Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados pola obra do proxecto e recuperación da lagoa de Cospeito, segunda fase.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Polo Decreto do 3 de xullo de 1997, acordouse declara-la utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, a urxente ocupación dos bens afectados por estas para efectos do preceptuado no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Con data do 28-7-1998 o conselleiro de Medio Ambiente aprobou o proxecto para as obras de recuperación da lagoa de Cospeito, segunda fase.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e do regulamento para a súa aplicación, esta dirección xeral, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no Concello de Cospeito, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas para determina-los dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízos de trasladarse ó lugar dos predios se se considera necesario.

Concello de Cospeito.

Local: Casa do Concello de Cospeito.

Día: 1 de outubro de 1998.

Hora: ás 10.30 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o cre oportuno, dos seus perito e notarios.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural con enderezo en San Lázaro s/n 15703 Santiago de Com

postela, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de corrixi-las os posibles erros producidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.

Tomás José Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

8273