Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.832

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel e Cafetería Riazor.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotel e Cafetería Riazor, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-8-1998, subscrito en representación da parte económica polos representantes da empresa e da parte social polos delegados de persoal o día 10-8-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funciósn e servicios da Adminis

tracióin do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de agosto de 1998.

María Silva Costoya

Delegada provincial en funcións

Convenio que regula as condicións económicas e laborais do persoal que presta os seus servicios na empresa Hotel e Cafetería Riazor, comunidade de bens

Na cidade da Coruña o dez de agosto de mil novecentos noventa e oito.

REUNIDOS:

Dunha parte, Tomás Tarilonte Rodríguez, na súa calidade de director do Hotel e Cafetería Riazor, en representación da comunidade de bens Hotel e Cafetería Riazor, e

Doutra parte, Mª Dolores Facal Rey, Mª Luz García Labora e Luis Carlos Varela Souto, en representación do cadro de persoal de traballadores, como delegados de persoal do Hotel Riazor, e Mª Teresa Sillero González, como delegada do persoal da Cafetería Riazor.

Logo dunha serie de reunións orientadas ó estudio e aprobación do convenio de empresas, chegaron á aceptación do convenio para os indicados centros de traballo, nos termos e condicións que a seguir se especifican:

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio afecta o persoal do cadro que preste os seus servicios no Hotel e Cafetería Riazor, e ó que se incorpore durante a súa vixencia, con sede na cidade da Coruña, Avda. Barrié de la Maza, 27-29.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997 e finalizará o 31 de decembro de 1998.

Poderá ser denunciado por calquera das dúas partes cun mes de antelación respecto da data do seu vencemento. De non o ser, entenderase prorrogado por períodos dun ano, sucesivamente. No caso de prórroga por un ano efectuarase un aumento salarial equivalente ó incremento do IPC.

Artigo 3º.-Sistema de retribución.

A retribución salarial do persoal afectado por este convenio consistirá nun soldo base, conforme as distintas categorías profesionais, ó que se lle sumarán os complementos que se pactan, polo que queda totalmente suprimido o réxime de porcentaxe de servicio que rexía nesta actividade, quedando substituído o sistema a que se refire os artigos 49, 52 e seguintes da ordenanza laboral vixente pola nova regulación convida, considerando ademais que esta nova modalidade é máis beneficiosa para a totalidade do persoal ó suprimi-las diferencias que, no outro suposto, habería entre as distintas categorías profesionais.

Artigo 4º.-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde alcancen nos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen a condición de mínimas, polo que os actos, cláusulas, condicións e situacións actuais implantadas que impliquen condicións máis benefi

ciosas cás aquí convidas, subsistirán para aqueles productores que as viñesen desfrutando.

Artigo 6º

Establécese a seguinte clasificación profesional:

Hotel Riazor

Nivel 1.

Contable xeral.

Nivel 2.

Gobernante.

Conserxe día.

Nivel 3.

Oficial contabilidade.

Recepcionista.

Encargado de lencería e lavandería.

Conserxe de noite.

Nivel 4.

Telefonista.

Auxiliar de oficina.

Axudante de recepción.

Nivel 5.

Axudante de conserxe.

Nivel 6.

Calefactor.

Electricista.

Camareiro pisos.

Nivel 7.

Mozo equipaxe.

Nivel 8.

Lavandeiros.

Limpadores.

Mozo dos recados máis de 18 anos.

Cafetería Riazor

Nivel 1.

Camareiros.

Nivel 2.

Dependentes de 2ª.

Axudante camareiro.

Nivel 3.

Cociñeiro.

Encargado de almacén.

Nivel 4.

Axudante cociña.

Fregador.

No caso de que non se incluíse algunha categoría profesional neste artigo, a comisión paritaria determinará o seu encadramento correspondente, categoría e nivel.

Artigo 7º.-Retribucións.

A cada categoría profesional aplicaránselle as contías salariais mínimas correspondentes a cada nivel e que serán as seguintes:

* Hotel Riazor

-1997

Nivel 1: 108.351

Nivel 2: 107.135

Nivel 3: 104.574

Nivel 4: 103.414

Nivel 5: 102.171

Nivel 6: 100.967

Nivel 7: 99.591

Nivel 8: 98.732

* Cafetería Riazor

-1997

Nivel 1: 108.696

Nivel 2: 107.153

Nivel 3: 103.370

Nivel 4: 102.338

Para o ano 1998 sumaráselle ás taboas de 1997 o IPC máis un punto.

