Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Moraña-Flor.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Moraña-Flor, que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: empresarios que se dediquen á actividade da flor.

Asinan a acta de constitución Elías Varela Novas e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 28 de agosto de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

8618