Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 22 de setembro de 1998 Páx. 10.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Pedra Chantada para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 028 EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Pedra Chantada coas seguintes características:

Peticionario: Made Energías Renovables, S.A., Paseo de la Castellana, 95-planta 29ª, 28046 Madrid.

Situación: concellos de Muras, Ourol e O Valadouro (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades U.T.M.): V(0.615.625, 4.821.025);

V(0.616.800, 4.819.600);

V(0.618.800, 4.819.600);

V(0.618.000, 4.821.400);

V(0.616.000, 4.822.800).

Superficie afectada: 575 ha.

Potencia bruta: 24,42 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 4 de setembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8534