Artigo 8º.-Manutención.

O persoal con dereito a manutención e que non faga uso del percibirá por tal un plus en metálico de cinco mil catrocentas sesenta e nove pesetas para o ano 1997.

Para o ano 1998 sumaráselles ás táboas de 1997 o IPC máis un punto.

Artigo 9º.-Aloxamento.

Considerarase incluído nos salarios que figuran no artigo 7º o importe do aloxamento a aquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28 de febreiro de 1974.

Artigo 10º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio de tres mil seiscentas sesenta e tres pesetas para o ano 1997 para todo o persoal, exceptuando os departamentos de lavandería, cafetería, cociña, economato e servicios técnicos, que será de dúas mil cento noventa e oito pesetas para o ano 1997.

Para o ano 1998 aumentaráselles ás taboas de 1997 o IPC máis un punto.

Artigo 11º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte para todo o persoal afectado polo seguinte convenio de seis mil cento cinco pesetas para o ano 1997.

Para o ano 1998 aumentaráselles ás taboas de 1997 o IPC máis un punto.

Artigo 12º.-Plus especial.

O persoal dos departamentos que se especifican a seguir e que se encontraban traballando nos ditos departamentos no ano 1990 e continúan na actualidade percibirán un plus especial de doce mil duascentas dez pesetas para o ano 1997.

Para o ano 1998 aumentaráselles ás taboas de 1997 o IPC máis un punto.

Departamento de recepción.

Departamento de teléfonos.

Departamento de administración.

Departamento de lencería.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Os premios de antigüidade establecidos pola vixente ordenanza laboral de traballo quedan de acordo coa seguinte escala:

Un 4% sobre o salario do Art. 7º, ó cumprirse tres anos de servicio efectivo na empresa.

Un 9% ós seis anos.

Un 17% ós nove anos.

Un 25% ós quince anos.

Un 40% ós vinte anos.

Un 48% ós vintecatro anos.

A partir dos 25 anos de servicio efectivo na empresa, esta aumentará un 2% anual, ata o límite do 60%.

A data inicial para a determinación da antigüidade será a de ingreso na empresa, aínda que cambie por ascenso ou por outro motivo de categoría profesional.

Queda suprimido o plus de antigüidade para os traballadores contratados a partir do 1 de xaneiro de 1997-1998.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Durante a vixencia do presente convenio aboaranse tres gratificacións extraordinarias de trinta días cada unha, nos meses de xullo, setembro e decembro, constituídas polos salarios establecidos no Art. 7º incrementados pola antigüidade que corresponda a cada ano.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal afectado polo convenio será, como mínimo, de trinta días naturais retribuídas a razón de salario base, antigüidade, plus de transporte, plus de convenio e manutención, se é o caso.

As vacacións poden desfrutarse en bloque ou fraccionadas en dous períodos de quince días cada un.

A decisión de desfrutalas nun período ou en dous, así como a data ou datas de desfrute, terá que ser de mutuo acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores. En caso de desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda, e contra a súa decisión non caberá recurso.

Con independencia das vacacións, os traballadores desfrutarán dos días non laborables legalmente establecidos.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo. Será xornada continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería, administración e contabilidade, sempre en empresas de máis de 50 traballadores.

Artigo 17º.-Dote de matrimonio.

O dote do persoal que contraia matrimonio consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio cun máximo de 6. Entenderase como salario base o que corresponda ós traballadores pola súa categoría profesional previsto neste convenio incrementado coa antigüidade.

Este dereito afectará unicamente os traballadores que ó contraeren matrimonio rescindan o seu contrato de traballo.

Tanto o persoal masculino coma o feminino que leve dous anos de servicio na empresa e contraia matrimonio continuando nela percibirá en concepto de dote unha mensualidade de retribución que comprenderá o salario base maila antigüidade.

No suposto de que o devandito persoal non permanecese na empresa un ano máis a partir da data do matrimonio, descontaráselle na liquidación que se lle practique a cantidade que percibise en concepto de dote.

Artigo 18º.-Licencias.

Sen perda ningunha de retribucións, a empresa concederá licencias nos casos seguintes, e coa seguinte duración:

-Casamento do traballador, 15 días.

-Enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 4 días.

-Parto da esposa, 4 días.

-Morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 4 días.

