Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Rasteiros da Ría de Arousa.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Rasteiros da Ría de Arousa, que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: empresarios de pesca de arrastre da vieira.

Asinan a acta de constitución Francisco Miser Oubiña e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 28 de agosto de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

8235