso11-14

17-21

11-14

17-21

11-14

17-21

11-14

17-21

11-14

17-21

17-21
(A)14-2214-2214-2214-2214-22DescansoDescanso
(B)DescansoDescanso7-157-157-157-157-14
(C)7-157-15DescansoDescanso14-2215-2214-22

(*) Agás cando teña que cubrir unha das outras quendas

Mantemento Vigo
(A)7-147-147-147-147-147-11Descanso
(B)7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

Limpeza
Peiteado, Magdalena7-157-15DescansoDescanso7-157-157-14
Villanueva, EncarnaDescansoDescanso7-157-157-157-157-14
Vidal Silva, Concepción7-147-147-147-14Descanso7-147-11
Fernández Domínguez, R.7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

Contram. e marinería
Puga González, Alejandro9-14

16-19

9-14

16-19

9-14

16-19

9-14

16-19

9-14

16-18

DescansoDescanso
González González, Antonio14-2214-22DescansoDescanso14-2214-2214-21

a quendas

Mantem. piscina
(A)5-155-155-155-14DescansoDescansoDescanso
(B)DescansoDescanso15-2315-2314-2313-2115-21
(C)15-2315-23DescansoDescanso5-145-137-13

Gardarroupa
(A)7-147-147-147-147-1410-14Descanso
(B)14-2214-2214-2214-2215-22DescansoDescanso

-(1 de outubro-31 de maio)

Portería Nigrán

(A)DescansoDescanso14-2214-2215-2214-2214-22
(B)14-2214-22DescansoDescanso7-157-157-14

-(1 de xuño-30 de setembro)

Portería Nigrán

(A)DescansoDescanso15-2315-237-157-157-15
(B)15-2315-23DescansoDescanso15-2315-2315-23
(C)7-157-157-157-157-15DescansoDescanso

Limpeza Nigrán
(A)7-15DescansoDescanso7-157-157-157-14
(B)7-157-157-15DescansoDescanso7-157-14

A) Verán (xuño e setembro)

Adestradores e monitores

Zamorano Ramos, Dol.8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-21

DescansoDescanso

LunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

Pereira Cabaleiro, Dol.8-12.30

16.30-22

8-12.30

16.30-22

8-12.30

16.30-22

8-12.30

16.30-22

8-12.30

16.30-21

Barro Ordovas, Alej.8-10.308-10.308-10.308-10.308-10.30DescansoDescanso
Davila Sierra, Delfina8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-22

8-10.30

16.30-21

DescansoDescanso
Neira Henche, Ángeles10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

8.45-13.45Descanso

B) Verán (xullo)

Adestradores e monitores

Zamorano Ramos, Dol.8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-20.30

DescansoDescanso
Pereira Cabaleiro, Dol.8-12.30

16.30-20

8-12.30

16.30-20

8-12.30

16.30-20

8-12.30

16.30-20

8-12.30

16.30-19

DescansoDescanso
Barro Ordovas, Alej.8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-21.30

18-21.30

8-12.30

18-20.30

DescansoDescanso
Neira Henche, Ángeles8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

8-12.30

18-21.30

DescansoDescanso

C) Inverno

Adestradores e monitores

Zamorano Ramos, Dol.9.30-13.30

16-20

9.30-12.30

16-20.30

9.30-13.30

16-20

8-12.30

16-20.30

9.30-13.30

16-20

DescansoDescanso
Pereira Cabal, Dol.8-13.30

16-19

9-13.30

16-19

8-13.30

16-19

9.30-13.30

16-19

8-13.30

16-19

DescansoDescanso
Barro Ordovas, Alej.8-13.30

16-19

9-13.30

16-19

8-13.30

16-19

8-13.30

16-19

9.30-13.30

16-19

DescansoDescanso
Davila Sierra, Delfina8-13.30

16-19

9-13.30

16-19

8-13.30

16-19

9.30-13.30

16-19

8-13.30

16-19

DescansoDescanso
Neira Henche, Ángeles10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-21.30

10-13

17.30-20.30

8.45-13.45Descanso

Cadro de horarios do persoal de mantemento Nigrán

Cadro rotativo

QuendaLunsMartesMércoresXovesVenresSábadoDomingo

-Período: 1 de xuño ó 30 de setembro
A7-157-157-157-15DescansoDescansoDescanso
B15-2215-22DescansoDescanso15-2215-2215-22
CDescansoDescanso15-2215-228-158-158-15
D8-158-158-158-158-15DescansoDescanso
E8-158-158-158-158-15DescansoDescanso

-Período: 1 de outubro ó 31 de maio
A7-157-157-157-157-14DescansoDescanso
B7-157-157-157-157-14DescansoDescanso
C7-157-157-157-157-14DescansoDescanso
D7-157-157-157-157-14DescansoDescanso

* Estaría localizada unha persoa de mantemento a fin de semana.

7861