-Voda de fillos, irmáns, bautizos e primeiras comuñóns, 1 día se é dentro da provincia e tres se é fóra dela.

-Intervención cirúrxica grave do pai, nai, fillos, esposa ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 4 días.

-Traslado de domicilio habitual, 1 día.

-Libre disposición, non acumulable a vacacións: 2 días.

Artigo 19º.-Excedencias.

O traballador cunha antigüidade na empresa de alomenos un ano terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período de cinco anos, sen que en ningún caso se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada.

O traballador reunirá as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro dun prazo dun mes a partir da data da súa petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos, e concederase polo tempo solicitado.

c) O traballador que desexe incorporarse ó seu posto de traballo notificarallo á empresa cun mes de antelación respecto da data en que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á incorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo preste os seus servicios por conta allea en calquera posto de traballo dentro do territorio nacional en empresas comprendidas na ordenanza laboral do traballo de hostelería.

e) Se a empresa lle dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel tería a condición de interino e causaría baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se incorporase no prazo e condicións sinalados, cesaría definitivamente na empresa e o interino adquiriría a condición de fixo.

f) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, a contar desde a data de nacemento deste. Os fillos sucesivos darán dereito a un

novo período de excedencia que, de se-lo caso, poría fin á que viñese desfrutando. Cando a nai e mailo pai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

g) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior e mentres dure o exercicio do seu mandato.

h) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de polo menos catro anos de servicio efectivo na empresa.

i) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 20º.-Servicio militar ou civil substitutorio.

Os traballadores cunha antigüidade mínima dun ano que teñan que incorporarse ó servicio militar, terán reservado o seu posto de traballo e deberán reintegrarse durante os dous meses seguintes á data que licencien.

Os traballadores que leven dous anos na empresa ou tres temporadas de verán ou inverno, consecutivamente, terán dereito a percibir dúas gratificacións extraordinarias, unha no verán (xullo) e outra no inverno (decembro) da mesma contía cá que percibirían se se atopasen en activo. Estas gratificacións cobraranse con independencia das cantidades que os traballadores percibisen en concepto de liquidación das partes proporcionais das pagas extraordinarias ó se incorporaren ó servicio.

Artigo 21º.-Quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda nos establecementos clasificados de luxo, 1ª A, 1ª B e 2ª, da ordenanza nacional de traballo, percibirán: 2.000 ptas. mensuais o caixeiro xeral; 1.500 ptas. o caixeiro do hotel e 1.500 ptas. os caixeiros de departamento.

Artigo 22º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do soldo base máis antigüidade, manutención e plus de convenio.

Esta prestación manterase por un período máximo de 12 meses. Así mesmo, os períodos de enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deducir do período de vacacións.

Artigo 23º.-Premio de xubilación e auxilio de defunción.

En caso de falecemento do traballador ou traballadora, concederáselle á viúva, viúvo, ou fillos un auxilio de defunción na seguinte contía e forma:

-Por 5 anos de servicio, unha mensualidade.

-Por 10 anos de servicio, dúas mensualidades.

-Por 20 anos de servicio, tres mensualidades.

-Por 25 anos de servicio, catro mensualidades.

Ó persoal que non leve os 5 anos de servicio na empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado na contía de seis días por ano de servicio.

Cando se produza a xubilación dun traballador que leve como mínimo 15 anos de servicio na empresa,

percibirá dúas mensualidades incrementadas con tódolos emolumentos inherentes a ela, e unha mensualidade máis por cada cinco anos que exceda dos quince de referencia.

Artigo 24º.-Prazos de aviso previo.

Os prazos de aviso previo nos casos de cesamento voluntario dos traballadores serán os seguintes:

-Xefe de recepción; contable xeral; caixeiro; encargado de economato e adega; encargado de traballo; xefe de cociña; primeiro conserxe de día; encargado xeral ou gobernante; primeiros encargados de café e café bar: vinte días.

-Resto do persoal: dez días.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidese corresponderlles polas partes proporcionais de xullo, Nadal e setembro.

Artigo 25º.-Día da patroa.

Os días 29 e 30 de xullo, festa de Santa Marta, consideraranse festivos para os efectos laborais con opción por parte da empresa para poder substituíla por pagamento en metálico co fin de mante-lo normal funcionamento dela. A substitución en metálico será a que corresponda ó traballador polo seu salario base maila antigüidade dunha xornada normal.

