Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 6 dos estatutos da Federación Galega de Academias.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación expedida polo secretario da devandita federación, Guillermo García Sanjiau, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na asemblea xeral extraordinaria celebrada o 27 de xuño de 1998, consistente na modificación do artigo 6, relativo ó traslado do domicilio

social da federación, que se fixa na rúa do Hórreo, 19, local 16. Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1998.

María Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

8230