Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de consultoría e asistencia consistente na estimación e análise das marxes comerciais e de transporte.

De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato de consultoría e asistencia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.1/25.3.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: a análise e a estimación das marxes comerciais e de transporte dos fluxos de productos para a súa integración nos procesos de elaboración da contabilidade rexional de Galicia.

c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 136, do 16 de xullo de 1998.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: 7.850.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de agosto de 1998.

b) Empresa adxudicataria: Dateco Consultores, S.L.

c) Importe: 7.772.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1998.

J.A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

8400