Artigo 26º.-Dereitos sindicais.

As garantías sindicais que no artigo 68 do Estatuto dos traballadores se establecen para os membros do comité de empresa e delegados de persoal electos, esténdense ós candidatos daqueles postos, e durante os seis meses seguintes de celebradas as eleccións ás que se presentaron na súa calidade ou condición de candidatos.

Recoñecerase a existencia de seccións sindicais en empresas de máis de 50 traballadores así como dos delegados das seccións sindicais, que terán os mesmos dereitos e garantías cós membros do comité de empresa.

Os traballadores terán dereito a celebrar asembleas con carácter ordinario unha vez ó mes fóra da xornada laboral e cunha duración dunha hora, sen interrompe-las actividades do servicio.

Nos demais dereitos observarase o disposto na ordenanza laboral, Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais normas complementarias.

Artigo 27º.-Seguro por invalidez ou morte.

A empresa contratará un seguro colectivo de invalidez ou morte en accidente de traballo para todo o persoal afectado por este convenio coa cantidade de tres millóns cincocentas mil pesetas para ámbolos dous casos.

Artigo 28º.-Xubilación anticipada.

Atendendo ós efectos positivos que de cara a palia-lo actual nivel de desemprego desta medida puidesen derivarse, as partes asinantes deste convenio acordan, conforme o disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, a xubilación ós 64 anos, co 100% dos

seus dereitos pasivos, para aqueles traballadores que voluntariamente o soliciten, comprometéndose a empresa a substituír asemade o traballador xubilado por outro traballador contratado nos termos establecidos no dito real decreto.

Tamén, de acordo coa dita norma legal, nos supostos en que está prevista a aplicación de coeficientes reductores á idade mínima de 65 anos, estes coeficientes aplicaranse á idade de 64 anos, sempre que teña lugar a correspondente substitución do traballador xubilado.

Artigo 29º.-Contratos eventuais.

1. En atención ás especiais características do sector que leva consigo frecuentes e irregulares períodos nos que se acumulan as tarefas, a empresa poderán concertar contratos eventuais, ó abeiro do establecido neste convenio colectivo e no artigo 15 b) do E.T., por un tempo non superior a trece meses dentro dun período de dezaoito meses.

2. Cando se concerten estes contratos por un prazo inferior ó máximo establecido, poderán prorrogarse por acordo das partes, unha ou máis veces, ata o referido prazo máximo de trece meses.

3. Naqueles casos en que o contrato se concertase por un prazo inferior ó máximo establecido e chegado ó seu remate no existise denuncia previa de ningunha das dúas partes, nin existise acordo expreso de prórroga, pero se continuase realizando a prestación laboral, entenderase prorrogado tacitamente ata o prazo máximo de trece meses.

4. Os contratos desta natureza xa existentes na data de entrada en vigor do presente convenio poderán acollerse á duración máxima de trece meses.

5. Co obxectivo de fomenta-la estabilidade no emprego, ámbalas partes conveñen adherirse ós acordos asinados polos axentes sociais o 16-5-1997 e ó seu desenvolvemento normativo.

Artigo 30º.-Comisión de interpretación.

A dúbidas que suscite a interpretación e aplicación deste convenio resolveranse entre os delegados do persoal e a representación da empresa.

Disposición adicional

En todo caso, este convenio colectivo enténdese de mínimos e no non previsto nel, observarase o disposto no convenio provincial de hostelería da Coruña.

RETRIBUCIÓNS ANUAIS

* Hotel

-1997

En nivel 1: 1.808.097.

En nivel 2: 1.789.857.

En nivel 3: 1.751.442.

En nivel 4: 1.734.042.

En nivel 5: 1.715.397.

En nivel 6: 1.697.337.

En nivel 7: 1.676.697.

En nivel 8: 1.663.812.

* Cafetería

-1997

En nivel 1: 1.795.692.

En nivel 2: 1.772.547.

En nivel 3: 1.715.787.

En nivel 4: 1.700.322.

En proba de conformidade con canto se deixa exposto, asínano os comparecentes no lugar e data antes indicados, estendéndose o presente papel timbrado da clase 8ª, prego enumerado 0E9113379.

Por parte da empresa:

Tomás Tarilonte Rodríguez

Por parte dos traballadores:

Mª Dolores Facal Rey

Mª Luz García Labora

Luis Carlos Varela Souto

Mª Teresa Sillero González

8655