Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de productos de teleformación correspondentes ós programas Indo e Emprende.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de productos de teleformación correspondentes ós programas Indo e Emprende.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16, baixo, 15701 Santiago de Compostela, Teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 11/1998.

2. Obxecto do contrato: servicios de desenvolvemento de productos de teleformación correspondentes ós programas Indo e Emprende.

a) O concurso desagrégase nos seguintes lotes:

Lote 1: desenvolvemento de producto de teleformación correspondente ó programa Indo e elaboración de material didáctico de apoio.

Lote 2: desenvolvemento de producto de teleformación correspondente ó programa Emprende e elaboración de material didáctico de apoio.

b) Prazo de vixencia: o prazo de vixencia do obxecto do concurso será dun ano a partir da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 26.500.000 ptas. imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído. O devandito orzamento distribúese por lotes e anualidades como se sinala a continuación:

19981999Total lote

Lote 1: 10.000.000 ptas.500.000 ptas.10.500.000 ptas.

Lote 2: 10.000.000 ptas. 6.000.000 ptas.16.000.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación para cada lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do oitavo día hábil que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

8401